----

A RAG presenta unha curtametraxe sobre a orixe do galego

A Real Academia Galega presenta A orixe da nosa lingua guapa, unha curtametraxe de ficción, con trazos de realidade, sobre a orixe do idioma galego, dirixida a alumnado de infantil e primaria. O filme, dirixido por Damián Varela e baseado nunha idea orixinal da académica Fina Casalderrey, está protagonizado polo alumnado do CPI Santa Lucía de Moraña. Con esta peza audiovisual a RAG inaugura, no marco do proxecto Primavera das Letras, a sección web "Lingua Guapa", onde se irán compilando diferentes recursos didácticos e lingüísticos dirixidos á rapazada. Podes ampliar información premendo aquí.