Investigación promovida polo Instituto de Ciencias da Familia (INCIFA) e a Universidade de Notre Dame (Indiana). Confronta a perda de falantes do galego na procura de facer unha diagnose que permita revertela. Achégase a familias da provincia de Pontevedra. Presenta unha visión nesgada sobre o lugar das mulleres na transmisión e conservación da lingua facendo recaer, de xeito acrítico, un alto grado de responsabilidade sobre elas. Presta particular atención ás que nomea como “amas de casa” e conta coa participación de seiscentas entrevistadas. Convértese así nunha fonte de datos axeitada sobre as formas de uso do galego como lingua vehicular por parte de nais de familias da Provincia de Pontevedra en 1974. Unha achega ás formas nas que articulan os seus procesos identitarios atendendo a lingua como elemento diferencial na construción da identidade galega.

Realizada cun equipo de investigador dirixido por Margarita Ayestaran Aranaz e Justo de la Cueva Alonso, e que ten como membros a Daniel Parrilla Casaleiro e a Guillermina Ayestaran Aranaz. Conta tamén cun equipo de realización que ten a Manuel Rodríguez Reguera como director do traballo de Campo e un equipo de entrevistadores e entrevistadora formado por: Manuel Álvarez Martínez, Francisco Ramón Armán Barcia, Manuel Costas Reyau, Jose Manuel Cotelo Amado, José Manuel Faro de Cela, María del Carmen Flores Sánchez, Antonio Gude Rivas, José Luis Martínez Souto, Luciano Sánchez Calvo, José Antonio Santiago Villar e Alberto Suárez Villar.

[Data de comunicación: decembro 2025]

Titulo familias de la provincia de Pontevedra en 1974, Las
(Galleguidad y Conflicto Lingüistico Gallego)
Dirección Justo de la Cueva Alonso
Margarita Ayestarán Aranaz
Publicación Sevilla: Instituto de Ciencias de la Familia, 1974
Edición 1ª edición
Descrición física 126, XI p.: il., cor; 31 cm
Notas Fonte: Exemplar da Biblioteca do CCG [CI/AYE/fam]

Dispoñible baixo licenza CC BY-SA en: https://justodelacueva.org/s/JCDAG/item/7089
Depósito Legal M 37379-1974
Colección Sextina
Materias
Áreas
Código QR
qr code