Bolsas 2010. Nota informativa

NOTA INFORMATIVA DO 10 DE MAIO DE 2010 DA XERENCIA DO CONSELLO DA CULTURA GALEGA CON RELACIÓN Á CONVOCATORIA DE CATORCE BOLSAS DE COLABORACIÓN (DOG, nº 57, do 25 de marzo)

Con data do 25 de marzo de 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG, nº 57, do 25 de marzo) a Resolución do 17 de marzo de 2010 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catorce bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega e se anuncia a súa convocatoria.
Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas á devandita convocatoria, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación.

De acordo co previsto na base 7 da Resolución e no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, outórgase un prazo de 10 días hábiles a partir da publicación destas listaxes para emendar os defectos administrativos apreciados na documentación esixida, así como para efectuar as reclamacións ou renuncias.
Poderase presentar a documentación por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
En caso de non contestar ao presente requirimento enténdese que o/a interesado/a renuncia á súa solicitude.
Santiago de Compostela, 10 de maio de 2010

O Xerente

Asdo.: Marcelino Fernández Santiago

nota informativa do 10/05/2010

I. Solicitudes correctas

II. Solicitudes que presentan defectos administrativos

III. Solicitudes excluídas