Ramón Villar Ponte
Viveiro (Lugo), 10/ 7/1890 - A Coruña, 14/9/1953Autoría: Emilio Xosé Insua López
Foi o cuarto dos fillos do casal formado polo emigrante enriquecido Ponciano Villar Bermúdez e Melchora Ponte
Ramón estudou o bacharelato por libre no Instituto de Lugo e superou o preparatorio de Filosofía e Letras en Compostela, onde participou de xeito destacado nunha campaña estudantil que rexeitaba a negativa dos académicos da Real Academia Española a aceptar o ingreso na Corporación da condesa de Pardo Bazán. Redimido «a metálico» do servizo militar, estudou Filosofía e Letras na Universidad Central en Madrid (1912 1916), tendo entre os seus profesores a Menéndez Pidal e a Asín Palacios. Nesta época, Ramón concibiu co seu irmán Antón a idea de crear unha asociación para loitar contra a marxinación e a estigmatización social do idioma galego, as futuras Irmandades da Fala.
Das visitas ao domicilio do seu irmán Antón e de Micaela Chao, xorde a relación coa cuñada deste, Teresa Chao Maciñeira, con quen casa en marzo de 1919 e coa que ten tres fillos.
Na etapa inicial das Irmandades, Ramón desempeña un papel importante como activo membro do seu Comité de Acción Galeguista e como organizador do propio grupo coruñés. En decembro de 1917, fai parte da delegación que se despraza a Cataluña para negociar unha alianza coa «Lliga» catalanista de Cambó de cara ás eleccións de febreiro de 1918. Intervén, ademais, en moitos mitins de espallamento e escribe asiduamente en A Nosa Terra, cunha liña ideolóxica moi firme, claramente rupturista co Rexionalismo e defensora da praxe monolingüe en todos os ámbitos.
A maioría dos seus artigos desta época en A Nosa Terra poñen de relevo a importancia do idioma como signo distintivo da nación galega, critican o centralismo unitarista e o imperialismo asimilista do Estado español, ridiculizan a actitude dos representantes dos distritos galegos nas Cortes, atacan o mal do localismo, reclaman o reinicio das obras do ferrocarril da costa e outras medidas favorecedoras da economía galega, aplauden os avances e reivindicacións do catalanismo e esculcan a realidade europea e mundial, marcada pola Primeira Guerra Mundial e polo Tratado de Versalles, á procura de feitos e actitudes das pequenas nacionalidades asoballadas que puidesen servir de guía ou exemplo na loita emancipatoria galega.
Na súa etapa ferrolá, Ramón promove con Xaime Quintanilla e Nicolás García Pereira, entre outros, o grupo irmandiño local, colabora co seu voceiro de prensa, o Boletín Mensual da Irmandade da Fala do Ferrol, e faise accionista da revista cultural ourensá Nós, que promove Vicente Risco. Na editora Céltiga traballa como xerente e contribúe a poñer na rúa un total de quince volumes, entre os cales cómpre citar a peza Almas mortas do seu irmán Antón ou Un ollo de vidro de Castelao. Algunhas das súas colaboracións en A Nosa Terra nesta época preséntanse asinadas co pseudónimo Clodio Espasende e outras moitas son reproducidas polos xornais galaico-cubanos Terra Gallega, Heraldo de Galicia e Eco de Galicia.
Estivo presente e activo nas tres primeiras asembleas das Irmandades; na IV, a de Monforte (1922), adhírese ás teses de Risco e ingresa na Irmandade Nazonalista Galega (ING), e crea unha agrupación desta en Viveiro. Ao ano seguinte é comanditado pola V Asemblea Nacionalista para estudar con Xaime Quintanilla a posibilidade de crear unha Confederación do Traballo Galego, para integrarse no Comité Executivo da Confederación Agraria Galega e para manter contactos cos núcleos nacionalistas da colonia galega emigrada en Cuba. Nesta mesma época, rexistramos a súa presenza como articulista no xornal ourensán La Zarpa, no diario Galicia de Vigo e no boletín betanceiro Rexurdimento.
Durante a ditadura de Primo de Rivera, é dos poucos dirixentes da ING que dá mantido, en Viveiro, a continuidade dun grupo local nacionalista organizado, mais, dadas as limitacións para a acción política existentes, centra o seu traballo no labor xornalístico, enviando correspondencias de tema galego aos xornais madrileños El Sol e La Voz e colaborando asiduamente co Galicia de Paz-Andrade.
Ingresa, ademais, no Seminario de Estudos Galegos o 12 de febreiro de 1927 co traballo O sentimento nazonalista e o internazonalismo, que, lido na correspondente sesión por Xavier Prado en nome do autor, sería publicado logo durante o primeiro semestre de 1929, en catro entregas aínda que de xeito incompleto, nas páxinas de A Nosa Terra.
Por estes anos ditatoriais, colabora coa revista Céltiga de Bos Aires, co xornal galaico-arxentino A Fouce, de liña ideolóxica «arredista», e mais coa revista bonaerense Alborada; ademais de realizar moitos outros traballos soltos, case sempre de temática política, máis unha vez.
Ramón actúa, ademais, a xeito de ponte entre o nacionalismo que permanece á expectativa, nunha posición accidentalista, e o que, en troques, ingresa na Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) e aposta claramente pola mudanza de réxime, seguindo as orientacións do seu irmán Antón.
Unha vez proclamada a Segunda República, Ramón Villar Ponte é designado alcalde en abril por orde gobernativa e exerce como tal ata outubro de 1931. Nese tempo ten que padecer o «entrismo» no seu partido de elementos da «vella política» caciquil local (como é o caso do ex-alcalde José Santiago Seijo) e a hostilidade dos concelleiros e das organizacións socialistas, que entenden que o seu desempeño da alcaldía non responde axeitadamente ás demandas da clase obreira en diversos conflitos en que lle tocou facer de mediador. Esta dura experiencia política na alcaldía, unida ás súas fondas conviccións relixiosas, empúrrano a abandonar a ORGA, afiliarse ao Partido Galeguista (PG) a comezos de 1932 e a se converter nun dos galeguistas probablemente máis decididamente contrarios a calquera pacto do seu partido con Casares Quiroga, por unha banda, e coas forzas obreiras e/ou esquerdistas, pola outra.
Polo seu «arredismo» e pola publicación en 1933 do Breviario da Autonomía, exerceu Ramón, non obstante, algunha influencia de peso dentro da Federación de Mocidades Galeguistas (Celso Emilio Ferreiro, Xaime Isla Couto, Fernández del Riego, etc.) e, de feito, asistiu, cos seus 44 anos cumpridos, á asemblea constituínte desta, en 1934, e colaborou coa revista mindoniense Galiza, impulsada polo mozo Álvaro Cunqueiro. Tamén foi dos escasos galeguistas con carné que colaborou no boletín Alento, auspiciado en Compostela por Álvaro de las Casas, neste caso co artigo «Cousas do centralismo. A uniformidade docente» (núm. 4, 1934).
Cando se debate a participación do PG na Fronte Popular, a súa oposición a esa alianza convérteo en elemento marxinado ata no seu propio agrupamento local viveirense, dirixido agora por unha nova fornada de mozos (Balbino Cerdeiras, César Parapar Sueiras, Xavier Soto Valenzuela, etc.), e nas votacións internas do PG para a elaboración de candidaturas fica no posto 23, o que o deixa fóra destas. Ao falecer o seu irmán Antón en marzo de 1936, Ramón e a súa muller Teresa fanse cargo dos seus sobriños, Tonecho e Meliña. Ramón, que reduce agora a súa dimensión pública ao mínimo, envía non obstante a súa adhesión á xuntanza fundacional dunha Asociación de Escritores de Galicia e publica algún artigo proautonomista nos días previos ao referendo do 28 de xuño de 1936, como «Diante do plebiscito», que veu a lume en La Voz de Galicia o día 12 dese mes.
