----

Plan de Política Lingüística da Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo crea un novo sitio web para poñer á disposición da comunidade universitaria toda a información referente ao proceso de elaboración do Plan de Política Lingüística que esta universidade está a confeccionar.
(Máis información)

O obxectivo non é só informar da evolución das actividades da Comisión de traballo, senón que a propia comunidade a quen o plan vai dirixido participe tamén no proceso de xestación do mesmo.


Así, o primeiro documento que a Comisión de Política Lingüística pon á disposición de toda a comunidade universitaria para que achegue as súas propias propostas e apreciacións é o Documento de diagnóstico sobre a situación sociolingüística, que achega unha primeira avaliación sobre a situación sociolingüística na Universidade de Vigo e propón medidas para fomentar o uso do galego no ámbito universitario.