----

Formación continua no ensino

A Asociación Sócio-Pedagóxica Galega comeza o curso escolar con novas edicións dos Encontros Pedagóxicos e as Xornadas de Ensino, que se desenvolverán ao longo desta semana en diferentes puntos do país.
(Máis información)

Ambas actividades están destinadas aos docentes e entre os seus obxectivos están a normalización lingüística no ámbito educativo e o intercambio de recursos didácticos para o ensino en galego nas diferentes áreas. De entre todos, salientamos os XIII Encontros Pedagóxicos de Santiago, onde a análise da actual situación sociolingüística de Galicia terá un especial protagonismo.


Pode obter máis información no web da AS-PG.