Volven os petiscos de divulgación científica á USC
30/9/2022
O Campus Terra e o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela presentan a quinta edición de “DivulgaT. Petiscos de divulgación científica”, unha iniciativa deseñada para promover a utilización do galego como ferramenta para a comunicación científica e para darlle visibilidade ao traballo desenvolvido polos investigadores/as do Campus de Lugo, a través de charlas divulgativas de 10 minutos de duración. As sesións terán lugar os días 22 e 29 de novembro de 2022, a partir das 19:30 h, na Casa do Saber (Praza Pío XII, Lugo). A asistencia é de balde. O prazo de inscrición para os participantes remata o vindeiro 23 de outubro.