- Álbum Nós
- Álbum de Galicia
- Documentación
- Ligazóns
- Audios
- Epístolas
- Artigos
- Periódicas
- Publicacións CCG
Ricardo Carballo Calero
Ferrol, 3/ 10/1910 - Santiago de Compostela, 30/10/1990Autoría: Adrián Estévez Iglesias
Historiador da literatura galega, profesor, crítico literario, lingüista e escritor.
Antes da guerra civil foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, e en 1972 converteuse no primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela.
En 1926 trasladouse a Compostela, onde iniciou os estudos de Dereito, licenciándose cinco anos máis tarde. Ao rematar a carreira, en 1931, opositou para ser profesor auxiliar de Dereito penal e procesual, mais non acadou a praza. Dous anos despois aprobou as oposicións a funcionario municipal no concello de Ferrol, e tamén en 1933 casou con María Ignacia Ramos, licenciada en Historia e compañeira de estudos universitarios.
En 1927 ingresou no Seminario de Estudos Galegos onde acabou formando parte das seccións de Historia da Literatura e de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas. Tamén participou no activismo estudantil da man da Federación Universitaria Escolar, e participou na creación do Partido Galeguista en 1931. Colaborou na redacción dun dos anteproxectos do Estatuto de Autonomía de Galicia canda Lois Tobío, Valentín Paz Andrade, Alexandre Bóveda e Vicente Risco. Ocupou o cargo de presidente do partido en Ferrol, e en abril de 1936 foi elixido compromisario pola provincia da Coruña na candidatura da Fronte Popular para a elección do presidente da República.
En 1928 iniciou as colaboracións coa revista Nós, que se prolongarán ao longo de sete anos. Publicou nesta revista un total de vinte e seis textos, que se poden clasificar en catro tipos: once poemas («Deus» no nº 49, «Mañá de outono» no nº 55, poema sen título no nº 61, «Cançón das lavandeiras» no nº 76, anunciado como adianto do seu libro Vieiros, «Santa Cecilia da soidade» no nº 96, «Ó vir a primadeira» no nº 100, «Semellas ser somente» no nº 106, «Naces na primadeira» no nº 115, «Codio» no nº 118, «Ti apareciches» no nº 123, como adianto do poemario O silenzo axionllado, e «Choiva» no nº 137-138); nove recensións de libros (O vento segrel de Augusto Casas no nº 101, Poemas en catro tempos de Blanco Amor no nº 102, Contos do camiño e da rúa de Otero Pedrayo no nº 106, Sonetos escogidos de Antero de Quental no nº 111, Mar Coalhado de Branquinho da Fonseca e Ensayo histórico sobre la cultura gallega de Otero Pedrayo no nº 118, Codeseira de Crecente Vega no nº 122, Poesías de Gil Vicente editadas por Dámaso Alonso no nº 126-127 e Bebedeira de Florencio Delgado Gurriarán no nº 128-129); catro artigos de crítica literaria (sobre o poema «Cossante» de Diego Furtado de Mendoza no nº 101, «Robert Burns e o diaño» no nº 105, «Grorias e perigos da poesía de Bouza Brey» no nº 130 e «Rosalía, Curros e Juan Ramón» no nº 136); e tres artigos sobre literatura e cultura galega (o texto «Ollada encol da poesía lírica galega contemporánea», discurso lido no Ciclo de Cultura Galega organizado polo alumnado da facultade de Filosofía e Letras no comezo do curso 1930-31, no nº 87, «Balance inventario da nosa literatura» no nº 108 e «A xeneración de Risco» no nº 131-132).
Amais de na revista Nós colaborou en publicacións como A Nosa Terra, Guión, Galiza, Resol, Universitarios ou Papel de Color. En 1928 publicou Trinitarias, poemario en lingua castelá. En 1931 Ánxel Casal editoulle Vieiros, o seu primeiro poemario en galego, ao que seguiron La soledad confusa (1932, en castelán) e O silenzo axionllado (1934). En 1935 escribiu a peza de teatro O fillo, que recibiu en 1947 o Premio de teatro Castelao en Bos Aires, se ben non foi publicada ata 1982.
Mentres traballaba en Ferrol estudou por libre na Universidade de Santiago de Compostela a carreira de Filosofía e Letras, rematando en 1936. Opositou para ser profesor de instituto de Lingua e Literatura Española e estaba en Madrid onde o sorprendeu o alzamento nacional. Participou na defensa de Madrid como miliciano (realizara o servizo militar no cuartel do Hórreo en Santiago de Compostela, no corpo de artillaría) no batallón Félix Bárzana da FETE-UGT, sindicato no que militaba. No batallón coincidiu con Raimundo García Domínguez, Borobó. Foi ascendido a tenente despois de formarse en Paterna. Detido na fronte de Andalucía ao remate guerra e condenado en consello de guerra a doce anos de prisión, sería encarcerado no antigo convento de Santa Úrsula de Xaén. O tempo na cadea deixou pegada en varias das súas obras, como a novela Scórpio, as pezas teatrais A sombra de Orfeo e Os xefes, ou o poema «Fugíamos da nossa vida».
