Neste Día Internacional do Patrimonio, queremos chamar a atención sobre unha pequena escolma de contidos dixitais do web do CCG que nos convidan a pensar nas diferentes facetas do patrimonio cultural como vertebrador de identidades, de desenvolvemento e de territorio.
Eventos para celebrar e pensar o patrimonio
14 e 15 de novembro, Navia de Suarna

Soster o noso. O patrimonio cultural do rural
O encontro centrarase en buscar vías para manter, divulgar e entender o patrimonio como un elemento identitario e dinamizador desa contorna a través de distintas liñas de traballo que comprenden dende o vínculo das sociedades rurais co seu patrimonio cultural, a participación social activa no seu recoñecemento e salvagarda ata a súa condición de factor e motor dun desenvolvemento social, económico e cultural sostible.
15 e 16 de novembro de 2024, Vilalba

O Instituto de Estudos Chairegos organiza esta xornada I Xornada de Patrimonio Inmaterial na que se falará sobre o patrimonio inmaterial, distintas prácticas, usos e modos-
Audiovisuais en estrea
Nesta produción de Boneca Lareta (2015) dirixida e guionizada por Aitor Rei, descubrimos o modo de vida dos afiadores, unha profesión itinerante que ficou moi preservada na memoria da Galicia do século XX. Dispoñible neste sitio durante o mes de novembro de 2024.
Documentos para pensar o patrimonio cultural

Olladas #EMPC - Olladas #INSITU
Entre 2015 e 2023 o Consello da cultura Galega acolleu os Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural (EMPC), levados a cabo pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais. Buscábase xerar un espazo de difusión, debate e coñecemento ao redor de diferentes proxectos patrimoniais de Galicia e do norte de Portugal. A exposición "Olladas #EMPC - Olladas #INSITU", accesible en liña, escolmou 15 deses encontros e as súas conclusións.

Foro 'Patrimonio e sociedade'
O foro 'Patrimonio e sociedade' foi organizado pola Sección de Patrimonio e Bens Culturais co obxectivo de recoller diferentes visións e sensibilidades ao redor da situación do patrimonio cultural galego e elaborar unhas directrices básicas ao redor da súa xestión integral. O foro rematou en xuño de 2021 coa presentación deste documento






