Este evento celébrase cada ano o sábado seguinte ao 16 de agosto e foi declarado Festa de Interese Turístico de Galicia en 2001. Está organizado pola Asociación Cultural Airiños do Xunco e reúne miles de persoas na praza do Souto, onde ten lugar a escenificación dunha historia vinculada ás tradicións e lendas da zona e na que participa, ademais da xuventude, xente da vila de calquera outra idade. A escenificación sempre é orixinal e, xeralmente, diríxena membros da Asociación. Tamén hai que nomear o deseñador José Vizoso, que elabora de forma altruísta os carteis para anunciar a Queimada.
Fusiónanse arte, tradición e misticismo nunha experiencia única; danzas, conxuros e lume para espantar os malos espíritos. En definitiva, trátase dunha loita entre o ben e o mal. O ben está representado polo bruxo e o mal, por meigas, diaños e todo o relacionado co inferno.
A comitiva inicial parte das Escolas Vellas e desfila pola rúa ata chegar á praza do Souto, onde esperamos que este ano esteamos acompañados por todos vós.
Francisco Piñeiro González