----

Novo número do Cartafol Dixital

Xa pode consultar en liña o número 14 do Cartafol Dixital, boletín mensual editado polo Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
(Máis información)

Entre os contidos deste número salientamos a programación de actividades das diferentes comisións de normalización lingüística universitarias para o ano 2004, a presentación de bUSCatermos, nova base de datos terminolóxica deseñada pola área de terminoloxía deste servizo e a recensión sobre a Biblioteca Virtual de literatura universal en galego.


Para máis información, consulte en rede o Cartafol Dixital.