Biografía de Leandro Carré Alvarellos
1888- A Coruña | 1976 A CoruñaEscritor, editor e investigador, destacou como teórico e difusor do teatro galegoLeandro Carré Alvarellos foi un dos once fillos do matrimonio formado por Purificación Alvarellos Pena e mais o galeguista Eugenio Carré Aldao. Naceu o 30 de agosto de 1888 na Coruña e educouse nun ambiente fondamente preocupado pola cultura galega. O pai, mecenas e protector da Cova Céltica, procuraba transmitirlles aos fillos o seu compromiso coa Terra nos moitos relatos que inventaba para eles. Leandro, apaixonado desde neno polo teatro e o debuxo, asistiu desde cedo aos faladoiros que se organizaban na parte traseira da Libraría Regional do seu pai, onde se reunía a Cova Céltica e onde tivo a oportunidade de tratar os principais membros do cenáculo coruñés. As leccións prácticas e disertacións escoitadas ao grupo de rexionalistas completáronse cunha formación autodidacta rigorosa e variada. Sendo moi novo, abandonou os estudos regrados para comezar a traballar no negocio familiar, e cando a libraría quebrou, comezou a traballar na litografía La Artística. Entre 1911 e 1914 viviu no Porto como encargado desta empresa, e tivo a oportunidade de coñecer ben a lingua e a literatura do país veciño. Ao seu regreso á Coruña, foi un dos fundadores das Irmandades da Fala e colaborou no xornal A Nosa Terra desde o seu segundo número. Chegaría a dirixir o voceiro das Irmandades durante a Ditadura de Primo de Rivera.
As Irmandades déronlle a oportunidade de traballar pola difusión da súa gran paixón, o teatro galego: foron moitas as páxinas que dedicou a teorizar sobre o tema, pero ademais dinamizou o mundo teatral da época, escribiu ducias de obras, dirixiu compañías como Cantigas da Terra -para a que escribiu algunhas comedias dun acto e varias estampas de costumes-, e mesmo actuou en non poucas pezas. Do recoñecemento público á súa tarefa da boa mostra o feito de que chegase a dirixir o Conservatorio de Arte Galega, que el transformaría e renomearía como Escola Dramática Galega.
En 1924 fundou xunto a Ánxel Casal a editorial Lar, da que foi director-propietario e na que investiu parte importante dos seus aforros. Publicaron unha colección de corenta novelas curtas, das que catro son autoría do propio Carré: Naiciña (1925), A propia vida (1925), O home que deu vida a un morto (1926) e O xornal de Mavi (1927). Como dramaturgo asinou centos de pezas, entre elas as comedias Tolerías (1918), Para vivir ben de casados (1918), Enredos (1919) e O corazón dun pedáneo (1925) e os dramas, Rexurdimento (1918), O pecado alleo (1924) e Almas en pena (1957). Ingresou no Seminario de Estudos Galegos en novembro de 1925.
A primeira colaboración de Leandro Carré na revista Nós, «A regueifa», un conto de tipo popular e intención moralizante, atopámola no número 24, correspondente ao 15 de Nadal de 1925. No número 27, de 15 de marzo de 1926, apareceu o ensaio «Encol da novela galega», no que o autor defende documentalmente a necesidade de superar a ambientación rural da novela galega. No número 31, 25 de xullo de 1926, atopamos unha pequena peza dialogada titulada «Noite de trunfo», e no 33, 15 de setembro dese mesmo ano, insire un relato recollido en San Xián de Sergude, «A besta perdida», e unha pequena recensión na sección «Os homes, os feitos, as verbas», titulada «As obras póstumas de Eça de Queiroz». No derradeiro exemplar da senlleira publicación atopamos “O romance galego» no que fai un repaso á novelística galega e ás publicacións de Lar, Céltiga, Libredón, Terra a Nosa e Alborada.
O seu labor no estudo da nosa lingua é tamén notable. Publicou un Compendio de Gramática Galega (1918), e o primeiro Diccionario Galego-Castelán do século XX (1928) no que duplica o número de voces reunidas por Valladares no século anterior. En 1967 deu ao prelo unha Gramática Gallega.
