----

Bolsas de linguaxe administrativa galega

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) convoca dúas bolsas destinadas a desenvolver estudos e prácticas sobre linguaxe administrativa galega nesta institución.
(Máis información)

Os/as bolseiros/as desenvolverán a súa actividade no período que comprende desde o 1 de abril ata o 31 de decembro de 2004, podendo prorrogarse durante un ano máis. A dotación económica de cada bolsa será de 864 euros mensuais.


Todas as persoas interesadas teñen de prazo para presentar as súas solicitudes quince días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.