Tal e como apuntan os seus coordinadores, Manuel González e Antón Santamarina, a obra é froito dun traballo ininterrompido que se desenvolveu desde 1987 no seo do Instituto da Lingua Galega e que se foi completando coas achegas que investigadores, editores e técnicos foron facendo á edición provisional e non venal deste vocabulario que circulaba desde 1989.
En breve, porase tamén á disposición de todo o público unha versión electrónica que estará accesíbel en internet.