Tras ser liberado de forma provisional en 1941 regresou a Ferrol. Ao estar inhabilitado para traballar na función pública, durante varios anos a familia subsistiu grazas ao traballo da súa muller. En 1950 vai vivir a Lugo logo de que Antonio Fernández López o contrate para o colexio Fingoi. Encárgase de coordinar o proxecto pedagóxico, se ben nominalmente non pode ocupar o cargo de director. Polo centro pasaron outros persoeiros como Méndez Ferrín, Arcadio López Casanova ou Bernardino Graña. Amais, alí leváronse a cabo tarefas de investigación en estudos literarios, que deron pé a varias publicacións.
Recuperou o contacto cos galeguistas e seguiu escribindo. Comezou a preparar a súa tese de doutoramento que defenderá en Madrid en 1955 co título «Aportaciones a la literatura gallega contemporánea». Por encargo da editorial Galaxia traballa na súa obra posiblemente máis recoñecida, a Historia da literatura contemporánea, que ve a primeira edición en 1963. En 1958 ingresou como membro numerario na Real Academia Galega co discurso Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía, respondido por Otero Pedrayo. A súa tarefa como lingüista dá pé á publicación en 1966 da Gramática elemental del gallego común (Galaxia), e é o principal redactor das Normas ortográficas e morfolóxicas que a Real Academia Galega publica en 1970.
En 1950 gañou o premio de novela convocado por Bibliófilos Gallegos coa obra Xente da barreira, publicada en 1951. En 1950 publica o poemario Anxo de terra, na colección pontevedresa Benito Soto e en 1952 edita na colección Xistral Poemas pendurados dun cabelo. As tres obras foran escritas en anos anteriores. Como autor quixo ser encadrado dentro da Xeración Nós, pois sentíase moi identificado cos compañeiros do Seminario de Estudos Galegos. Carballo Calero empregou o pseudónimo de Martinho Dumbria en varias recensións para a revista Grial. O nome está tomado do protagonista da novela de Otero Pedrayo Devalar, publicada en 1935 por Nós.
En 1963 recibiu a cancelación de antecedentes penais. Autorizado a exercer o ensino público, en 1965 incorporouuse á Universidade de Santiago de Compostela como profesor de Lingua e Literatura Galegas, contratado por Abelardo Moralejo, decano da facultade de Filosofía e Letras, para a sección de Filoloxía Románica. Ao tempo, entra como profesor de Lingua e Literatura Española no instituto Rosalía de Castro. En 1972 oposita para catedrático de Lingua e Literatura Galegas, e acada a praza.
Tras a chegada da Xunta preautonómica formou parte da comisión que establecía as normas lingüísticas para o uso administrativo. Nela comezou a diverxencia respecto da dita norma e a súa aposta polo reintegracionismo lingüístico. Logo de xubilarse en 1980 revisou e reeditou a súa obra literaria, e publicou novas obras como a novela Scórpio (1987). Nos últimos anos recibiu diversas homenaxes até o seu falecemento o 25 de marzo de 1990.
- Referencias
- OBRA
- Obra en galego
- Poesía
- Vieiros (1931)
- O silenzo axionllado (1934)
- Anxo de terra (1950)
- Poemas pendurados dun cabelo (1952)
- Salterio de Fingoy (1961)
- Pretérito imperfeito (1927-1961) (colectánea, 1980)
- Futuro condicional (1961-1980) (colectánea, 1982)
- Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985) (1986)
- Reticências... (1986-1989) (1990).
- Vieiros (1931)
- Teatro
- O fillo (1982; escrita en 1935)
- Isabel (1982; escrita en 1945)
- A sombra de Orfeo (1971; escrita en 1948)
- Farsa das zocas (1963; escrita en 1948)
- A arbre (1965; escrita en 1948)
- O redondel (1979; escrita en 1951)
- Auto do prisioneiro (1970; escrita en 1969)
- Os xefes (1982; escrita en 1980)
- O fillo (1982; escrita en 1935)
- Novelas
- A xente da Barreira (1951)
- Scórpio (1987)
- A xente da Barreira (1951)
- Ensaio
- Sete poetas galegos (1955)
- Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959)
- Versos iñorados e ou esquecidos de Eduardo Pondal (1961)
- Historia da literatura galega contemporánea (1963 completada en 1975)
- Sobre lingua e literatura galega (1971). Vigo: Galaxia.
