Na súa música de cámara, Octavio Vázquez penetra decote nas rexións máis escuras da experiencia humana Estudou no Conservatorio ‘Adolfo Salazar’ e no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, e posteriormente no Peabody Conservatory da Johns Hopkins University en Baltimore, e na Universidade de Maryland, College Park. Dende 1999 r...
Na súa música de cámara, Octavio Vázquez penetra decote nas rexións máis escuras da experiencia humana
Estudou no Conservatorio ‘Adolfo Salazar’ e no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, e posteriormente no Peabody Conservatory da Johns Hopkins University en Baltimore, e na Universidade de Maryland, College Park. Dende 1999 reside na cidade de Nova York.
A música de Octavio Vázquez foi interpretada por directores como C. Kalmar, H. Schellenberger, Víctor Pablo Pérez, Ulysses James, Maximino Zumalave, e Teri Murai, e solistas como Amaury Coeytaux, Daniel Gaisford, Eldar Nebolsin, Viacheslav Dinerchtein, Jonathan Gandelsman, Nurit Pacht, Eric Jacobsen, Jennifer Bleick, e Nicholas Cords. Recibiu encargos do New York State Council on the Arts, a Fundación Fulbright, Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filharmonía de Galicia, Meet the Composer, Guernica Project, Xacobeo Classics 2010, e a Fundación Chi-Mei, entroutros."A idea de escribir o trío con piano presentouse repentinamente e con moita forza en decembro de 1998. En xaneiro completei o primeiro movemento e apuntei os temas e características principais dos outros catro. Ao estar traballando noutros proxectos naquel momento, deixei o trío á espera dunha ocasión máis propicia para rematalo. Dende o principio, o trío estivera intimamente ligado aos eventos da Guerra Civil Española e á posterior represión. No 2006, coincidindo co 70 aniversario do comezo da guerra, e como resulta dunha encarga do Guernica Project Inc., acabei de escribir a partitura definitiva. Creo que é unha das miñas obras máis directas."
Octavio VázquezNa súa música de cámara, Octavio Vázquez penetra decote nas rexións máis escuras da experiencia humana, retratando un amplo espectro de estados psicolóxicos profundos e emocións crúas. O trío con piano é un exemplo perfecto. Encargado no 2006 polo Guernica Project Inc., esta peza aborda algúns dos momentos máis traumáticos da historia recente de España.
O trío 'Gernika' é unha monumental obra de cinco movementos, simultaneamente ecléctica e sobria na súa factura. Mentres que emprega algunhas das técnicas máis sólidas da música occidental, coma o principio cíclico e un uso extenso do contrapunto e a variación, tamén incorpora numerosas referencias á música tradicional e citas de coñecidas melodías relacionadas coa Guerra Civil. O resultado é un auténtico tour de force da escritura camerística, una obra que despois da súa temporada inaugural é xa considerada por moitos coma un clásico do repertorio para trío con piano.
Máis información:
- www.octaviov.com
- www.asociaciongalegadecompositores.com
Doutora Maria Yefimova, College of William and Mary (Williamsburg, Virginia). ©2007 Maria Yefimova, DMA