Despois da morte da súa tía Clementina, Ramón trasladouse definitivamente en 1942 á Coruña, cidade exemplo obxecto de iras represoras físicas, das que se zafara ata ese momento. Ramón dá aulas, para sobrevivir, en varios colexios privados coruñeses (Dequidt, Josefinas...) e asiste ao faladoiro do bar Asturias para conversar con Juan Naya, Federico Zamora, Alfonso Tobío ou o pintor Abelenda. Na soidade do seu gabinete, alleo aos intentos de reorganización clandestina do galeguismo que protagonizan os homes da futura editorial Galaxia, escribe artigos de contido nacionalista para a prensa galega do exilio, que publica co pseudónimo Licenciado Pravio; traballa na redacción de varios proxectos ensaísticos e literarios; elabora guións de radio para o Galician Programme da BBC, onde traballaba como locutor Plácido R. Castro; e, por último, redacta a monografía Días, hechos y hombres de la Real Academia Gallega, que se edita en 1953 e en castelán, seguindo directrices da propia entidade, presidida nesa altura por un vello detractor das Irmandades e ex-alcalde coruñés en dúas ocasións, Manuel Casás Fernández.
Como citar: Insua López, Emilio Xosé : Ramón Villar Ponte. Publicado o 2/3/2016 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=4154. Recuperado o 20/04/2024
Ramón Villar Ponte
Viveiro (Lugo), 10/ 7/1890 - A Coruña, 14/9/1953Autoría: Patricia Arias Chachero
Tenaz xornalista e incansable divulgador do ideario nacionalista
De regreso a Galicia idea con Antón as Irmandades da Fala, a cuxo acto fundacional, no local da Academia Galega, asiste o 18 de maio, figurando desde ese mesmo día como asociado. De lle facermos caso ao seu irmán, aínda que sempre ocupou un segundo plano, a idea sería de feito del. Galeguista, republicano e demócrata comprometido, a partir dese momento dedícase con convencemento a propagar as demandas galeguistas e o ideario das Irmandades. A finais de 1917 viaxa a Barcelona para selar un pacto coa Lliga Catalanista de Cambó de cara ás eleccións de febreiro de 1918. Tras o fracaso electoral asina, en novembro do 18, o Manifesto da Asemblea de Lugo onde se emprega por primeira vez o termo
nacionalismo.
Desde esta posición de compromiso sen físgoas, participa en mitins e actos públicos e colabora asiduamente nas páxinas do voceiro das irmandades, A Nosa Terra, onde defende apaixonadamente o nacionalismo, o monolingüísmo e a importancia da unión dos pobos irmáns, Galicia e Portugal. En outubro de 1920 ambos irmáns colaboran na aparición da revista Nós, onde Ramón publicará apenas tres traballos: «Lembranza. Elexía do bon irlandés» aparecido en 1921, «Berros do Alén» (nº 9) e «Unhas liñas históricas. O epílogo da traxedia mindoniense» (nº 100). Os dous primeiros son breves textos poéticos de corte romántico, que enxalzan o pobo irlandés, a súa historia e o seu carácter. O terceiro, pouco máis longo que os anteriores, céntrase na figura de Constanza de Castro, unha das fillas de Pardo de Cela, que tentou vingar a morte de seu pai.
En 1921 asume a dirección do diario O Correo Gallego, instálase en Ferrol e funda co seu grande amigo Xaime Quintanilla a Irmandade da Fala desta cidade. Desde as páxinas do xornal que dirixe continúa defendendo as ideas nacionalistas, o que fai que poucos meses despois sexa obrigado a dimitir. O frutífero contacto co grupo ferrolán lévao a aceptar a xerencia de Céltiga, a primeira editorial nacionalista, precursora de Lar e Nós, na que axuda a publicar quince volumes, entre eles Almas mortas de seu irmán Antón. A finais dese ano publica o texto Doctrina nazoalista, con limiar de José Puig Cadafalch, presidente da mancomunidade catalá. Nas súas páxinas, e a diferenza de Vicente Risco na súa Teoría do nacionalismo galego (1920), o autor sitúa no folclore e na lingua os alicerces da nación galega. Castelao recoñece no seu Sempre en Galiza a influencia que esta obra tivo nel.
Na Asemblea de Monforte de 1922 mantense, como o seu irmán, ao lado de Risco, e colabora na creación da Irmandade Nacionalista Galega. Pouco despois crea en Viveiro un grupo nacionalista baixo a delegación da ING. Na Asamblea da Coruña do 23 responsabilízase das relacións con Cuba, e ese mesmo ano actúa como delegado en Viveiro do Comité Executivo da Confederación Agraria Galega. Coa ditadura de Primo de Rivera refúxiase na acción cultural e na reflexión teórica, e neses anos escribe O sentimento nazonalista e o internazonalismo, co que ingresa no Seminario de Estudos Galegos en 1927. O texto publicouse un par de anos despois, por entregas, en A NosaTerra.
De 1927 é tamén Historia sintética de Galicia, obra coa que Ánxel Casal bota a andar a editorial Nós. Trátase dun manual pedagóxico con prólogo de Vicente Risco, que procura resaltar os valores do pobo galego dentro dun ideario nacionalista. Inclúe un sucinto percorrido pola nosa historia desde a prehistoria ata a fundación das Irmandades, onde salienta o papel de A nosa afirmación rexional, do seu irmán Antón, que, para Ramón Villar Ponte, marca o paso do galeguismo ao nacionalismo.
Xornalista contumaz, nos anos vindeiros colabora en xornais como El Sol e La Voz de Madrid, e en Galicia, A Fouce e El Pueblo Gallego. Desencantado dos desencontros entre os nacionalistas, abraza a causa do republicanismo e no 29, seguindo as indicacións de Antón, participa na fundación da ORGA. Ao proclamarse a Segunda República acepta durante uns meses a alcaldía de Viveiro, cargo que ocupa ata outubro de 1931, pero axiña se afasta da ORGA e apoia con decisión a reorganización do nacionalismo galego. En 1932 afíliase ao Partido Galeguista de Viveiro e no 34 participa na fundación da Federación de Mocedades Galeguistas, o que lle dá a oportunidade de relacionarse cos máis novos. Entrementres, publícase a súa terceira obra importante, tamén en Nós, o ensaio, Breviario da Autonomía (1933), no que divulga a posición do PG respecto da necesidade de aprobar o estatuto de autonomía e as vantaxes que isto traerá para o pobo galego. O volume, con portada de Xurxo Lorenzo, está dedicado a Pedrayo, Castelao e Risco,
tres faros xurdiamente luminosos do roteiro que a Galiza anda a percorrere en procura da sua liberdade.
Aínda que non ve con bos ollos o pacto do PG con Izquierda Republicana e o ingreso na Fronte Popular, mantense fiel á idea de que todos os nacionalistas deben permanecer unidos, non secunda Dereita Galeguista e participa activamente na campaña pro estatuto.
En 1935, a editorial Nós publica a obra dramática Dous folk-dramas de W.B. Yeats, que inclúe dúas pequenas pezas, «Catuxa de Houliham» e «O país da saúdade» traducidas do inglés por Plácido Castro e os irmáns Villar Ponte, cunha intención claramente proselitista.
Tras o pasamento de Antón en marzo de 1936, participa na fundación da Asociación de Escritores de Galicia. O seu catolicismo librouno durante a guerra, refuxiouse en Viveiro onde participa nos faladoiros dos membros de Acción Católica e destacados falanxistas locais, como Leal Insua ou Noriega Varela.
En 1942 trasládase coa súa muller, os seus fillos e os seus sobriños -os fillos de Antón, dos que se fai cargo tras á morte do pai-, á Coruña, onde sobrevive impartindo aulas en distintos colexios privados. Non abandona nunca o traballo intelectual, e en 1946 gaña o primeiro premio nos Xogos Florais de Betanzos co romance histórico Mandeu. Un ano despois, resulta elixido académico e en 1951 ingresa oficialmente na institución cun discurso, en galego, titulado «A xeración do 16», que responde Cabanillas. Nos anos 50 permanece á marxe do grupo Galaxia e segue colaborando na prensa galega e na de América, onde utiliza con frecuencia o pseudónimo Licenciado Pravio; antes da guerra, asinara en A Nosa Terra como Clodio Espasende. Nas emisións da BBC londiniense lense tamén traballos seus. En 1953 publica unha breve historia da Academia, titulada Días, hechos y hombres de la Real Academia Gallega.
Faleceu na Coruña o 14 de novembro de 1953, deixando inéditas varias obras.
Obra
En galego
Doctrina nazoalista (1921)
Historia sintética de Galicia (1927)
Breviario da Autonomía (1933)
A xeración do 16 (1977)
En castelán
Días, hechos y hombres de la Real Academia Gallega (1953)
Tradución
Dous folk-dramas de W.B. Yeats (Con Antón Villar Ponte e Plácido Castro) (1935)
Bibliografía
Beramendi, Justo G. (ed.) (1991): Obra política de Ramón Villar Ponte. Sada: Ediciós do Castro.
Ínsua López, Emilio X. (2004): Antón e Ramón Villar Ponte: unha irmandade alén do sangue. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. (Cadernos Ramón Piñeiro, VII)
Vilavedra, Dolores (coord.) (1995): Diccionario da literatura galega. I: Autores. Vigo: Galaxia.
Como citar: Arias Chachero, Patricia : Ramón Villar Ponte. Publicado o 2/6/2020 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=4154. Recuperado o 20/04/2024
Ramón Villar Ponte
Viveiro (Lugo), 10/ 7/1890 - A Coruña, 14/9/1953Autoría: Patricia Arias Chachero
Tenaz xornalista e incansable divulgador do ideario nacionalista
De regreso a Galicia idea con Antón as Irmandades da Fala, a cuxo acto fundacional, no local da Academia Galega, asiste o 18 de maio, figurando desde ese mesmo día como asociado. De lle facermos caso ao seu irmán, aínda que sempre ocupou un segundo plano, a idea sería de feito del. Galeguista, republicano e demócrata comprometido, a partir dese momento dedícase con convencemento a propagar as demandas galeguistas e o ideario das Irmandades. A finais de 1917 viaxa a Barcelona para selar un pacto coa Lliga Catalanista de Cambó de cara ás eleccións de febreiro de 1918. Tras o fracaso electoral asina, en novembro do 18, o Manifesto da Asemblea de Lugo onde se emprega por primeira vez o termo
nacionalismo.
Desde esta posición de compromiso sen físgoas, participa en mitins e actos públicos e colabora asiduamente nas páxinas do voceiro das irmandades, A Nosa Terra, onde defende apaixonadamente o nacionalismo, o monolingüísmo e a importancia da unión dos pobos irmáns, Galicia e Portugal. En outubro de 1920 ambos irmáns colaboran na aparición da revista Nós, onde Ramón publicará apenas tres traballos: «Lembranza. Elexía do bon irlandés» aparecido en 1921, «Berros do Alén» (nº 9) e «Unhas liñas históricas. O epílogo da traxedia mindoniense» (nº 100). Os dous primeiros son breves textos poéticos de corte romántico, que enxalzan o pobo irlandés, a súa historia e o seu carácter. O terceiro, pouco máis longo que os anteriores, céntrase na figura de Constanza de Castro, unha das fillas de Pardo de Cela, que tentou vingar a morte de seu pai.
En 1921 asume a dirección do diario O Correo Gallego, instálase en Ferrol e funda co seu grande amigo Xaime Quintanilla a Irmandade da Fala desta cidade. Desde as páxinas do xornal que dirixe continúa defendendo as ideas nacionalistas, o que fai que poucos meses despois sexa obrigado a dimitir. O frutífero contacto co grupo ferrolán lévao a aceptar a xerencia de Céltiga, a primeira editorial nacionalista, precursora de Lar e Nós, na que axuda a publicar quince volumes, entre eles Almas mortas de seu irmán Antón. A finais dese ano publica o texto Doctrina nazoalista, con limiar de José Puig Cadafalch, presidente da mancomunidade catalá. Nas súas páxinas, e a diferenza de Vicente Risco na súa Teoría do nacionalismo galego (1920), o autor sitúa no folclore e na lingua os alicerces da nación galega. Castelao recoñece no seu Sempre en Galiza a influencia que esta obra tivo nel.
Na Asemblea de Monforte de 1922 mantense, como o seu irmán, ao lado de Risco, e colabora na creación da Irmandade Nacionalista Galega. Pouco despois crea en Viveiro un grupo nacionalista baixo a delegación da ING. Na Asamblea da Coruña do 23 responsabilízase das relacións con Cuba, e ese mesmo ano actúa como delegado en Viveiro do Comité Executivo da Confederación Agraria Galega. Coa ditadura de Primo de Rivera refúxiase na acción cultural e na reflexión teórica, e neses anos escribe O sentimento nazonalista e o internazonalismo, co que ingresa no Seminario de Estudos Galegos en 1927. O texto publicouse un par de anos despois, por entregas, en A NosaTerra.
De 1927 é tamén Historia sintética de Galicia, obra coa que Ánxel Casal bota a andar a editorial Nós. Trátase dun manual pedagóxico con prólogo de Vicente Risco, que procura resaltar os valores do pobo galego dentro dun ideario nacionalista. Inclúe un sucinto percorrido pola nosa historia desde a prehistoria ata a fundación das Irmandades, onde salienta o papel de A nosa afirmación rexional, do seu irmán Antón, que, para Ramón Villar Ponte, marca o paso do galeguismo ao nacionalismo.
Xornalista contumaz, nos anos vindeiros colabora en xornais como El Sol e La Voz de Madrid, e en Galicia, A Fouce e El Pueblo Gallego. Desencantado dos desencontros entre os nacionalistas, abraza a causa do republicanismo e no 29, seguindo as indicacións de Antón, participa na fundación da ORGA. Ao proclamarse a Segunda República acepta durante uns meses a alcaldía de Viveiro, cargo que ocupa ata outubro de 1931, pero axiña se afasta da ORGA e apoia con decisión a reorganización do nacionalismo galego. En 1932 afíliase ao Partido Galeguista de Viveiro e no 34 participa na fundación da Federación de Mocedades Galeguistas, o que lle dá a oportunidade de relacionarse cos máis novos. Entrementres, publícase a súa terceira obra importante, tamén en Nós, o ensaio, Breviario da Autonomía (1933), no que divulga a posición do PG respecto da necesidade de aprobar o estatuto de autonomía e as vantaxes que isto traerá para o pobo galego. O volume, con portada de Xurxo Lorenzo, está dedicado a Pedrayo, Castelao e Risco,
tres faros xurdiamente luminosos do roteiro que a Galiza anda a percorrere en procura da sua liberdade.