- Rosalía de Castro (1976)
- Estudos rosalianos: aspectos da vida e da obra de Rosalía de Castro (1979)
- Problemas da língua galega (1981)
- Da fala e da escrita (1983)
- Escritos sobre Castelao (1989)
- Estudos e ensaios sobre literatura galega (1989)
- Do Galego e da Galiza (1990)
- Sete poetas galegos (1955)
- Poesía
- Obra en castelán
- Poesía
- Trinitarias (poesías) (1928)
- La soledad confusa (1932)
- Poesía perdida (1993)
- Trinitarias (poesías) (1928)
- Ensaio
- Aportaciones a la literatura gallega contemporánea (1955)
- Gramática elemental del gallego común (1966)
- Breviario antológico de la literatura gallega contemporánea (1966)
- Aportaciones a la literatura gallega contemporánea (1955)
- Poesía
- Obra en galego
- BIBLIOGRAFÍA
- Cajaraville, Héctor (2020): Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso. Vigo: Xerais.
- Dacosta, Henrique (2020): Carvalho Calero. Vida e obra dun ser polifacético. Vigo: Xerais.
- Fernández Lorenzo, Rafael (2019): Abecedario de Ricardo Carvalho Calero. Cangas: Morgante.
- García Negro, Pilar (2010): Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación. Santiago de Compostela: Laiovento.
- Pardo de Neyra, Xulio (2019): Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única. Ferrol: Embora.
- Rabuñal, Henrique (2020): Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra. Vigo: Galaxia.
- Cajaraville, Héctor (2020): Ricardo Carvalho Calero. A pegada do compromiso. Vigo: Xerais.
- OBRA
Como citar: Estévez Iglesias, Adrián : Ricardo Carballo Calero. Publicado o 17/4/2020 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=672. Recuperado o 31/03/2023

Ferrol, 3/ 10/1910 - Santiago de Compostela, 30/10/1990Autoría: Henrique Rabuñal Corgo
Ricardo Carvalho Calero é unha das figuras culturais máis sobranceiras do século XX
Ricardo Carvalho Calero nace no Ferrol Vello o 30 de outubro de 1910. Orfo de nai, estuda no Colexio Sagrado Corazón de Manuel Comellas e obtén o título de bacharel no Eusebio da Guarda da Coruña. Comeza a escribir en Maruxa, Vida Gallega e El Correo Gallego.
En Compostela (1926-1932) estuda Dereito, coñece á súa esposa, María Ignacia Ramos Díez, milita na Federación Universitaria Escolar (FUE) e convértese en membro do Seminario de Estudos Galegos e colaborador da revista Nós. Tamén nun líder estudantil que escribe o informe La fuerza pública en la Universidad de Santiago. Con Lois Tobío redacta un Anteproxecto de Estatuto Galego. Neses anos publica En torno a las ideas comunistas de Platón (1929), Trinitarias (1928) e Vieiros (1931).
En 1931 asiste á fundación do Partido Galeguista e preside o grupo de Ferrol. Entre 1932, cando publica La soledad confusa, e 1935 realiza por libre os estudos de Filosofía e Letras desde Ferrol. Casado en Lugo con María en 1933, consegue nese ano praza de administrativo no concello de Ferrol.
Logo de publicar O silenzo axionllado (1934), viaxa a Madrid en 1936 para opositar a unha cátedra de secundaria. A guerra sorpréndeo mentres nace a súa primoxénita, Margarita.
Integrado no batallón de milicias “Félix Bárzana”, participa na defensa de Madrid, faise en Valencia tenente en campaña e é destinado ao Exército de Andalucía, onde ao rematar a guerra é detido, xulgado e condenado a 12 anos de cárcere, dos que cumpre dous en Xaén.
Entre 1941 e 1950 vive en Ferrol en réxime de liberdade condicional. Nesta cidade nace en 1942 a súa filla María Victoria e dedícase ao ensino privado.
Entre 1950 e 1965 dirixe o Colexio Fingoi de Lugo, que promove Antonio Fernández López, e colabora en La Noche, Alba, Aturuxo, Galaxia, Grial etc. Participa no faladoiro do café Méndez Núñez e nas actividades do Círculo das Artes así como na obra O porvir da lingua galega. Publica entón Anxo de terra e Poemas pendurados de un cabelo, a novela A xente da Barreira (Premio Bibliófilos Gallegos) e os relatos «Os tumbos» (1950), «As pitas baixo a choiva» (1952) e «A cigoña» (1957).
Colabora nos Cadernos Grial e no volume 7 ensayos sobre Rosalía (1952). En 1952 a súa peza teatral O fillo obtén o Premio Castelao de Teatro. En 1955 a editorial Gredos publica Aportaciones fundamentales a la literatura gallega contemporánea, a súa tese de doutoramento, e Galaxia edítalle Sete poetas galegos. En 1958 ingresa na Real Academia Galega co discurso «Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía» e resposta de Otero Pedrayo.
