Formouse como especialista en química orgánica sintética na Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde obtivo a súa licenciatura (1980) e o seu doutoramento (1985).
De 1986 a 1988 foi bolseiro Fulbright na Universidade de California, Berkeley, traballando no laboratorio do profesor Henry Rapoport. Na actualidade, é catedrático de Q...
Formouse como especialista en química orgánica sintética na Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde obtivo a súa licenciatura (1980) e o seu doutoramento (1985).
De 1986 a 1988 foi bolseiro Fulbright na Universidade de California, Berkeley, traballando no laboratorio do profesor Henry Rapoport. Na actualidade, é catedrático de Química Orgánica na Universidade de Santiago e os seus intereses de investigación abranguen desde a síntese orgánica asimétrica ata o desenvolvemento de software científico.
O profesor Sardina é cofundador e director do Consello Científico Asesor de MESTRELAB RESEARCH S.L., unha spin-off da USC. Desde o ano 2013 é membro do Consello Social da multinacional INDITEX, coa cal colabora no desenvolvemento de I+D sobre estándares de 'saúde de produto' na industria manufactureira téxtil (Clear to Wear and Safe to Wear), para a fabricación de produtos seguros, incluíndo tanto a industria química como os seus provedores.
Ver biografía completa