Entre as novidades deste número podemos atopar unha reflexión sobre o uso do galego nos xornais desde o século XIX ata os nosos días, unha recensión sobre a obra de David Crystal A morte das linguas, e comentarios sobre diferentes actividades dinamizadoras organizadas polo Departamento de Normalización Lingüística, como por exemplo “Aprender en galego. Obradoiros de pintura e literatura”.
Se desexa consultar Lingua Viva, pode facelo a través do servizo de consulta en sala que lle ofrece o CDSG ou solicitala no Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo (tfno. 986 810 281).