A ruína da empresa, a ilusión da súa vida, obrigouno a aceptar un posto de xerente na sociedade Cafés y Bares S. A., o que implicaba a xerencia do Kiosko Alfonso, o Marineda e o Café Moderno. Máis tarde traballou como contador de Industrias Morgade, o que o levaría a aceptar un posto de traballo en Sober como rexente dunha telleira. Aceptou de bo grao, pois vía unha posibilidade de recoller datos para o seu dicionario, co que procuraba resolver unha das grandes preocupacións dos intelectuais nacionalistas da época.
Durante a guerra perdeu un fillo en Asturias e sufriu prisión durante cinco meses. Á saída do cárcere, o estigma de republicano e nacionalista dificultoulle enormemente a busca de emprego; co tempo e a axuda dos amigos aceptou varios e continuou exercendo como escritor, publicista e investigador. Colaborou baixo pseudónimo coa prensa exiliada. Como académico ingresou en maio de 1945 cun discurso titulado El idioma gallego en la Edad Media, e aceptou boa parte do pesado labor cotián da institución naqueles difíciles anos. Colaborou coa BBC de Londres e Radio Nacional de España. Home discreto e serio, cando faleceu na Coruña o 14 de febreiro de 1976 dispuxo que o seu enterro non fose obxecto de homenaxes públicas.
Obra
Narrativa
Contos e diálogos. A Coruña: [s.n.], 1918.
Amor malfadado. A Coruña: [s.n.], 1923.
Naiciña. A Coruña: Lar, 1925.
A propia vida. A Coruña: [Imprenta Moret], 1925.
O home que deu vida a un morto. A Coruña: Lar, 1926.
O xornal de Mavi. A Coruña: Lar, 1927.
Nos picoutos de Antolín, novela galega. Braga: Livraría Cruz, 1955.
Contos de pantasmas. Vigo: Castrelos, 1972.
Teatro
Pra vivir ben de casados, pasatempo nun acto. A Coruña: Lar, 1910.
Enredos. A Coruña: El Noroeste, 1919.
Noite de ruada. . A Coruña: Tipografía P. Galega, 1918.
A venganza, cuadro tráxico nun acto. A Coruña: [s.n.], 1923.
O pecado alleo, drama en tres actos. A Coruña: Imprenta Zincke Hermanos, 1924.
O corazón d´un pedáneo, comedia nun acto. A Coruña: Lar, 1925.
Almas en pena. Drama nun acto. Braga: [s.n.], 1927.
Materiais de Leandro Carré Alvarellos
A primeira recepción xeral do SEG, para homenaxear á romanista Carolina Michaëlis de Vasconcellos, recollida por El compostelano. 15 de marzo de 1926
«Primera reunión general del Seminario de Estudos Galegos: Recepción de los poetas Cabanillas, Noriega, Abente y Taibo», El compostelano: diario independiente, 1795 (25 de marzo de 1926), 1.Publicacións periódicas
Boletín Oficial del Centro Gallego (1903-1930) .
Boletín de la Unión Hispano Americana Valle Miñor (1909-) .
Órgano de la Unión Hispano-Americana Pro-Valle Miñor. Publicación Mensual
Eco de Galicia (1917-1936) .
Revista ilustrada y de información de la colonia gallega en Cuba
A partir do n.º 23: Revista gráfica y de información de la colonia gallega en Cuba
A partir do n.º 111 (1920): Revista gráfica y de información regional
Almanaque Gallego (1927-) .
de la Editorial Céltiga
Orzán (1945-1957) .
Revista del Centro Coruñés de Buenos Aires
Alborada (1952-1956) .
2ª época ata a actualidade: Órgano del Centro Gallego de Barcelona
Libredón (1956-) .
Órgano oficial del Centro Gallego de Santander
Coro Galego Brétemas e Raiolas (1958-1958) .
