Campaña de promoción do uso galego no Nadal do Concello de Outes
2/12/2022
O Concello de Outes, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, pon en marcha novamente O noso Nadal, a campaña coa que promove o uso da lingua galega, a creatividade e a decoración das vivendas e comercios no tempo de Nadal.
Haberá dous concursos: o de postais, que pretende involucrar aos pais, nais, avós e avoas para que sexa unha actividade interxeracional; e o de decoración de Nadal, dirixido tanto á veciñanza en xeral como ao comercio.
Para presertarse ao primeiro, o prazo remata o 21 de decembro; no caso do concurso de decoración, o 20 de decembro. Consulta as bases completas.