En Fingoi promove un Centro de Estudos que publica Versos iñorados ou esquecidos de Eduardo Pondal (1961), do propio Ricardo, Contos populares da provincia de Lugo (1963), O cancioneiro de Pero Meogo (1966), de Méndez Ferrín, e o Cancioneiro galego (1972), do profesor Vicente Devesa.
Nos Cuadernos de Estudios Gallegos colabora desde 1957 até 1973, e neles publica catorce traballos sobre Rosalía e dous sobre Valle-Inclán. Foi vicedirector do Instituto “Padre Sarmiento” e responsábel da sección de literatura.
Nos anos 60 ven a luz Salterio de Fingoy (1962), a monumental Historia da literatura galega contemporánea (1963), a edición de Cantares gallegos (1963), Eduardo Pondal (1965), Breviario antológico de la literatura gallega contemporánea (1966) e a Gramática elemental del gallego común (1966). Membro do seu consello de redacción, colabora con 90 traballos na revista Grial, onde edita as pezas teatrais Farsas das zocas (1963), A arbre (1965), Auto do prisioneiro (1970) e O redondel (1970) ou o relato «Aos amores serodios» (1980).
Desde 1965 traballa como catedrático no IES Rosalía de Castro e ensina Lingua e Literatura Galegas na USC en Filosofía e Letras e no Instituto de Idiomas. Nos anos 1970 e 1971 é o autor principal das Normas ortográficas e morfolóxicas da RAG e participa nos debates sobre a norma do galego. Publica Catro pezas (1971) que contén o «Auto do prisioneiro», Sobre lingua e literatura galega (1971), Particularidades morfolóficas del lenguaje de Rosalía de Castro (1972), Estudos rosalianos (1979), Teatro Nós (1979) e Prosa galega I, II e III (1976, 1978, 1980) elaboradas desde a Cátedra da USC. Desde 1972 é Catedrático e prepara con Lidia Fontoira unha edición das Poesías (1973) rosalianas e outra de Cantares Gallegos (1974) en Cátedra.
Nos anos de docencia universitaria publica traballos sobre narrativa e teatro e sobre Marcial Valladares, López Abente, Lamas Carvajal, Lago González, Xoán Vicente Viqueira, Pintos, Cabanillas, Villar Ponte, López Ferreiro, Manuel Antonio ou Afonso X.
En 1979 preside a Comisión de Lingüística da Xunta que elabora as Normas ortográficas do idioma galego (1980), no ano da súa xubilación, cando xa existe un Departamento de Filoloxía Galega. Participa na vida académica e pública, en congresos e obras colectivas, revistas e xornais, e é obxecto de diversos recoñecementos. Membro da Academia das Ciências de Lisboa, Medalla Castelao, Premio Nacional de Literatura, membro de Honra da AELG, APLL, AGAL e Fillo Predilecto de Ferrol.
Nestes anos reúne os seus escritos nos volumes Problemas da língua galega (1981), Libros e autores galegos II: século XX (1982), Da fala e da escrita (1983), Letras Galegas (1984), La fuerza pública en la Universidad de Santiago y otros escritos escolares (1987), Escritos sobre Castelao (1989), Estudos e ensaios sobre literatura galega (1989), Do galego e da Galiza (1990) e Umha voz na Galiza (1992).
Culmina a súa obra literaria con estes títulos: Pretérito imperfeito en 1980, Teatro completo, Futuro condicional e A gente da Barreira e outras histórias en 1982, Narrativa completa en 1984, Cantigas de amigo e outros poemas en 1986, Scórpio en 1987 e Reticências en 1990.
Colabora nas actividades da AGAL, participando no I e II Congressos Internacionais da Língua Galego-Portuguesa na Galiza (1984, 1987) mentres o III (1990) contén os «Estudos dedicados ao professor Carvalho Calero». Publica case trinta textos na revista Agália, a cuxo consello de redacción pertencía.
Ricardo Carvalho Calero faleceu o 25 de marzo de 1990.
Como citar: Rabuñal Corgo, Henrique : Ricardo Carballo Calero. Publicado o 24/3/2020 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) http://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=672. Recuperado o 31/03/2023
DOCUMENTACIÓN DE
Discurso lido por Constantino García no acto de ingreso na Real Academia Galega o 12 de marzo de 1982
García González, Constantino; Carvalho Calero, Ricardo (2015): Reflexións sobre a lingua. Discurso lido o día 12 de marzo de 1982, no acto da súa recepción polo ilustrísimo señor don Constantino García González e resposta do excelentísimo señor don Ricardo Carvalho Calero. A Coruña: Real Academia Galega.
Fonte: Real Academia Galega
http://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/book/192 [consulta: 2022-02-08]
Mesa redonda «As relacións Galicia-Portugal»
Este documento recolle a transcrición realizada por Amancio Liñares da mesa redonda celebrada dentro do marco do I Encontro Universitario do Noroeste Peninsular celebrado na Facultade de Xeografía e Historia da USC en 1983.
