17 de outubro: Día do Patrimonio Inmaterial

----

17 de outubro: Día do Patrimonio Inmaterial

No Día do Patrimonio Inmaterial, presentamos unha serie de recursos dispoñibles nos webs do Consello da Cultura Galega e de culturagalega.gal. Recursos de consulta, de entretemento e de coñecemento ao redor das iniciativas de posta en valor, documentación e evolución do patrimonio inmaterial.

Mapa Sonoro de Galicia

Un conxunto de coleccións sonoras de carácter etnográfico e medio ambiental, definidas pola súa vinculación a un espazo xeografíco ou un territorio específico.





Os instrumentos musicais na tradición galega

Un exhaustivo repaso dos instrumentos musicais empregados na música tradicional galega, coa súa descrición, usos, prácticas asociadas e a cultura vinculada a eles.





A zanfona, memoria da Transición

Documental que recolle a interacción entre música, identidade, creación e recollida musical a través dun instrumento singular, a zanfona, do que se recuperou o seu uso na Transición democrática.





Axudádeme a cantar

Axudádeme a cantar é un documental de seis capítulos que pretende poñer en valor o canto acompañado con percusión de man, unha forma de literatura oral tradicionalmente feminina que gozaba (e goza) dunha extensión e diversidade importantes no territorio galego.





Xogos tradicionais galegos

Da man da Asociación galega do xogo popular e tradicional, unha selección de enredos e entretementos para gozar en familia mentres se recupera a tradición.





Rituais

Unha colección de fotografía etnográfica do coñecido escritor e fotógrafo Vítor Vaqueiro, que dan conta de celebracións relixiosas, festas tradicionais e espazos cultuais.





O patrimonio cultural e a sociedade: un diálogo vivo

En culturagalega.gal cubrimos iniciativas de recuperación, posta en valor e dinamización do patrimonio inmaterial galego. Aquí tes unha mostra das reportaxes que publicamos nos últimos anos dun dos movementos máis relevantes de reinvención dunha vella tradición: o Entroido.




A recuperación de entroidos tradicionais

Ao longo de toda Galicia, a veciñanza recupera e pon en valor personaxes, accións e representacións do Entroido que xa só ficaban na memoria dos máis maiores da comunidade.





Os sons do Entroido

Entre a etnografía e a vangarda contemporánea, nos últimos anos diferentes iniciativas investigan o entroido como unha notable paisaxe sonora.





Entroidos culturais

A relevancia que cobrou o entroido como festa popular e turística fai que as políticas culturais lle presten atención: desde declaracións de protección a museos e centros de interpretación.





Universo entroido

Un conxunto de historias ao redor da riqueza cultural do Entroido, desde a fauna mítica da festa ata as súas conexións coa actualidade social e política.



Recomendamos: