----

Listaxes provisionais de bolseiros para proxectos de colaboración do Consello da Cultura Galega (DOG nº 57 de 25 de marzo de 2010)

<strong>Santiago, 31 de maio de 2010.-</strong> De acordo co previsto na cláusula oitava da Resolución do 25 de marzo de 2010 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega, e unha vez realizada a avaliación dos méritos e recibidas as propostas das comisións de valoración correspondentes, procédese á publicación das listaxes provisionais de bolseiros/as cunha relación nominal dos/as beneficiarios/as e suplentes.

O prazo de exposición destas listaxes provisionais será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, durante os cales se poderán facer as alegacións pertinentes.


<a href="http://consellodacultura.org/files/2010/05/listaxe_provisional_bolsas_2010.pdf">Pode descargar a listaxe aquí (en PDF)</a>