Aínda que non ve con bos ollos o pacto do PG con Izquierda Republicana e o ingreso na Fronte Popular, mantense fiel á idea de que todos os nacionalistas deben permanecer unidos, non secunda Dereita Galeguista e participa activamente na campaña pro estatuto.
En 1935, a editorial Nós publica a obra dramática Dous folk-dramas de W.B. Yeats, que inclúe dúas pequenas pezas, «Catuxa de Houliham» e «O país da saúdade» traducidas do inglés por Plácido Castro e os irmáns Villar Ponte, cunha intención claramente proselitista.
Tras o pasamento de Antón en marzo de 1936, participa na fundación da Asociación de Escritores de Galicia. O seu catolicismo librouno durante a guerra, refuxiouse en Viveiro onde participa nos faladoiros dos membros de Acción Católica e destacados falanxistas locais, como Leal Insua ou Noriega Varela.
En 1942 trasládase coa súa muller, os seus fillos e os seus sobriños -os fillos de Antón, dos que se fai cargo tras á morte do pai-, á Coruña, onde sobrevive impartindo aulas en distintos colexios privados. Non abandona nunca o traballo intelectual, e en 1946 gaña o primeiro premio nos Xogos Florais de Betanzos co romance histórico Mandeu. Un ano despois, resulta elixido académico e en 1951 ingresa oficialmente na institución cun discurso, en galego, titulado «A xeración do 16», que responde Cabanillas. Nos anos 50 permanece á marxe do grupo Galaxia e segue colaborando na prensa galega e na de América, onde utiliza con frecuencia o pseudónimo Licenciado Pravio; antes da guerra, asinara en A Nosa Terra como Clodio Espasende. Nas emisións da BBC londiniense lense tamén traballos seus. En 1953 publica unha breve historia da Academia, titulada Días, hechos y hombres de la Real Academia Gallega.
Faleceu na Coruña o 14 de novembro de 1953, deixando inéditas varias obras.
Obra
En galego
Doctrina nazoalista (1921)
Historia sintética de Galicia (1927)
Breviario da Autonomía (1933)
A xeración do 16 (1977)
En castelán
Días, hechos y hombres de la Real Academia Gallega (1953)
Tradución
Dous folk-dramas de W.B. Yeats (Con Antón Villar Ponte e Plácido Castro) (1935)
Bibliografía
Beramendi, Justo G. (ed.) (1991): Obra política de Ramón Villar Ponte. Sada: Ediciós do Castro.
Ínsua López, Emilio X. (2004): Antón e Ramón Villar Ponte: unha irmandade alén do sangue. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. (Cadernos Ramón Piñeiro, VII)
Vilavedra, Dolores (coord.) (1995): Diccionario da literatura galega. I: Autores. Vigo: Galaxia.
Como citar: Arias Chachero, Patricia : Ramón Villar Ponte. Publicado o 2/6/2020 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=4154. Recuperado o 20/04/2024
DOCUMENTACIÓN DE
«Curros Enríquez, o poeta da libertade», artigo de R. Villar Ponte
¡A libertade! Eis o “leit-motiv” que se perfía e destaca ao longo de toda a obra do poeta nado en Celanova. Continuamente, como unha obsesión prisada no espírito de Curros Enríquez cando aínda tiña moi poucos anos, a arela de combatir sin acougo todo o que fose ou semellase crebamento de cadeas, derrubamento de obstáculos, oposición a coutamentos que impediran a ceibe manifestación da alma individual ou colectiva, anima e dá tono e cerne á labuora que Curros desenvolve ao longo do seu vivir. Fidel ao seu tencionamento altruísta de ser soldado arriscado de toda causa liberadora, os feitos de vivir de Curros, que as súas obras reflexan de xeito condigno e relevante, son todo un programa emancipador. Como o poeta de Weimar, que esporado polo afán de vivir reclamaba, ao chegar o seu pasamento: “¡Luz, máis luz!”, asemade o poeta de Celanova non deixa de berrar, con berros saídos do máis fondo: “¡Libertade, libertade!”, xa que a través de tódalas composicións súas, esa arela acoradora se fai presente, para non deixalos até o derradeiro da súa carreira vital.
Tal apetenza, tal degoiro de ceibar cadeas, e crebar grilóns coutadores - que iso e non outra cousa é o sentimento da libertade - se manifesta en Curros cando deschoe os seus ollos á luz. Sin gran arriscamento se pode afirmar que o degaro da libertade é conxénito co poeta das tríadas fungadoras.
Na poesía titulada “Introducción”, que abre as páxinas do libro Aires da miña terra, Curros canta a lingua vernácula con aquel seu fervor e aquel seu tono vibrante con que decote soupo producirse en gran parte da súa obra. E, honorándose, Curros di da lingua que será para el instrumento axeitado co que lles falará
da Patria ós desterrados
De liberdade e redención ós servos.
Mais cando Curros escribía estes versos, tempo faguía que el adeprendera a sentir o degoiro da liberdade e que, ao seu conxuro, el escomezara a expor na súas composicións como a arela alta o anceio perenne e firme do que seu faguer na vida, era traballar arreo, co esforzo invencíbel de un predestinado, para que ela, a libertade, chegase a todos - homes e pobos - e porque ela presidira as grandes decisións a se sucederen.
Curros decatándose de que na súa frente escintilea a estrela dos predestinados e escolleitos, da que el logo falou nos seus versos, sinte a necesidade de cantar. Mais os seus cantos non son de cote, os cantos ledos do triunfador, que adoitan deixaren nos labres a dozura vivificante e gorentadora. Son, con frecuenza de abondo, os cantos tristeiros do ilota que busca o consolo na exteriorización das súas mágoas. E son ás vegadas, como laios dóridos a saíren da entraña do servo, apreixado baixo a pouta de tódalas inxustizas, que prega, increpa e berra, aos catro ventos, para espertar a ollada agarimosa dos espíritos beneméritos abranguendo deles a perentoria e humanitaria axuda que terá de faguer o miragre:
E os galegos entangarañidos
vivirán desentangarañados.
E así el nos dá en herdo, esa xoia da poesía galega, o libro titulado Aires da miña terra. Nel a través das estrofas, xa macias e doadas como salaios aloumiñadores, xa broncas e fortes como imprecacións e berros de maldición, se pescuda de cote un afán perenne. Se pescuda aquel afán de levar aos que xemen, de proporcionar aos que sofren o consolo alentador e xeneroso da protesta altiva e berrante, desinteresada e altruísta que latexa en tódolos versos seus, a que el soupo acompasar cos feitos do seu vivir, que foi como un se entregar, pleo e sin reservas, á alta empresa de liberar servos, combatindo sin acougo toda clase de tiranías xa que como el di...
.... para querer nacín, todo caído
para dar a man a todo disgraciado.
Cal sucedeu a tódolos que a través do tempo se soergueron como paladíns acesos da libertade e soldados civís das máis nobres campañas - non por incruentas menos dignas que as outras, sinón todo o contario - Curros foi deixando após de si, anacos da súa carne e frangullas do seu espírito, sin que o azo ben temperado, se esvaíse en ningures. E así rematou o seu vivir con aquela altivez e aquela sereidade con que os vellos gladiadores ollaban a morte. Cicais porque despois dela, agardáballe sorrinte a gloria. E lle agardaba asemade, a veneración e o homenaxe perpetuo de tódolos que na súa penna tiveron unha baril defensa e nas estrofas dela sortidas, algo a xeito de continuas e vibrantes chamadas, para un loitar que se non pode rematar.
