Nesta edición de 2003 resultaron premiadas as seguintes entidades e persoas:
- Vieiros, na categoría de empresas comerciais e de servizos
- Xanela, arquitectura en aluminio, na categoría de empresas industriais
- Restaurante A Espeteira, na categoría de empresas que se incorporan ao uso do galego
- Ramón Castromil, distinción especial
Os galardóns, simbolizados nunha escultura de Acisclo Manzano, entregaranse o vindeiro xoves, 18 de decembro, ás 21 h.


