----

Resolución do 18 de xullo de 2023 pola que se nomean os membros da comisión de valoración para avaliar as solicitudes presentadas a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega.

Procedemento bolsas proxectos de investigación 2023 (PR970B)

VER RESOLUCIÓN EN PDF: "Nomeamento dos membros da comisión avaliadora do procedemento PR970B"


De acordo co establecido na base 10 da Resolución do 19 de xuño de 2023 pola que se apro-ban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega (DOG núm. 124, do 30 de xuño de 2023), acórdase a constitución dunha comisión de valoración que será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes segundo os criterios fixados nas bases.

A comisión de valoración estará integrada polos seguintes membros:

Presidente: Xosé Manoel Núñez Seixas
Secretario: Silvestre González Xurxo
Vogal: Manuel Gago Mariño
Vogal: Anxos Sumai García
Vogal: Begoña Tajes Marcote


Santiago de Compostela, na data da sinatura dixital



Rosario Álvarez Blanco
Presidenta