Nace unha nova plataforma para reivindicar o audiovisual en galego
11/2/2022
O pasado 3 de febreiro de 2022 tivo lugar, na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, a presentación pública da Iniciativa polo audiovisual en galego, unha plataforma composta por entidades do ámbito académico, profesional, empresarial e lingüístico que reivindica que se recoñezan os dereitos lingüísticos dos galegos e galegas na Lei Xeral de Comunicación Audiovisual. Na páxina web da Mesa pola Normalización Lingüística podes obter máis información sobre esta plataforma, así como sobre anteriores iniciativas de promoción do galego no ámbito audiovisual.