----

Técnico/a de normalización lingüística para o Concello de Sada

O Concello de Sada anuncia a contratación laboral dun técnico/a de normalización lingüística. O proceso de selección farase a través dun concurso de méritos e todas as persoas interesadas teñen de prazo para presentar a súa solicitude ata o vindeiro 23 de outubro.
(Máis información)

As solicitudes deben presentarse no Rexistro xeral do concello, onde tamén poderá consultar as bases do proceso de selección.


A duración do contrato é dun mes e os solicitantes deben cumprir os seguintes requisitos:

-Ser maior de 18 anos.

-Estar licenciado/a en Filoloxía Galega ou en Filoloxía Hispánica (Galego-Portugués), ou ser mestre e estar en posesión do diploma de especialista en lingua galega ou do diploma do curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega.


Pode obter máis información chamando ó seguinte teléfono: 981 620075 (Concello de Sada)