Esta publicación enmárcase dentro da serie O proceso de normalización do idioma galego (1980-2000), análise cualitativa das políticas lingüísticas autonómicas e o seu impacto no prestixio, coñecemento e uso da lingua.
Neste terceiro volume compílanse diferentes achegas sobre a adaptación, actualización e difusión do idioma. Dunha banda, analízanse os diferentes procesos de adaptación do corpus da lingua (estandarización; fixación fonética, morfosintáctica e léxica; creación terminolóxica e diversificación estilística) e por outra, estúdanse as ferramentas de adquisición do galego e as condicións nas que esta adquisición se desenvolve, sobre todo no ensino non regrado. O volume péchase cunha análise sobre o cultivo e difusión do galego estremeiro.
Se desexa consultar a publicación en formato PDF, prema aquí.