O contido transcribe unha mesa redonda de outono de 1983. O artigo «As relacións Galicia-Portugal, a debate» abranguía na publicación orixinal da páxina 467/59 (non numerada) á 476/68 e contiña na páxina 471/63 unha viñeta humorística do debuxante Siro, asinada no ano 84, na que dous homes vestidos de traxe con puro nas mans ollan un para o outro, un cunha bandeiriña que di Celta pensando ¡Cascarilleiro! en alusión ao outro, e reciprocamente o segundo cunha bandeiriña que di Deportivo pensando ¡Portugués! polo primeiro. O debuxo ía co pé de foto en tipografía impresa «Relacións Galicia-Portugal». Existe a gravación sonora correspondente no ASG, Col. Amancio Liñares, signatura ANMI—XUN/98. Nótese que a intervención de Ramón Villares no inicio da versión textual non está recollida no documento sonoro.
Baixo o título «As relacións Galicia-Portugal, a debate» o artigo impreso publicouse case un ano máis tarde na revista Encrucillada n.º 40 (novembro-decembro de 1984, pp. 59-68).
CARBALLO CALERO, Ricardo: Lapelas de Adiós, María,Edicións Castrelos & Caixa de Aforros Municipal de Vigo, 1976
Fonte: exemplar da Fundación Penzol
Centenario de Noriega Varela
Carballo Calero, Ricardo: «Centenario de Noriega Varela», Grial, 25 (1969), 341-346.
Fonte: Editorial Galaxia
https://editorialgalaxia.gal/revista-grial/ [Consulta: 2022-12-30]
Artigo de Ricardo Carballo Calero sobre a poesía de Bouza Brey
Fonte: Carballo Calero, Ricardo: «Grorias e perigos da poesía de Bouza Brey», Nós : boletín mensual da cultura galega : órgao da Sociedade Galega de Pubricacións Nós, n.º 130 (15 de outubro de 1934), p. 146-147
Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Recensión de R. C. Calero de Codeseira de Crecente Vega
Nesta breve recensión do libro Codeseira Ricardo Carballo Calero fai unha crítica favorable da obra de X. Crecente Vega. O comentario publicouse na páxina 36 do nº 22 da revista Nós, en 1934.
Para facilitar a súa lectura en soporte electrónico o documento orixinal montouse verticalmente a partir de dous fragmentos consecutivos do texto orixinal, editado este en papel en columnas continguas. Fonte do escaneado: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Bibliografía e publicacións relativas a R. C. Calero
- Bibliografía
- Otero Pedrayo, R. (1959): “Resposta ó discurso de ingreso na Academia Galega de don Ricardo Carballo Calero, poeta, ensaista, crítico, novelista”, en Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (Lugo: Celta), 1959.
- Herrero Figueroa, A. (1990): O teatro en Fingoi (A Coruña: Cadernos da EDG, 82).
- Blanco, C. (1991): Carballo Calero: política e cultura (Sada: Ediciós do Castro).
- Marco, A. (1992): Foula e ronsel: os anos xuvenís de Carvalho Calero (Sada: Gráf. Do Castro), 1992.
- Montero Santalha, J. M. (1993): Carvalho Calero e a súa obra (Santiago: Laiovento), 1993.
- Reimunde Norenha, R. (2010): Cautivério de Fingoi: os anos lugueses (1950-1965) de D. Ricardo Carvalho Calero (Lugo: Deputación).
- Castelao, M. (2010): Elucidacións na sombra. Análise e interpretación de dúas pezas teatrais de Carvalho Calero (Santiago: Laiovento).
- Pardo de Neyra, X. (2019): Á sombra de María Silgar. Carvalho Calero contra a historia única (Ferrol: Embora). “Prólogo” de María Victoria Carballo-Calero Ramos.
- Rabuñal, H. (2020): Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra (Vigo: Galaxia).
- Obras colectivas e de homenaxe
- Homenaxe a Carballo Calero (1982): (Ferrol, Cadernos do Medulio).
- O Ensino, Homenagem ao professor Carvalho Calero, núm. 18-22, 1987.
- Nós, I Congresso Internacional de Literaturas Lusófonas. Em homenagem a Rodrigues Lapa, Celso Cunha e Carvalho Calero, núm. 19-28, 1991.
- Ricardo Carvalho Calero: a razón da esperanza, A Nosa Terra, Extra 13 (Vigo: Promocións Culturais Galegas), 1991.
- “Estudos dedicados ao Professor Carvalho Calero” nas Actas do III Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, pp. 539-634 (A Coruña: AGAL), 1993.
- Herrero Figueroa, A. (1994): Sobre Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro e Carballo Calero (Sada: Ediciós do Castro).
- Pallarés, P. & Tato, L. (1994): Ricardo Carvalho Calero: a dignidade persoal (Ferrol: Concello).
