As bolsas ás que poden optar os/as licenciados/as en filoloxía galega son as seguintes:
-Unha bolsa para o proxecto sobre prosa literaria galega medieval.
-Dúas bolsas para o proxecto de lírica galego-portuguesa.
-Unha bolsa para o proxecto de corpus de referencia do galego actual.
-Unha bolsa para o proxecto de recuperación de textos poéticos e xornalísticos galegos.
-Unha bolsa para o proxecto de bibliografía da literatura galega.
-Unha bolsa para o proxecto de dicionario de fraseoloxía galega.
-Unha bolsa para o proxecto de síntese de voz en galego.
O prazo de presentación de solicitudes é de corenta días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria.
Se desexa máis información, prema aquí.


