----

Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación do Consello da Cultura Galega.

Procedemento bolsas proxectos de investigación 2023 (PR970B)

VER LISTAXE EN PDF: "Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de
selección de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación do
Consello da Cultura Galega."

De acordo co previsto na cláusula 10 da Resolución do 19 de xuño de 2023, pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver no Consello da Cultura Galega (DOG núm. 124, do 30 de xuño de 2023), despois de rematar o prazo de presentación e unha vez realizada a revisión das solicitudes recibidas e a documentación achegada, procédese á publicación das listaxes provisorias de solicitudes admitidas e excluídas no proceso de selección.
As persoas interesadas terán un prazo de dez (10) días hábiles, que empezarán acontar a partir da data de publicación do presente anuncio, para emendar as razóns da exclusión ou presentar a documentación requirida.
Santiago de Compostela, na data da sinatura dixital
O xerente
Marcelino Fernández Santiago