- Rodríguez, J. L. (2000): Estudos dedicados a Ricardo Car valho Calero (Santiago: Parlamento de Galicia-USC), 2 vols., 2000.
- Conhecermos Carvalho Calero: umha vida polo galego e a Galiza (Ferrol: Fundación Artábria), 2000.
- Simpósio Carvalho Calero, edición de Teresa López e Francisco Salinas (A Coruña: UDC-AS-PG), 2002.
- Carvalho Calero 1910-2010: imaxe de cen anos (Ferrol: Concello), 2010. Encontros con don Ricardo: 100 Carvalho Calero, 1910-2010, coord. Emilia Seoane Pérez (Ferrol: Concello), 2011.
- Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación, Actas das Xornadas en edición de Carlos Biscaínho e Xosé M. Sánchez Rei (A Coruña: UDC-AS-PG), 2011.
- “Dossier Carvalho Calero”, en Terra e tempo, 155/158, pp. 116-138, 2011.
- Carvalho Calero atual (A Coruña: Através), 2012.
- Hei de entrar no meu povo: reivindicarmos Carvalho Calero (Ferrol: Embora), “Limiar” de María Victoria Carballo-Calero Ramos.
- “Ricardo Carvalho Calero… por fim!, Cadernos de Estudos Xerais, 17, Sada, 2019.
- Entrevistas
- Fernán Vello, M. A. & Pillado Maior, F. (1986): Conversas en Compostela con Carballo Calero, (Barcelona: Sotelo Blanco).
- Blanco, C. (1989): Conversas con Carballo Calero (Vigo: Galaxia).
- Salinas, F. (1991): Voz e siléncio: (entrevista con Ricardo Carvalho Calero) (Vilaboa: Edicións do Cumio).
- Epistolarios
- “Cartas de Cabanillas”, en Homenaxe a Cabanillas no centenario do seu nacemento, pp. 7-16 (Santiago: Universidade), 1977.
- Cartas de Ramón Piñeiro a Ricardo Carballo Calero (Santiago: Cadernos Ramón Piñeiro), 2004.
- Epistolario a Francisco Fernández del Riego, edición de Dolores Vilavedra e Montserrat Pena (Vigo: Galaxia), 2006.
- Epistolario Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro (Santiago: Centro Ramón Piñeiro), 2015.
Estas son as referencias empregadas por Henrique Rabuñal na elaboración do perfil de Ricardo Carballo Calero
Bibliografía de R. C. Calero
- Obra poética:
- Trinitarias (poesías) (Ferrol: El Correo Gallego), 1928.
- Vieiros (A Coruña: Editorial Nós), 1931.
- La soledad confusa (Santiago: Imp. Nós), 1932.
- O silenzo axionllado (1931-1934) (Santiago: Editorial Nós), 1934.
- Anxo de terra (Pontevedra: Gráficas Torres), Col. Benito Soto, Vol. VII, 1950.
- Poemas pendurados de un cabelo (Lugo: Colección Xistral), 1952.
- Salterio de Fingoy (Vigo: Galaxia), col. Salnés, núm. 2, 1961.
- Pretérito imperfeito (1927-1961) (Sada: Ediciós do Castro), 1980.
- Futuro condicional (1961-1980) (Sada: Ediciós do Castro), 1982.
- Cantigas de amigo e outros poemas (1980-1985) (A Coruña: AGAL), 1986.
- Reticências (1986-1989) (Santiago: Sotelo Blanco), 1990.
- Poesía perdida (Sada: Ediciós do Castro), edición de Claudio Rodríguez Fer, 1993.
- «O trebo das catro follas» (1944), edición de Carmen Blanco en Estudos Dedicados a Ricardo Carvalho Calero, tomo I, 123-140 (Santiago: Parlamento-USC), 2000.
- Obra narrativa:
- A xente da Barreira (Santiago: Bibliófilos Gallegos), 1951.
- A gente da Barreira e outras histórias (Santiago: Follas Novas), 1982.
- Narrativa completa (Sada: Ediciós do Castro), 1984.
- «Provérbios otomanos», Agália, núm. 4 (1985), 475-476, asinado como Namiq Ziyá.
- Scórpio (Santiago: Sotelo-Blanco), 1987.
- Obra teatral:
- Catro pezas (Vigo: Galaxia), 1971.
- Teatro completo (Sada: Ediciós do Castro), 1982.
- Obra ensaística:
- Sete poetas galegos (Vigo: Galaxia), 1955.
- Aportaciones a la literatura gallega contemporánea (Madrid: Gredos), 1955.
- Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía, Discurso de ingreso na Real Academia Galega lido o día 17 de maio de 1958, seguido da resposta de Ramón Otero Pedrayo (Lugo: Celta), 1959.
- Historia da literatura galega contemporánea (Vigo: Galaxia), 1963.
- Eduardo Pondal (Vigo: Galaxia), 1965.
- Gramática elemental del gallego común (Vigo: Galaxia), 1966.