E si como di o distinto escritor Armada Teixeiro, gran amigo do poeta de Celanova, a súa composición “Alborada” foi a derradeira que Curros Enríquez adicou á nai Galicia, ela é broche de ouro con que se choe aquel faguer poético de Curros que o sentimento da libertade saturou decote, e que lle fai exclamar en versos rotundos:
¡Ouh, Libertá sagrada,
Alba de groria pr'o oprimido mundo,
Dos pobos deseada,
Que escravos viven en delor profundo!
Esparexa, querida,
D'escura noite as trévoas cenicentas,
De verdugos e déspotas garida,
E fuxen medoñentas,
Seguidas do seu lurdo aparello,
¡Diante de ti, as visiós do mundo vello!
Texto «Curros Enríquez, o poeta da libertade» de Ramón Villar Ponte, que foi emitido no Galician Programme da BBC o 17 de outubro de 1951, con Plácido R. Castro como locutor e transcrito por Antonio Raúl de Toro Santos no volume Galicia desde Londres, Ed. Tambre, A Coruña, 1994, pp. 295-297.
Artigo «Na festa da Patria»
Artigo de Ramón Villar Ponte sobre o Día da Patria
Fonte: A Fouce vía Galiciana
«Verbas no vieiro. Predicade co exempro», artigo de R. Villar Ponte
Todol-os galeguistas estamos de acordo en que o principal factor pr'â renascenza da Galiza e pra o seu erguemento como pobo poseedor de unha persoalidade inconfundibel e orixinal, é o cultivo, cada vegada mais intensificado, da língoa. Pra ninguén é cousa nova que a liberdade material, sen outra cousa, a pouco equival e moi doadamente se acha disposta a perderse cando non é acompañada por aquela outra liberdade, a espritual, que soio co cultivo da língoa propia [se] abrangue. Por outra parte, todos saben como na obra reconstructora das persoalidades nazonaes que se achaban caídas a custión do cultivo i-espallamento do idioma propio sempre ocupou o pirmeiro termo.
Tendo en conta o devandito parcía natural qu'eiquí, antre nós, antre os intresados no erguemento galego e na reconstrucción íntegra da patria se non perdese ocasión de utilizal-o galego. Pro non sucede eisí nen moito menos. Feita eiscepción de catro ou cinco, qu'empregamos decote o idioma vernáculo nos nosos escritos, os demais galeguistas que adoitan a escribiren pra o púbrico non-o utilizan sinón raras vegadas e moi de tarde en tarde. Algo, como se olla, incomprensibel.
A través de todo-los tempos o millor predicador foi Frai Exempro. Falar, por conseguinte, de amor á terra, de compenetración con ela e seguire ao mesmo tempo unha conducta tan oposta ao que ise amor e isa compenetración aconsellan, como é a de prescindire sen motivo ningún do uso do seu verbo natural d'eispresión pra sustituilo por outro que xa non é tan noso e sen que nada obrigue a elo, francamente é actuare contradecindo o que tanto se predica.
E aínda é mais que isto. É n-istes momentos iniciadores, en que a laboura galeguista debera chegare a todo-los eistremos e a todal-as eisaxeracións, como ocurreu en todal-as xeiras iniciaes dos movimentos análogos, algo desalentador, que descorazona. Algo que sen dúbida enfriará os aburados azos daqueles que veñen a nós e que queren seguirnos, otorgándonos unha consideración de apóstoles e de devanceiros da que nós debemos termar de nos faguere, cos nosos actos, cada vegada mais merecentes e dignos.
Artigo de Ramón Villar Ponte «Verbas no vieiro. Predicade co exempro», publicado en El Pueblo Gallego, Vigo, nº 2.490, 18-3-1932
«Verbas no vieiro. Laboura a faguere», artigo de R. Villar Ponte
Non ten nada d'eistrano que haxa na Galiza tantos galegos desleigados. Contrariamentes, é moi natural qu'eisí suceda. Eles, os desleigados, dimpois de todo, non son mais que unha consecuenza lóxica do insiño que recibiron, do medio en que foron medrados e da premeditada e ben cuidada iñoranza respecto âs cousas propias, âs cousas da terra con que un Estado centralista, de ourentación e de predominio castelán termou decote de mantelos, pra eisí millor tirare en proveito propio aquela sumisión e aquel acatamento soio concebibel en cegos ou en iñorantes.
Por todos é admitido como axiomático que soio onde hai coñecimento pode haber amor. E ise amor é o que constituie a fontenla de onde se deita o intrés, a preocupación e a necesidade de coñecer aquelo que se ama e d'esforzarse decote por milloralo. Con referenza â Galiza, hai dificultade pra que nos seus fillos eisista amor a ela - e conste que as eiscepcións confirman a regra-, xa que contados, e ben contados son os galegos que da patria natural teñen un coñecimento verdadeiro, non maliciosamente desfigurado e contrafeito pola acción de un unitarismo afogador, encamiñado a que na península prevaleza somentes o patrón e o xeito da nazonalidade que monopoliza o réximen asimilista, en mal hora imposto, contra toda lei e contra todo dereito, por aquel Fernando e aquela Sabela de funesta lembranza. N-istas condicións os galegos veñen a seren xurdios eispoñentes da laboura agostadora e perniciosa que unha orgaización política, que un réximen estatal cal o da Hespaña, contrario ao que os feitos naturaes recraman, ocasiona e detemiña.
Compre, por conseguinte, que os esforzos e traballos dos galegos bos, que son os que constituien a falanxe galeguista, s'enderecen decote e sen acougo a que o coñecimento da patria, atè nos mais cativeiros detalles, chegue a todos. Folletos, confrenzas, traballos divulgadores, conversas privadas, a todo se debe reclamare pra que o que a Galiza pode sere en todol-os aspectos a ninguén se lle oculte. Con iso se contrarrestará a laboura perniciosa, malvada, qu'encol de nós fixo perante tantos séculos o centralismo abafante e cuio froito principal é a abundosidade eisistente de galegos desleigados.
Y-eisí, faguendo que o coñecimento da patria galega chegue a todol-os seus fillos, ou pol-o menos ao maior número, se irá conseguindo que paseniño se desfagan os perniciosos prexuicios e que a Galiza se amostre a eles atal e como é e como pode ser, ou sexa axeitada pra abranguere a meirande vitalidade e puxanza a pouco qu'escomece a camiñare polo peado vieiro da liberdade.
Artigo de Ramón Villar Ponte «Verbas no vieiro. Laboura a faguere», publicado en El Pueblo Gallego, Vigo, nº 2.472, 26-2-1932
Artigo «Verbas de un galego. O valor da lingua»
Artigo de Ramón Villar Ponte argumentando a importancia da lingua na identidade galega
Fonte: A Fouce vía Galiciana
«De unha beira a outra. A nosa prensa», artigo de R. Villar Ponte
É indiscutibel que a Prensa de un pobo, cando se acha debidamente dirixida e ourentada, contribuie como poucos factores, cicais millor que ningún, ao seu milloramento e progreso tanto espirtual como material. Tendo en conta isto mesmo, alguén a calificou de “carto poder”. E que iste calificativo non está mal apricado de abondo o teñen probado os feitos a sucederen en todol-os países dende os tempos en qu'ela abrangueu o actual desenrolo i-espallamento.
