O presidente do Consello da Cutlura Galega, Ramón Villares, inaugurou hoxe no Patronato da Cultura Galega, en Montevideo (Uruguai) a exposición itinerante “OS ADEUSES, 73 imaxes da emigración galega (1957-1963)” captadas polo fotoxornalista Alberto Martí. A mostra, promovida e organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG) e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), percorreu toda Galicia en 2011. Ramón Villares continúa así o periplo que persoalmente iniciou en Bos Aires o 19 de marzo e que rematará en Sao Paulo o vindeiro día 27.
23/03/2012
16/03/2012
O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, ponunciará conferencias en Bos Aires e Sao Paulo e inaugurará unha exposición en Montevideo. Na capital arxentina presentará o libro “Luís Seoane, entre Galicia y la Argentina” nun coloquio previsto para o 21 de marzo no Museo de Arte Latinoamerixcano de Buenos Aires (MALBA). En Montevideo inagurará a exposición “Os Adeuses. 73 imaxes da emigración galega (1957-1963” o día 23 no Patronato da Cultura Galega e, finalmente, o día 26 de marzo en Sao Paulo, no Instituto Itaú Cultural, dirixirá un seminario sobre “Institucións e cooperación cultural”.
01/03/2012
A Galería Sargadelos, (Praza de Santo Domingo, 4 de Lugo) acolleu o 29 de febreiro ás 20 horas a presentación do libro EMIGRANTE DUN PAÍS SOÑADO. LUÍS SEOANE ENTRE GALICIA E ARXENTINA, editado polo Consello da Cultura Galega. O libro subliña a “dobre cidadanía” que marcou a biografía de Luís Seoane “combinando unha idea concibida desde Galicia coa achega dunha perspectiva propiamente arxentina”, en palabras de Ramón Villares, quen alén da dimensión artistica salientou a figura do intelectual "un ideólogo cun proxecto cultural para modernizar Galicia".
Na presentación xunto con Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e editor do libro, interviron Benxamín Casal, presidente da Editorial Galaxia e o profesor da USC e escritor Claudio Rodríguez Fer.
Na presentación xunto con Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e editor do libro, interviron Benxamín Casal, presidente da Editorial Galaxia e o profesor da USC e escritor Claudio Rodríguez Fer.
23/12/2011
O Consello da Cultura Galega continuará en 2012 as súas estratexias de acción exterior, nomeadamente no Brasil, coa exposición Valentín Paz Andrade, unha antena galega no Brasil. Proseguirá tamén, nun marco de importantes restriccións orzamentarias, as funcións de alta asesoría en materia cultural, os traballos de recuperación patrimonial e a realización de informes e debates que tendan pontes entre o sector cultural e a sociedade galega. O Plenario da institución, que preside Ramón Villares, aprobou o Plan de actividades e os orzamentos para o exercicio do 2012.
13/12/2011
A Fundación Luís Seoane acolleu hoxe o acto de presentación das Actas do Congreso Internacional "Luís Seoane. Galicia-Arxentina: unha dobre cidadanía", celebrado en abril de 2010 e coorganizado co Consello da Cultura Galega. O libro agrupa en 500 páxinas as 16 contribucións dos relatores galegos e arxentinos. Na presentaciòn interviron o Alcalde da Coruña, Carlos Negreira, e o Presidente do Consello da Cultura Galega e editor da obra, Ramón Villares.
12/12/2011
"Urxe recuperar o exilio, a memoria do exilio heredado, para a mellor memoria do país que o causou". A emoción subliñou particularmente estas palabras de Luciano Concheiro, profesor e investigador da Universidad Autónoma Metropolitana de México, que hoxe impartiu no Consello da Cultura Galega un seminario sobre "O exilio republicano en México".
02/09/2011
O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) inauguraron o 2 de setembro na Casa da Cultura da Pobra do Caramiñal (A Coruña), a exposición itinerante “OS ADEUSES, 73 imaxes da emigración galega (1957-1963)” captadas polo fotoxornalista Alberto Martí. O acto contou coas presenzas de Isaac Maceira, Alcalde de Pobra do Caramiñal, Ramón Villares, presidente do CCG, José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié e Banco Pastor, Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, e Alberto Martí. A exposición estará na Pobra do Caramiñal ata o 20 de setembro. Con anterioridade puido verse na Coruña, Vigo e Santiago de Compostela.
06/07/2011
“Galicia sería díficil de entender sen emigración, pero moito máis difícil sería imaxinala de non se ter producido esta profunda e sostida onda migratoria, que vencellou estreitamente a imaxe dos galegos no mundo con tantos outros pobos europeos -e non europeos- que tamén foron países de emigrantes”. Así o ve Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega e catedrático de Historia Contemporánea da USC, no seu traballo “Vellas e novas formas de entender a emigración”, que abre as Actas do Congreso “Emigración e Educación (1900-1936)”, libro presentado hoxe no Consello da Cultura Galega.
30/06/2011
O Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, clausurou hoxe ás 20 horas no Real Club Náutico de Las Palmas de Gran Canaria a exposición NÓS MESMOS. ASOCIACIONISMO GALEGO NA EMIGRACIÓN. A mostra, realizada polo CCG a través do seu Arquivo da Emigración Galega, foi inaugurada o pasado 17 de xuño. Con anterioridade percorreu diferentes paísess europeos e americanos.
06/06/2011
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2011.- O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) inauguraron hoxe no Museo do Pobo Galego (MPG), en San Domingos de Bonaval, a exposición OS ADEUSES, 73 imaxes da emigración galega (1957-1963) captadas polo fotoxornalista Alberto Martí. O acto contou coas presenzas de Ramón Villares, Presidente do CCG, Fernando Acuña, vicepresidente do Padroado do MPG, Antonio Aguarón, subdirector xeral de Emigración, Alfonso Cabaleiro, Secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia e Alberto Martí. A exposición poderá contemplarse en Compostela ata o 26 de xuño. Con anterioridade puido verse en A Coruña e Vigo.
11/04/2011
O Consello da Cultura Galega (CCG) e o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) inauguraron o venres 8 de abril ás 20 horas na sede da Fundación Barrié de la Maza, en Vigo (rúa Policarpo Sanz, 31) a exposición OS ADEUSES, 73 imaxes da emigración galega (1957-1963) captadas polo fotoxornalista Alberto Martí.
14/02/2011
Xosé Manoel Núñez Seixas, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela e membro do Arquivo da Emigración Galega, do Consello da Cultura Galega, encóntrase dende o pasado 2 de xaneiro na Universidade de Stanford (California, EUA) como "Consello da Cultura Galega Visiting Professor" adscrito ao Center for Iberian and Latin American Studies.


