----

Emilia Pérez acada o Premio Andrés Gaos do V Certame de Canto Lírico

O Consello da Cultura Galega colabora coa Certame de Canto Lírico de Compostela na concesión do Premio Andrés Gaos, categoría sénior, que recoñece a voz galega máis destacada. A quinta edición do certame concedeu este premio, que consiste nunha actuación sufragada polo CCG, a Emilia Pérez. É un dos premios do V Certame de Canto Lírico Compostela que tivo lugar na fin de semana en Compostela. A gañadora do certame foi Carmen Buendía Santiago que recibirá 4.000 euros e tres actuacións de pago (coa Real Filharmonía de Galicia, a Ópera de Oviedo e o ciclo Les musicales du Luberon). O segundo premio, dotado con 2.000 euros e unha actuación de pago, foi para Andrea Niño. O terceiro premio foi concedido a Milan Perišić, que recibiu un premio de 1.000 euros e un diploma acreditativo.

O V Certame de Canto Lírico Compostela, organizado por Amigos da Ópera de Santiago coa colaboración do Concello de Santiago, a Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, contou en 2022 con sesenta voces inscritas de 16 países diferentes. De entre todos os solistas que compareceron, o xurado seleccionou 19 cantantes que actuaron esta fin de semana no Auditorio de Galicia. Na final, que estivo a cargo da presentadora e actriz Nieves Rodríguez, a edil de Acción Cultural de Santiago, Mercedes Rosón; o secretario do Consello da Cultura Galega, Silvestre Gómez Xurxo, e dous mecenas da Fundación José Otero-Carmela Martínez: Ignacio Bordoy e Alfredo Campos.