De ordinario a Prensa é a fonte fecunda onde as grandes masas e aínda as minorías de selección beben a orientación comenente pra decidiren cô seu actuar, n-un senso ou n-outro, o rumbo que os sucesos importantes teñen de tomaren en procuro da mais acertada solución, ou pol-o menos da mais axeitada e oportuna. Sendo eisí, doadamente se decata un dos benefizos que se deducen pra o país felizmente poseedor de unha Prensa ergueita, qu'en todo momento seipa colocarse â outura da trascendente e moi importante misión que lle está reservada; eisí como tamén, sin esforzo algún, se comprenden cantos perxuízos se ocasionan a un pobo no que tal instrumento educador e guiador, lonxe de saber ofrescerse como tal, contrariamente se ofresce como poderoso elemento de desourentación e d'engano.
O caso da Galiza, da nosa patria, con relación á Prensa, é disgrazadamente o derradeiro. Pra ningún é un segredo como casi todol-os que se chaman órgaos e instrumentos galegos de pubricidade non responden, nin con moito, ao que deberan seren, até tal pinto que, sen esforzo algún, â maoría d'eles - ¡Unha maioría abraiante! - millor lles cadraría calquer calificativo que o de periódicos galegos. Feitos por empresas que soio ao seu lucro particular atenden, confeccionados i-elaborados por siñores que son xornalistas o mesmo que puideran seren toureiros - e conste que hai eiscepcións honrosísimas, ¡ pro tan escasas! - ese órgaos de pubricidade e divulgación soio valen pra serviren os intreses dos seus amos - individuos ou empresas - e moi raramente pra benficiaren, inda no máis mínimo e cativeiro, ao pobo onde ollan a luz e de cuia protección viven.
Tendo isto en conta, a ninguén pode sorprendere que sexan innumerábeis as ocasións en que a defensa dos supremos intreses xeneraes, aqueles que por igual a todos afectan e por igual a todos abranguen, se olle en abandono, ou pol-o menos realizada de un xeito tan deble e valeiro de ardimento e paixón que mais que defensa semelle una probe e cativeira argallada pra cubrire groseiramente as formas. Como tampouco a ninguén pode eistranare - i-eu coido que antre nós xa non hai quen s'eistrane de ren - que repetidamente, con frecuenza magoante e dôrosa, os mesmos que deberan seren como o refrexo do conscente sentir e querer populares aparezan totalmente divorciados de tal sentir e de tal querer, ocupando posicións que soio nos enemigos cabería ademitire. Mais as cousas son eisí e o seguirán sendo namentras que nós mesmos non-os dispoñamos a lles dare remate.
Unha pequena proba do devandito é, por exempro, a seguinte: pubricouse alá pol-o Inverno certa novela de ambente galego de un escritor andaluz na que se ofende, inda que tratando de disimulalo, a nosa terra [alude á novela La Costa de la Muerte, de José Mas]; pois ben, un xornal cruñés de gran circulación [reférese a La Voz de Galicia], que regularmente non adica catro liñas âs obras galegas, por importantes que sexan - e iso cando as adica! - non para de ceibare recramos e mais recramos da desditada novela. Outra proba é a que nos suministrou outro xornal tamén cruñés e tamén de gran circulación [reférese a El Orzán], con motivo da recepción solemne do ilustre polígrafo Vicente Risco na Academia Gallega [sic]; o aludido xornal daba conta da solemnidade con unha gacetiña sumamente reducida e insertada en lugar pouco visibel, ao paso que, no mesmo número, e como contraste saínte, aparecía unha sección taurina na que se non escatimaban os renglóns nen o espazo. E o mesmo que n-iso ocurre en todo o demais. Pol-o xeneral é moi frecoente que problemas de capidal importancia pr'â economía galega ou pra o adianto da terra, aparzan tratados con menos eistensión pol-a maoría dos xornaes e pubricacións galegas que polos de fora.
Non é, pois, perciso faguere resaltar a grande utilidade que ocasionaría unha campaña intensa e ben disposta levada a cabo contra as pubricacións galegas que, sen escrúpulo algún, se poden chataren de traidoras â Terra. Tal campaña urxe e compre de un xeito enorme e apremiante pra pór fin a un estado de cousas do que a vítima principal é a patria escarnecida e magoada pol-os propios fillos.
Artigo de Ramón Villar Ponte «De unha beira a outra. A nosa prensa», publicado na revista Céltiga, Bos Aires, nº 113, 10-9-1929
«Definicións», artigo de R. Villar Ponte
Contra do que sosteñen os numerosísimos enemigos do nazonalismo pódese afirmare termiñantemente que iste non é, non foi, nen será endexamáis un movimento illador, egoísta, de esquecemento do alleo pr'â imposición escrusiva do propio.
Soio cando o nazonalismo é desvirtuado por aquiles que se dín os seus mais perfectos seguidores, pode aparecer côs caracteres apuntados. I-estonces a tendenza mal chamada nazonalista deixa de sere o que debe sere pra se trocare n-algo merecedor da repulsa de todal-as concenzas sans e honradas. Estonces o nazonalismo esmorécese e no seu canto xurde o funesto imperialismo.
O nazonalismo quer denantes que nada desintegrare, desvencellare aquila armazón artificiosa, falsa, feita de costas á realidade e aos imperativos da natureza, pra erguere a verdadeira armazón que se afinca na base inconmovíbel e segura das orgaizaciós naturaes.
E n-iste senso o nazonalismo ben pode se chamare internazonalismo, xa que arrincando de aquila crasificación mundial das terras en Estados nazonaes asegún as suas coincidencias de diversos ordens, vai directamentes ao estabelecimento de unidades específicas, aquilas que por lei de natureza o son realmente. Aludimos ás nacionalidades naturaes.
Por outra parte, o nazonalismo puro, o lexítimo e non adulteirado nazonalismo fai destacar como arela fundamental, como degoiro básico o seu propósito de aportare ao patrimonio espritual da humanidade o resultado íntegro dos seus esforzos d'especificación de unha cultura resellada pol-o infruxo dos diversos factores que concurren a determiñaren, non soio a fisonomía espritual sinón tamén a física dos pobos dotados de persoalidade orixinal e inconfundíbel.
Logo o nazonalismo, tendo en conta o devandito, é aportación xenerosa, aportación desintresada e altruísta ao labor xúrdio de renacencia universal, mediante o aproveitamento de todas aquilas enerxías creadoras por cuio concurso terá de chegárese a unha humanidade enriquentada coa múltipre e ceibe actuación dos difrentes pobos que a constituien, en preno desenrolo das suas características peculiares sabiamente encamiñadas ao abranguemento de un tipo superior non soio no senso individual sinón tamén no colectivo.
Artigo de Ramón Villar Ponte «Definicións», publicado no boletín Rexurdimento, de Betanzos, 2ª época, no número correspondente ao mes de xullo de 1923.
«As duas Galizas», artigo de R. Villar Ponte
Dentro do chan patrio amóstranse duas Galizas ben difrenzadas; unha, a verdadeira, a única, a non adulteirada nen desvirtuada por mesturas e vergoñosos infruxos alleos; outra, a que soio ten da Galiza o impropio nome que se lle dona sen telo sido endexamais e da que algún día soio ficará viva a vergoñosa lembranza. Tal é a que constituien a maoría dos nosos vilegos. A pirmeiramente asiñalada é a sostida e integrada pesie a todo e a todos - castelanización, infruxos emigratorios, esvaimento da persoalidade, etc.- pol-as xentes do agro, recuncho axeitado onde foron a pararen as esenzas puras e non desvirtuadas do esprito social.
