Catálogo co que a Secretaría da Muller da CXTG conmemora o Día da Muller Traballadora do ano 1990. Componse coas pezas que conformaron a exposición fotográfica que, co mesmo título tivo lugar en Vigo en torno ao 8 de Marzo do ano anterior.
Exposición e catálogo reflicten en imaxes e textos a presenza de obreiras e traballadoras nas oito primeiras décadas do século XX; no agro, no mar, na gandería, na industria e tamén na defensa e loita da terra.
As imaxes máis antigas proceden do Arquivo de Pontevedra e están firmadas por Pedro Ferrer, José Pardo Reguera, Otto Wunderlich, Joaquin Pintos, José Suárez, Llanos, Julio F. de los Ríos e Enrique Saravia. As fotografías da década de setenta e oitenta son obra de: Xurxo Lobato, Raquel, Xulio Gil, Demi Álvarez, Sebastiao Salgado, Josep Gol, Manuel Sendón, Anna Turbau e Chus García
Os textos son de: Moncha Fuentes, Margarita Ledo, Rosalía Castro, María Mariño, Luz Pozo, Xohana Torres, María do Carme Krukenberg e Xela Arias.

![Portada de Por ser muller…[As follas de Sísifo, n.5]](http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_198X_Por-ser-muller-As-follas-de-Sisifo-5.jpg)