No seu quinto ano de eisistencia
Vieiros (1959-1968) .
Revista do Padroado da Cultura Galega de México
Aturuxo (1960-1961) .
Lérez (1962-) .
Revista do Centro Pontevedrés de Buenos Aires
Airiños Aires (1964-) .
Galicia al día
Esmorga (1985-) .
Artigos
(12/1926) Biblioteca «Céltiga». ¡Novísima literatura gallega! libros en venta. Céltiga. 1ª (48), 32.
Ver catálogo Fonte da dixitalización: Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela;
CARRé ALVARELLOS, L. (10/1950) Teatro gallego. Alborada. 1ª (147), 39.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CARRé ALVARELLOS, L. (1/1954) Castelao na literatura galega. Opinión Gallega. 1ª (147), 9.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CARRé ALVARELLOS, L. (7/1955) Pelengrinos. Orzán. 1ª (7), 7.
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
(7/1955) Nos picoutos de Antoím. Orzán. 1ª (7), 11.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CARRé ALVARELLOS, L. (7/1956) A muller vampiro. Orzán. 1ª (8), 12.
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
(7/1956) Novas publicaciós: Diccionario Galego Castelán de Leandro Carré Alvarellos, «Os fidalgos de Rante» de Alfonso Gayoso Frías e «Contos do Miño» de Eliseo Alonso. Orzán. 1ª (8), 21.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
(1/1963) Conferencia de Leandro Carré Alvarellos. Orientación Gallega. 1ª (9), 8.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
ÁLVAREZ BLáZQUEZ, E. ÁLVAREZ BLáZQUEZ, X. BEIRAS, X. BOUZA BREY, F. CARBALLO CALERO, R. CARRé ALVARELLOS, L. CASARES, C. CHAMOSO LAMAS, M. DóNEGA, M. FERNáNDEZ DEL RIEGO, F. FERNáNDEZ LóPEZ, A. PENZOL, F. FERREIRO, C. FOLE, Á. FRAGUAS, A. FRANCO GRANDE, X. GARCíA DOMíNGUEZ, "BOROBó", R. GARCíA-SABELL, D. GóMEZ ROMáN, M. ISLA COUTO, X. LORENZO FERNáNDEZ, X. LUGRíS, R. RISCO, V. MARTíNEZ-RISCO Y MACíAS, S. MASIDE, X. NAYA PéREZ, J. OTERO PEDRAYO, R. PARGA PONDAL, I. PIñEIRO, R. RíO BARJA, F. SACO, C. SIXTO SECO, A. VIñAS CORTEGOSO, L. SANTIAGO, S. ISLA COUTO, R. GARCíA BODAñO, S. FERRO COUSELO, M. LóPEZ CASANOVA, A. (7/1963) Mensaxe dos intelectuais galegos a don Manoel Puente. Orientación Gallega. 1ª (14), 3.
Ver carta Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CARRé ALVARELLOS, L. (9/1963) A Ofrenda. Orientación Gallega. 1ª (16), 8.
Ver narrativa Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
(2/1964) Gramática galega. Orientación Gallega. 1ª (20), 15.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
(2/1964) Interés pola fala galega. Orientación Gallega. 1ª (20), 15.
Ver noticia Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CARRé ALVARELLOS, L. (6/1964) Segunda resposta a Albino Núñez Domínguez. Orientación Gallega. 1ª (23), 6.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CARRé ALVARELLOS, L. (11/1964) Por la creación de un Teatro Gallego de nuestro tiempo. Orientación Gallega. 1ª (26), 12.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
(12/1964) Os estudantes galegos. Orientación Gallega. 1ª (27), 1, 2.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CARRé ALVARELLOS, L. (12/1964) Para un Teatro gallego de nuestro tiempo II. Orientación Gallega. 1ª (27), 8, 9.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
ÁLVAREZ, R. FERNáNDEZ REI, F. (3/1977) A nosa lingua : Sobre a aprendizaxe do galego. Teima. (16), 32.
Ver nota breve


