As follas de Sísifo foi unha revista literaria promovida polo Café Uff de Vigo na primeira metade da década dos 1980. Xorde para dar voz ao activismo de colectivos minoritarios vencellados á cultura alternativa da cidade de Vigo. Chegáronse a publicar 15 números.
O número 5 de As follas de Sísifo é un monográfico que leva por título "Por ser muller..." no que constan como directoras: Nieves, Esperanza, Elda Patricia, P. e J.L.
Este número céntrase na produción de autoras feministas. Presenta textos reivindicativos, máis ou menos intimistas, que abordan cuestións como o patriarcado, o sexismo, o franquismo, a guerra, a pobreza, os roles de xénero, o lesbianismo, a liberdade, as prisións, a loucura, o exilio, a sexualidade, o movemento obreiro, o feminismo.
Os textos orixinais son de Luisa Castro e Margot Chamorro. Tamén hai un conto anónimo e unha selección de poesías, unha entrevista e fragmentos narrativos, en castelán ou traducidos ao galego, de obras de autoras como Ingeborg Bachmann, Simone de Beauvoir, Nancy Cato, Emily Dickinson, Erina, Ericka Huggins, Anaïs Nin, Silvina Ocampo, Cristina Peri-Rossi, Safo, Lou Von Salomé [Lou Andreas-Salomé], Marguerite Yourcenar e Melina Mercouri. Na maioría dos casos inclúense breves notas biográficas sobre elas.

Titulo Por ser muller…[As follas de Sísifo, n.5]
Publicación Vigo: Café Uff,
Edición 1ª edición
Descrición física 36 p. soltas, presentadas nun sobre coa portada da revista. 34 páxinas están numeradas, as dúas centrais sen numerar representan un intermedio, Ilustrada, negro sobre sepia, 32 x 22,5 cm
Notas Localización do orixinal: CDIF (CCG) Fondo hemerográfico . Adquisición por doazón
Depósito Legal Carece
Colección Sextina
Materias
Áreas
Código QR
qr code