Por isto a patria galega vive e alenta, aínda hoxe, sosténdose en pe de chegar a abranguere mais ou menos axiña, a sua libertade e faguendo que o probrema da nosa redención se non teña ultrapasado xa á categoría de preito insolubel. Soio por ila aquilo que constitue o xermolo necesario da total liberación, isto é, a fala, o dereito, os costumes, os rasgos salvadores, en suma, de unha persoalidade nazonal se non esvaíron totalmentes. E latexan, e mantéñense en pe, axexantes, dispostos de cote a selo sopro vivificador que obre o miragre de dare realidade a aquil degoiro do poeta que dixo: “Como en Irlanda, érguete e anda”.
De non tere sido pol-a devandita Galiza, ou mais ben, de tere ficado soio como lembranza da groriosa patria dos tempos xúrdios da prena libertade a Galiza decadente, desleigada e traidora a sí mesma que integran os vilegos, nen a mais lixeira espranza xurdiría hoxe nos corazóns dos poucos que, decatándonos da nosa obriga e da nosa proxenie, vimos decotío atafegados pol-a tareia rexa de crearmos unha concenza nazonal.
A aldeia é, como o foi decote, a hucha santa en que, rexamente choídas, foron conservándose as esenzas indispensábeis pr'á vitalización da nazonalidade escravizada. E do agro puidemos nós, os patriotas, recadare as armas axeitadas, que alí viñan sendo ouxeto d'especial conservación, pra con ilas dare escomezo á loita rexurdidora.
E si isto é indiscutibel, e si isto non pode adimitire nen a mais cativeira dubida, non pode estranar nen sorprendere a ninguén que nós, os nazonalistas, teñamos pra o agro, pr'ás suas xentes unha especial devoción, un fondo e forte recoñecimento que nos levan a consagrarlles a iles e aos seus probremas característicos, sempre en lugar preferenrte, o noso mais sinceiro desvelo e a nosa mais lexítima preferenza.
Artigo «As duas Galizas», de Ramón Villar Ponte, reproducido por Hogar Gallego, Bos Aires, nº 8, 30-12-1922 e mais por Eco de Galicia, A Habana, nº 182, 7-1-1923
Fragmentos da Doctrina nazonalista (1921)
(...) Nazonalismo é unha doctrina ou, millor aínda, un corpo de doctrinas que fan referenza ao restabelecimento de todol-os dereitos e prerrogativas que a un pobo libre e soberán de si mesmo lle corresponden, eisí como tamén ao desenrolo de todal-as manifestacións da sua vitalidade e ao desenvolvimento de todal-as suas actividades.
N-outros termos: o nazonalismo é o berro que un pobo que se sinte capacitado pra gobernárese a si mesmo, sen tutorías alleas, ceiba, cô fin de que o Estado que lle ven servindo de tutor e de guía o reconeza como maior de edade e, pol-o tanto, en disposición de rexírese a sí mesmo (...).
O nazonalismo non soio é antiimperialista sinón qu'é tamén a negación do imperialismo (...) A política colonial, contra do que digan os pseudo-amantes da civilización, foi, é e será de cote política de opresión, de asoballamento, de tortura e de aniquilación de pobos (...). Soio as vellas escolas ideolóxicas, nadas no vergoñoso século pasado, amóstranse enemigas, sinón craramentes de un xeito disimulado, de que os pobos dispoñan con liberdade dos seus destiños e que, pol-o mesmo, vivan ceibes e sen opresións.
(...) Nada hai no movimento nazonalista de un pobo que poida chatárese de regresivo, de retrógado, de contrario ao avance das actividades súas. A tendenza nazonalista, como xa ollamos, vai buscando en pirmeiro lugar o pôr termo a un estado de cousas - a actual situación dos Estados - que ten como fundamento principal algo tan inxusto, pouco lexítimo e inmoral como a forza, e con ela todal-as suas derivacións, pra trocalo por unha nova situación na que o dereito de cada pobo se hache reconecido i-en preno exercicio, constituíndo o mundo, de iste xeito, unha xuntanza de Estados antre os que non poida habere, como sucede autualmentes, nen dominados nen dominadores e, por conseguinte, unha xuntanza na que cada pobo poda consagrárese con todal-as suas frozas, libre xa das preocupacións que o axexare pol-a conservación da integridade da propia autonomía impón, â nobre e benfeitora tarea do exercizo das suas actividades, contribuíndo eisí de iste xeito â intensificación do progreso mundial.
Artigo «Ollando pra nós» de R. Villar Ponte
Artigo de Ramón Villar Ponte sobre a desgaleguización de Galicia
Fonte: Galicia : revista semanal ilustrada (1902-1930) vía RAG vía Galiciana
«Fixando puntos. A grande misión galega», artigo de R. Villar Ponte
“Galicia que, de momento pol-o menos, debe o seu despertar ao exempro e a infruenza de Cataluña, escomenza xa a decatarse de que máis alá do Miño eisiste un pobo no que bulen algo máis qu'as semellanzas d'unha vecindade moi preta. Galicia empeza a sabere que n-aquelas terras mora un pobo d'irmáns que soio o capricho e as fatales ironías da sorte, puideron faguer eistranxeiros sin selo. E sabendo todo isto, e decatándose de todo isto é pol-o que o galeguismo vai orientando a su[a] autuazón coa mirada posta en Portugal.
Y-eisí o galeguismo pensa, non solamente en facer unha obra de reivindicazón e de xustiza, sinón tamén na minsión trascendental qu'a Galicia lle está encomendada pol-a poderosísima razón da sua innegabre irmandade coa veciña Lusitania.
A nosa patria, pois, ten antre todal-as terras ibéricas a minsión mais outa, mais escollida, mais honrosa qu'exercer. Ela, e soio ela, é a chamada a servir de base d'acoplamento, de vertebrazón do Estado portugués ós difrentes estados peninsuares, antre eles Galicia, que teñen de compór o futuro Super-estado (Estado de estados) Ibérico”.
Fragmento do artigo de Ramón Villar Ponte «Fixando puntos. A grande minsión [sic] galega», publicado en A Nosa Terra, A Coruña, nº 69, 15-10-1918
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Bibliografía sobre Ramón Villar Ponte
«La BIBLIOTECA de Ramón Villar Ponte donada al Parlamento de Galicia», Heraldo de Vivero, Viveiro, (23 de febreiro de 2001), p. 4.
«CÚMPRESE medio século da morte de Ramón Villar Ponte», Heraldo de Vivero, Viveiro, (19 de setembro de 2003), p. 1.
BERAMENDI, J. G.: De provincia a nación; historia do galeguismo político, Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2007.
BERAMENDI, J. G. (ed.): Obra política de Ramón Villar Ponte, Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, 1991.
CASAS, A. Mª: «Crónicas gallegas. Ramón Villar Ponte, educador del pueblo», El Heraldo de Madrid, (15 de maio de 1928), p. 7.
GARCÍA NEGRO, P.: «Tribuna. Ramón Vilar Ponte (1891-1953)», La Voz de Galicia, A Coruña, (14 de setembro de 2003).
ÍNSUA LÓPEZ, E. X.: Antón e Ramón Villar Ponte: unha irmandade alén do sangue, Santiago de Compostela, Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, 2004. (Cadernos Ramón Piñeiro; 7).
