O Seminario Permanente Rato Novo, do colexio público de Arzúa, presentou o CD educativo Galiclic, que contén máis de 150 paquetes de actividades didácticas en galego para traballar en educación primaria e secundaria obrigatoria.
Esta iniciativa, destinada á introdución das novas tecnoloxías no ámbito educativo, é froito dunha liña de traballo que este seminario está a desenvolver en colaboración co Centro de Formación e Recursos de Santiago e o colectivo Edugaliza.org.