Arquivo Multimedia O equilibrio dos extremos
O equilibrio dos extremos
O equilibrio dos extremos
O equilibrio dos extremos
25 episodios
2021 produción
Audio / Podcast

O equilibrio dos extremos

O día 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Poesía. Neste abrente primaveral dun ano de desacougos, incertezas e esperanzas e, ao fío do nomeamento de Xela Arias como figura homenaxeada do Día das Letras 2021, o Consello da Cultura Galega quere abrir un diálogo literario entre novas voces poéticas e a da autora viguesa. Porque ambicionamos ese equilibrio dos extremos que perseguiu sempre Xela Arias, asumímolo canda ela como un desafío permanente e contraditorio -por imposible- e facémolo á escoita deste diálogo entre os versos que 12 escritoras e escritores nacidos a partir da década dos oitenta imaxinaron en conversa íntima con cadanseu poema de Xela Arias, que eles e elas mesmas seleccionaron.

Os textos chegan a nós, lizgairos e senlleiros, nas propias voces que os crearon mais fálannos tamén dende a materialidade do texto e da imaxe e, ao tempo, arman un agasallo comunal, un macrotexto colectivo, integrados (e desintegrados) na videocreación encargada á produtora Miramemira que podes gozar tamén neste web

Soñamos este proxecto coa convicción de que a poesía pode ser un lugar de (re)encontro dende o que asomarnos, aínda que sexa por un intre, a ese anceiado equilibrio imposible. Para sentirmos a súa vertixe latexando nos versos de Lois Alcayde Dans, Tamara Andrés, Antón Blanco, Alba Cid, Berta Dávila, Alicia Fernández, Rosalía Fernández Rial, Miriam Ferradáns, Gonzalo Hermo, Oriana Méndez, Arancha Nogueira e Ismael Ramos. Co acompañamento do eco inmorredoiro da palabra de Xela Arias.
Episodios — 25
O equilibrio dos extremos Vídeo 1
O equilibrio dos extremos
O día 21 de marzo conmemórase o Día Mundial da Poesía. Ao fío do nomeamento de Xela Arias como figura homenaxeada do Día das Letras 2021, o Consello da Cultura Galega quere abrir un diálogo literario entre novas voces poéticas e a da autora viguesa.
s/t Audio 2
s/t
Parín sen dor Audio 3
Parín sen dor
<i>Lava, luz de Bengala</i> Audio 4
Lava, luz de Bengala
s/t Audio 5
s/t
Unha nova atea Audio 6
Unha nova atea
s/t Audio 7
s/t
Huis Clos Audio 8
Huis Clos
Vente Audio 9
Vente
Dos ximnetes nas cuíñas a quen lles descía polos ollos unha sombra de caeren mortos Audio 10
Dos ximnetes nas cuíñas a quen lles descía polos ollos unha sombra de caeren mortos
Soldados Audio 11
Soldados
A froita Audio 12
A froita
s/t Audio 13
s/t
Onde aplaque a marea Audio 14
Onde aplaque a marea
Que lugar Audio 15
Que lugar
Na xanela desde marzo Audio 16
Na xanela desde marzo
Na xanela desde abril Audio 17
Na xanela desde abril
(s/t) Audio 18
(s/t)
s/t Audio 19
s/t
espazo en branco Audio 20
espazo en branco
s/t Audio 21
s/t
s/t Audio 22
s/t
s/t Audio 23
s/t
A rabia Audio 24
A rabia
II. Monólogo adicto Audio 25
II. Monólogo adicto