----

Curso de iniciación ao galego para inmigrantes

A Concellería de Cultura e Deportes do Concello de Ames, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, organiza un curso de iniciación ao galego destinado aos inmigrantes.

O prazo de inscrición é do 13 ao 30 de setembro.
(Máis información)

O curso, que terá unha duración de 60 horas, comezará o vindeiro día 4 de outubro e impartirase na Casa da Cultura de Milladoiro, de luns a xoves, das 20:00 ás 22:00 horas. Se desexa acceder ao formulario de matrícula, prema aquí.



Para resolver calquera dúbida ou obter máis información, pode poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames: 981 883002.