- Breviario antológico de la literatura gallega contemporánea (Barcelona: RAG), 1966.
- Sobre lingua e literatura galega (Galaxia: Vigo), 1971.
- Particularidades morfológicas del lenguaje de Rosalía de Castro (Santiago: Universidade), 1972.
- Algunhas características do galego de Lago González (Santiago: Universidade), 1973.
- Prosa galega I: Desde os primeiros oitocentistas ao grupo Nós (Vigo: Galaxia), 1976.
- Prosa galega II: Dos novecentistas aos nosos días (Vigo: Galaxia), 1978.
- Estudos Rosalianos. Aspectos da vida e da obra de Rosalía de Castro (Vigo: Galaxia), 1979.
- Prosa galega III: Da época trovadoresca ao neoclasicismo (Galaxia: Vigo), 1980.
- Libros e autores galegos: dos trovadores a Valle-Inclán (A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza), 1979.
- Problemas da Língua Galega (Lisboa: Sá da Costa) 1981.
- Libros e autores galegos: século XX (A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza), 1982.
- Da fala e da escrita (Ourense: Galiza Editora), 1983.
- Letras Galegas (A Coruña: AGAL), 1984.
- La fuerza pública en la Universidad de Santiago y otros escritos escolares (1930-1933) (Sada: Ediciós do Castro), 1987.
- Escritos sobre Castelao (Santiago: Sotelo Blanco), 1989.
- Estudos e ensaios sobre literatura galega (Sada: Ediciós do Castro), 1989.
- Do galego e da Galiza (Santiago: Sotelo Blanco), 1990.
- Umha voz na Galiza. Artigos de jornal (1933-1989), presentación de Carmen Blanco (Santiago: Sotelo Blanco), 1992.
- Escritos sobre teatro, edición de Laura Tato (A Coruña: Biblioteca F. Pillado-UDC), 2000.
- El grupo Nós (Madrid: Antonio Machado Libros), 2019.
- Edicións:
- Versos iñorados ou esquencidos de Eduardo Pondal (Vigo: Galaxia-Centro de Estudios Fingoy), 1961.
- Contos populares da provincia de Lugo (Vigo: Galaxia), 1963.
- Cantares gallegos, de Rosalía de Castro (Salamanca: Anaya), 1963.
- Rosalía de Castro, Poesías, con Lydia Fontoira (Vigo: Patronato Rosalía de Castro), 1973.
- Cantares gallegos de Rosalía de Castro (Madrid: Cátedra), 1974.
- Ramón Cabanillas. Escolma de poemas (A Coruña: RAG), 1976.
- Antonio López Ferreiro. Escolma de prosa galega (A Coruña: RAG), 1978.
- Teatro Nós. Risco. Otero Pedrayo. Castelao (Santiago: Follas Novas), 1979.
- Afonso X o Sábio. Cantigas de amor, de escarño e de louvor, con Carmen García Rodríguez (Sada: Ediciós do Castro), 1983.
- Antología literaria bilingüe, de Castelao, edición, tradución e notas (Madrid: Taurus), 1983.
Listaxe de produción bibliográfica de Ricardo Carballo Calero compilada por Henrique Rabuñal
Herrero Figueroa, Araceli: «O maxisterio de Don Ricardo supuxo un galano que, sen ser sequera conscientes, e menos merecentes, recibimos nenos e nenas de Lugo e provincia», 2020.
Fonte: carballocaleroenlugo.org/o-maxisterio-de-don-ricardo. [Data de descarga: 14/10/2020]
Artigo «Algo se lee. Libros de Galicia en 1955»
Artigo escrito por Aquilino Iglesia Alvariño, apareceu a páxina completa o 6 de xaneiro de 1956 en La Noche. Vai ilustrado con oito retratos de autores galegos, a maioría fotografías, outros debuxados ou pintados.
Fonte: La Noche vía Galiciana
Ligazóns de interese
O Seminario de Estudos Galegos (1923-1936) en Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: http://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta_aut/registro.do?id=35606 [Consulta: 2022-12-28]
Acceso á publicación Arquivos do Seminario de Estudos Galegos. Galiciana
Fonte: Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia
https://biblioteca.galiciana.gal/gl/consulta/registro.do?id=401088 [Consulta: 2022-12-30]
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Fonte: https://www.cidadedacultura.gal/gl/evento/galicia-de-nos-nos
A revista Nós en Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia
Fonte: https://revistanos.galiciana.gal
Unidades didácticas sobre a figura e a obra de R. C. Calero
Portal Galego da Língua
Roteiros R. C. Calero por Ferrol, Compostela e Lugo
Percorridos con fotografías dos espazos biográficos e textos de Ricardo Carballo Calero.
