----

A presidenta do Consello da Cultura Galega recibe a visita do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, recibiu esta mañá a visita do secretario do PSdG-PSOE, Valentín González Formoso. Na xuntanza falaron das actividades e actuacións desenvolvidas pola institución así como dos proxectos e retos de futuro, ademais da situación actual da cultura galega.
A presidenta do Consello da Cultura Galega recibe a visita do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE

O secretario do PsdeG-PSOE asistiu acompañado doutros membros da formación como Abel Losada e Silvia Longueira. Foi recibido pola presidenta e polos membros da Comisión Executiva, Xosé Manoel Núñez Seixas, Rebeca Blanco-Rotea e María Xosé Porteiro, máis o xerente da institución, Marcelino Fernández.

Esta visita encádrase dentro das xuntazas que o Consello da Cultura Galega realiza cos diferentes partidos políticos con representación parlamentaria.