O Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Porriño convoca a segunda edición do seu Concurso Infantil de Postais de Nadal, co obxecto de dinamizar o uso do galego na infancia.
Trátase de que as/os máis pequenas/os feliciten as festas mediante a creación dunha postal decorativa, cunha mensaxe positiva e creada en lingua galega. Para gañar un dos tres premios de cada unha das tres categorías, é preciso que entreguen as súas cartas na caixa de devolución de libros da Biblioteca Municipal do Porriño entre o 10 e o 24 de decembro de 2022. Consulta as bases completas do concurso.