----

A presidenta do Consello da Cultura Galega reuniuse coa alcaldesa de Santiago

A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, reuniuse esta mañá coa alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín. Na xuntanza abordaron cuestións relativas á actividade e necesidades culturais así como futuras vías de colaboración entre ambas as entidades. A presidenta asistiu acompañada de parte da Comisión Execuiva, o secretario Silvestre Gómez Xurxo e o vogal Alejo Amoedo, mais o xerente Marcelino Fernández.
A presidenta do Consello da Cultura Galega reuniuse coa alcaldesa de Santiago

No marco da xuntanza apuntaron que traballarán en diversos proxectos de maneira conxunta, como o centenario do Seminario de Estudos Galegos e a proxección exterior de Compostela. O aproveitamento de datos a través do Observatorio da Cultura Galega é outra das liñas que se apuntou no marco desta xuntanza.