Esta achega cronolóxica e documental foi elaborada en 2014 pola Comisión de Igualdade do CCG (hoxe CDIF) en resposta á onda conservadora que facía perigar a Ley de Interrupción Voluntaria del Embarazo, aprobada en 2010. A través das súas propias producións, trae para a memoria as recorrentes loitas articuladas polos feminismos organizados en Galicia desde mediados da década dos setenta do século XX coa intención de acadar un obxectivo: «Aborto libre e gratuíto na Seguridade Social». Faino presentando documentos de diferente tipoloxía que, na súa maioría, proceden do fondo Movemento Feminista Organizado en Galicia (MFOG) do CCG, que desde 2005 non para de medrar dentro da institución que o promove e pode ser consultado por quen así o solicite.
Titulo | Aborto. Corenta anos de mobilizacións |
Publicación | Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega, 2014 |
Edición | 1ª edición |
Descrición física | 71 p.: il., cor (PDF) |
Colección | Sextina; Núm:8 |
Materias | |
Código QR |
|