----

Ferrolterra implícase na celebración do Día do Orgullo Neofalante

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ferrolterra organiza varias actividades arredor do Día do Orgullo Neofalante, celebración para a que se escolleu o 1 de outubro por ser a data de nacemento de Andrés do Barro.

A programación céntrase na creación musical en galego e xa comezou a xirar polos distintos concellos que o integran: Cabanas, Valdoviño, Ares, Mugardos e Neda.