Iniciativa lexislativa popular para a restauración do texto do Himno de Galicia
7/12/2022
Un grupo de persoas, entre as que se encontran Manuel Ferreiro, especialista na obra de Eduardo Pondal, Fernando López Acuña, investigador da partitura do himno, e representantes de Vía Galega ou Galiza Cultura, entregaron no rexistro do Parlamento unha iniciativa popular para que o texto oficial do himno galego sexa corrixido conforme o poema do que xorde, "Os pinos".
Ademais de depurar os castelanismos ou os hiperenxebrismos que Pondal xa recoñecera en vida, reclaman que recolla as catro primeiras estrofas, que se cumpra co seu uso nos actos oficiais e se faga unha edición divulgativa para o coñecemento e difusión na sociedade galega.