----

Xa pode consultar o novo número do Cartafol Dixital

O Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela edita o número 10 do Cartafol Dixital, voceiro da USC en temas de normalización lingüística.
(Máis información)

Neste número achéganse os datos de docencia en galego na USC segundo a titulación e dáse tamén conta dos avances do galego no web desta universidade.

Así mesmo, anúnciase o seminario “Temos un plan”, onde se traballarán aspectos relacionados coa dinamización lingüística e que se desenvolverá os días 16 e 17 de decembro en Santiago de Compostela.


Para máis información, consulte en rede o Cartafol Dixital.