Beatriz García Turnes, autora do volume, divide o estudo en tres partes: unha, centrada nos usos orais da lingua, outra, nos usos escritos e unha terceira, na ideoloxía lingüística das elites que promoveron o cultivo do galego. Con esta análise complétase así o estudo científico da historia social da nosa lingua, que contaba ata o momento cunha lagoa de 25 anos aínda inexplorados.
Para acceder á obra pode poñerse en contacto co Servizo de Publicacións da Deputación Provincial de Pontevedra ou consultala nos fondos do CDSG, tanto a través do servizo de consulta en sala como de préstamo a domicilio.


