Noticias

Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria. Rexistros1 a 1 de 1
18/03/2024

Asinado un acordo coa Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria para dixitalizar o seu arquivo

A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez, e María Luísa Vidal Collazo, representante da Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria, asinaron un acordo para a dixitalización e difusión dos fondos documentais da agrupación. Os materiais cedidos, entre os que figuran diferentes publicacións, revistas, folletos e cadernos de formación, constitúen unha importante fonte de documentación para o estudo do movemento feminista en Galicia.