Helena Vázquez Cendón é membro do Plenario do Consello da Cultura Galega. É doutora e profesora de Matemática Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela viu recoñecido "o seu compromiso na divulgación das Matemáticas á fronte do Proxecto de Estímulo do Talento Matemático (Estalmat-Galicia)". Ademais, o xurado destacou "as súas contribucións no estudo das leis de balance hiperbólicas". O premio entregarase o vindeiro 20 de decembro en Santiago de Compostela.

