Entre os contidos deste número salientamos os artigos dedicados aos cen anos de música galega en disco e á proposta realizada á UNESCO para que declare o galego-portugués patrimonio inmaterial, así como os comentarios sobre o Museo Liste ou a “camiñada escolar galego-portuguesa”, organizada por centros educativos de ambas beiras do Miño.
Se desexa consultar Lingua Viva, pode facelo a través do servizo de consulta en sala que lle ofrece o CDSG ou solicitala no Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Vigo (tfno. 986 810 281).


