Manuel Balboa (A Coruña, 1958-2004) tivo unha formación interdisciplinaria na que se mesturaron as súas clases de pintura con Aurelio de Lombera, as súas colaboracións coa revista Monsalvat de Barcelona e os seus estudos musicais na Coruña e Madrid. Nesta última cidade contactou con algunhas figuras que foron decisivas na súa traxectoria: H...
Manuel Balboa (A Coruña, 1958-2004) tivo unha formación interdisciplinaria na que se mesturaron as súas clases de pintura con Aurelio de Lombera, as súas colaboracións coa revista Monsalvat de Barcelona e os seus estudos musicais na Coruña e Madrid. Nesta última cidade contactou con algunhas figuras que foron decisivas na súa traxectoria: Humberto Quagliata, Daniel Stéfani, Pablo Sorozábal, Luis de Pablo, Cristóbal Halffter, Tomás Marco e Jean-Pierre Dupuy.
A listaxe de música incidental do compositor coruñés é moi ampla e abrangue múltiples obras feitas xunto con Francisco Nieva ou co Centro Dramático Galego. Na súa etapa como compositor de música cinematográfica foi moi relevante o seu contacto co director José Luis Garci e as tres películas en que traballaron xuntos: Canción de cuna (1994), La herida luminosa (1997) e El abuelo (1998).
No seu catálogo destacan títulos como: La memoria del viento, ópera de cámara nun acto, con textos de Álvaro Cunqueiro e do propio Balboa; El secreto enamorado, ópera que foi un encargo do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música, ou Saturnal, unha encomenda da Real Filharmonía de Galicia que foi estreada o 29 de febreiro de 1996 no concerto inaugural desta orquestra, con Helmuth Rilling como director.
Ver biografía completa