Arquivo Multimedia › Idas e vidas
Idas e vidas
Idas e vidas
Idas e vidas
10 episodios
2026 produción
Audio / Podcast

Idas e vidas

Nesta escolma feita a partir do Álbum de Galicia vogamos, desta vez coa voz de Raquel Besteiro, a través de dez vidas que se atopan na súa vontade de trascender fronteiras territoriais, sociais e políticas.
Episodios — 10
Mercedes Mariño: primeira galega nun jazz emerxente Podcast 1
Mercedes Mariño: primeira galega nun jazz emerxente
Unha vida marcada por unha prolífica carreira escénica nas Américas que remata en Conxo, onde as historias do seu suxestivo pasado son interpretadas como delirios. Mercedes Mariño nace en Monforte e pasa por Cuba, Nova York e Madrid; amosando desde moi nova a súa habilidade para a música e o teatro.
Sarmiento de Gamboa: a cartografía do imposible Podcast 1
Sarmiento de Gamboa: a cartografía do imposible
As supostas illas do ouro, as expedicións polo Pacífico sur e o estreito de Magallanes forman parte das aventuras de Pedro Sarmiento de Gamboa.
María Casares: a vida como escenario Podcast 2
María Casares: a vida como escenario
María Casares marchou ao exilio en Francia con 13 anos e acabou conquistando os escenarios europeos. Actriz extraordinaria, fixo do teatro o seu lugar no mundo e do exilio unha patria propia.
Jesús Bal y Gay: unha patria feita de sons Podcast 3
Jesús Bal y Gay: unha patria feita de sons
Foi na procura das cancións que cantaba Galicia como Bal y Gay acabou construíndo unha das grandes coleccións da nosa música popular. Ao tempo, abriu camiño no eido da música clásica, que o levou a vencellarse con figuras como Stravinsky.
Ilduara Eriz: alén dos límites Podcast 4
Ilduara Eriz: alén dos límites
Fundou Celanova, promoveu un mosteiro para mulleres, xestionou un amplo patrimonio e tomou decisións de grande autonomía para unha muller da época.
Manuel de Castro: entre a crónica e o deporte Podcast 5
Manuel de Castro: entre a crónica e o deporte
Manuel de Castro, coñecido como Handicap, viviu o deporte desde tódolos ángulos. Foi futbolista, adestrador, árbitro e xornalista. Defendeu a creación do Celta e da selección galega, e levou o fútbol galego ata os Xogos Olímpicos de Amberes de 1920.
Sofía Casanova: a contradición maila lucidez Podcast 6
Sofía Casanova: a contradición maila lucidez
Pode alguén que contou a Revolución rusa e as dúas guerras mundiais, denunciando a violencia que sufría a poboación civil, rematar por apoiar o golpe franquista do 1936? A mirada crítica de Sofía Casanova non estivo libre de contradicións, malia ter a lucidez dunha muller comprometida coa súa época.
Syra Alonso: o persoal é político Podcast 7
Syra Alonso: o persoal é político
Testemuña directa da violencia que a ditadura quixo ocultar, narrou nos seus diarios o asasinato do seu compañeiro, o pintor Francisco Miguel, a loita desesperada por salvalo e a fuxida de Galicia cos seus tres fillos.
María Vinyals y Ferrés: a Marquesa Vermella Podcast 8
María Vinyals y Ferrés: a Marquesa Vermella
Aínda que contradictorio para unha nobre, chamábanlle a Marquesa Vermella. Nacida no castelo de Soutomaior, María Vinyals pasou da aristocracia ao activismo socialista. Escritora e pioneira do feminismo galego, defendeu o sufraxio, a igualdade de dereitos e a educación das mulleres.
Felicia Auber: escribindo o caribe cubano Podcast 9
Felicia Auber: escribindo o caribe cubano
Aos dezaoito anos publicou a súa primeira novela e chegou a ter un teatro propio na Habana. Felicia Auber desenvolveu a escritura, a tradución e o xornalismo; e foi desde a prensa que defendeu a educación das mulleres, a súa independencia intelectual e o dereito a desenvolver un pensamento propio.