ÍNSUA LÓPEZ, E. X.: «No cincuenta cabodano de Ramón Villar Ponte. Unha figura que reclama moita maior atención», Heraldo de Vivero, Viveiro, (3 de outubro de 2003), p. 8.
MARTÍNEZ GONZÁLEZ, X.: «Carta inédita de Castelao a Ramón Villar Ponte», A trabe de ouro, Santiago de Compostela, n.º 67 (xullo-agosto de 2006), p. 407-409.
MARTÍNEZ GONZÁLEZ, X.: «Continuación, artigo inédito de Ramón Villar Ponte na memoria do seu irmán Antón», Grial, Vigo, n.º 177 (xaneiro-marzo de 2008), p. 64-67.
MARTÍNEZ GONZÁLEZ, X.: «Ramón Villar Ponte, unha biografía posíbel», Murguía. Revista Galega de Historia, Santiago de Compostela, n.º 7-8 (maio-decembro de 2005), p. 115-128.
MONTERROSO DEVESA, J. M.ª: «¿Cara un Museu das Irmandades da Fala?», El Ideal Gallego, A Coruña, (12 de febreiro de 1978).
MONTERROSO DEVESA, J. M.ª: «A longa posguerra (1936-1953) de Ramón Villar Ponte», en Centro de Documentación da AELG (http://www.aelg.org/centro-documentacion/autores-as/jose-maria-monterroso-devesa/paratextos/5062/a-longa-pos-guerra-1936-1953-de-ramon-villar-ponte).
MONTERROSO DEVESA, J. M.ª et al.: "Villar Ponte, Ramón", en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. Tomo 44: VILAN-Z, Lugo, El Progreso, Diario de Pontevedra, s.d., p. 35-36.
SOUTELO VÁZQUEZ, R.: «A pegada dos irmáns Vilar Ponte no nacionalismo galego de antes da guerra», Anuario Brigantino, Betanzos, n.º 24 (2001), p. 261-281.
SOUTO RUBIÁNS, A. (pseud. de X. M.ª Monterroso Devesa): "Outeiro de San Xusto. As nosas efemérides/76. Lembranza dun adiantado", La Voz de Galicia, A Coruña, (26 de decembro de 1976).
TOBÍO FERNÁNDEZ, L.: As décadas de T. L. , Sada (A Coruña), Ediciós do Castro, 1994. (Serie Documentos; 110).
TORO SANTOS, A. R. de: Galicia desde Londres, A Coruña, Tambre, 1994.
TRAVIESO QUELLE, J.: «Rúa del Villar. Un mártir de la causa», Hoja Oficial del Lunes, Santiago de Compostela, n.º 1.718 (26 de maio de 1980), p. 21.
VILAVEDRA, D. (coord.): Diccionario da literatura galega. Tomo I: Autores, Vigo, Galaxia, 1995.
Bibliografía específica sobre Ramón Villar Ponte elaborada por Emilio Xosé Insua
Biografía de Ramón Villar Ponte, por Emilio Xose Insua
Artigo «Una historia de Galicia. Ramón Villar Ponte. Una historia sintética de Galicia»
Artigo de Augusto María Casas sobre Ramón Villar Ponte e o seu libro Historia sintética de Galicia
Fonte: El Heraldo de Madrid
Artigo «Crónicas Gallegas. Ramón Villar Ponte, educador de el pueblo»
Artigo de Augusto María Casas sobre Ramón Villar Ponte e o seu libro Historia sintética de Galicia
Fonte: El Sol
Ligazóns de interese
Luz na terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura, exposición conmemorativa do centenario do SEG. Cidade da Cultura, 4 de xullo de 2023 a 7 de xaneiro de 2024
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/luz-na-terra-o-seminario-de-estudos-galegos-unha-institucion-de-alta-cultura [Consulta: 2023-08-31]
Sitio web conmemorativo do centenario do Seminario de Estudos Galegos, elaborado polo Consello da Cultura Galega
Fonte: Consello da Cultura Galega
http://consellodacultura.gal/area2.php?arq=4372 [2023-03-08]
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Artigos sobre R. Villar Ponte na bitácora Os libros de Ánxel Casal
«Nouturnio de medo e morte», «Grabados en linoleum», «Carta de Ramón Cabanillas 9»
Videos
Antonio Fraguas conversa sobre o Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de mozos universitarios trasládanse a Ortoño, parroquia natal de Rosalía, para constituír o Seminario de Estudos Galegos (SEG). Antonio Fraguas incorporaríase ao SEG uns anos máis tarde, en 1928, presentando unha investigación sobre o castro de Soutolongo. Neste vídeo vídeo divulgativo (6´ 32´´) conversa sobre o nacemento do Seminario de Estudos Galegos e os obxectivos cos que se fundou. A peza foi realizada por Acuarela Comunicación en 2019, ano no que a Real Academia Galega lle dedicou o Día das Letras Galegas a Antonio Fraguas.
Fonte: LInguaGalegaTV
https://www.youtube.com/watch?v=R6VmoRrlAys [Consulta: 2023-01-02]
As publicacións do Seminario
O Seminario de Estudos Galegos desenvolveu unha importante produción escrita, nomeadamente no que respecta a achegas científicas, aínda que no seu seo tamén se editaron contribucións literarias. Neste breve vídeo divulgativo (2´ 35´´) o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS) ofrécenos unha panorámica das publicacións do Seminario, que testemuñan o firme compromiso deste grupo de intelectuais co uso do galego no ámbito académico e científico.
O reloxo do Seminario
Vídeo divulgativo (2´ 05´´) sobre o reloxo do século XVIII doado ao Seminario de Estudos Galegos (SEG) polo intelectual, político e mecenas galego Juan Arias Sanjurjo. A peza forma parte da serie de vídeos sobre a historia e o patrimonio documental e artístico do SEG, que o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento está a difundir este ano 2023.
Publicacións periódicas
Galicia [A Habana] (1902-1930) .
1903-1904: Revista Semanal Ilustrada
Revista Semanal Ilustrada de mayor circulación en la República
1905, n.º 1: Sen subtítulo
1905, n.º 2-1906, n.º 33: Revista Regional de más circulación en la República de Cuba
1906, n.º 34-1907: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba y Defensor de los intereses gallegos en América
1914: Revista Regional Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
16-08-1925: Revista Semanal Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
1926: Revista Gráfica Regional de La Habana. Publicación Semanal. Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
Publicación Semanal. Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
1930: Publicación Ilustrada: Órgano de la Colonia Gallega y Sociedades Regionales de Cuba
Despertar Gallego, El (1922-1930) .
Órgano mensual de la Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en Buenos Aires
A partir do n.º 23: Órgano oficial de la Federación de Sociedades Gallegas Agrarias y Culturales en la República Argentina
A partir do n.º 120: Órgano oficial de la Federación de Sociedades Gallegas en la República Argentina
Fouce, A (1930-1936) .
Periódico galego
Lar (1934-) .
Revista mensual de la Asociación Gallega de Beneficencia y Mutualidad
Revista del Hospital Gallego
Irmandino, O (1958-1961) .
Órgao da Irmandade Galeguista d'o Uruguai
Compostela (1967-1967) .
Revista de Galicia
Artigos Ramón Villar Ponte
VILLAR PONTE, R. (1/1951) Louva e Lembranza no cincuentenario da morte de Alfredo Brañas. Betanzos. 1ª (45), 55.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CABANILLAS, R. VILLAR PONTE, R. (1/1954) Frouseira, triste frouseira .... Opinión Gallega. 1ª (147), 5.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;