A relación de R. C. Calero con Lugo
Inclúe textos, fotografías, audios e vídeos
Xunta de Galicia, Xacobeo 2021, Colectivo Egeria e Real Academia Galega
Biografía, obra, novas e vídeos de R. C. Calero, na RAG
Real Academia Galega
Historia do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, de 1944 a 2004
Pardo de Guevara y Valdés, Eduardo (dir.): O Instituto de Estudos Galegas «Padre Sarmiento»: Sesenta anos ó servicio de Galicia (1944- 2004). Santiago de Compostela: CSIC, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento (IEGPS), 2005. http://hdl.handle.net/10261/225007
Fonte: CSIC.
https://digital.csic.es/handle/10261/225007
Debate entre Constantino García e Ricardo Carballo Calero sobre o futuro do galego, emitido na TVG en 1987
Fonte: Televisión de Galicia
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/o-futuro-da-lingua-galega-prog-a-duas-bandas-4410692?t=16 [consulta: 2022-09-27]
Os sonetos de Noriega Varela
Artigo de Ricardo Carballo Calero no Boletín da Real Academia Galega 355 (1973), 21-30.
Fonte: Real Academia Galega
https://2012.academia.gal/boletins-web/paxinas.do?id=2790&d-447263-p=1 [Consulta: 2022-12-30]
«A propósito de la gramática gallega de Carballo Calero», Grial, V/16 (1967), p. 192-196. [Accesible en liña: https://editorialgalaxia.gal/revgrial/]
Fonte: revista Grial, da editorial Galaxia
Biografía e bibliografía de R. C. Calero na Wikipedia
Biografía e bibliografía de R. C. Calero en Wikiwand
Biografía, bibliografía, cronoloxía, citacións e mediateca de R. C. Calero
Epístolas de
Carta de Carballo Calero a Paz Andrade. 1932
Ferrol, 19-X-32
Sr. D. Valentín Paz Andrade
Querido irmán:
Ignoro si obran no teu poder dúas cartas do Grupo Ferrolán do Partido, solicitando de ti a mercede de un mitin n-esta vila. O certo é que nin tí contestaches a esa petición nin Pontevedra â notificación oficial de constitución do Grupo.
Espero que de esta vez te molestarás en escribir dicindo cando pode ser eso, e con qué oradores podemos contar. Non pode faltar Picallo. Por min, que veñan os tres diputados. E de saber que falaría eu, e outro de eiquí faría a presentación. Creo que nos debedes proporcionar non menos de tres oradores. Castelao caería moi ben. O outro podes ser tí mesmo, ou Bóveda, ou quen querades.
Decatádevos do intrés que ofrece a conquista de Ferrol, colonia castrense de Castela, ulster e Gibraltar galego, quinto reino de Andalucía, etc, etc, etc. Xa veríades que o Grupo se move, pero apenas hai máis orador que eu, e diñeiro ningún. Non nos esquezades, ou nos pasaremos a Álvaro.
Ocurre que eu fun n-outrora Director de Prensa da FUE, pol-o cal facía «Scholarum». Dende entón, o Pueblo Gallego envíaseme gratuitamente. Pero como agora estóu en Ferrol, non o recibo, e o recibe a miña ex-patrona de Santiago, o que non é xusto. Rógoche que fagas a oportuna xestión pra que, si se empeñan en mandarmo, mo manden a Ferrol, Sinforiano López, 183,3º, e non a Santiago, Troya, 10 baixo; antre outras razóns porque en Troya non podo recibilo.
Espero que me responderás axiña, ante a ameaza de escisión. Escríboche ô Pueblo porque da túa direición somente lembro a verba «Urzáiz». Apertas.
R. Carballo Calero
Carta de Paz Andrade a Carballo Calero. 1932
[Vigo], 1 novembre 1932
Sr. Don Ricardo Carballo Calero
Ferrol
Querido Ricardo:
Ainda hoxe me foi entregada a tua carta do 19 derradeiro, dirixida a-o Pueblo. Das outras cartas non sei, pois é a primeira que recibo d-ese Grupo, despois das que teño escrito a Valerio, en resposta a outras d-él.
Da Segredaría de Propaganda encarregouse de novo Núñez Búa, a-o que trasladaréi a tua petición. Mellor será que indiquedes xa o día, e posto que vides desenrolando unha laboura dinámica, podedes orgaizar otro pol-a tarde n-un pobo perto d-esa vila. Dende logo conven que vaian a-o mitin Picallo e Castelao, e cecais Bóveda. Eu iréi na segunda tanda, pra outro que se orgaice.
Felicítovos cordialmente por esa actividade. Non agardabamos tanto, os que do Ferrol tiñamos conocimento antigo e certo. Adiante, pois.
Farei mañán a xestión que encargas pra a adeministración do Pueblo.
Lembranzas a todol-os irmáns d-ese puxante agrupamento e ti recibe unha forte aperta do teu sempre amigo e compañeiro
[V. Paz-Andrade]
Carta de Usero e de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1949)
Os remitentes son tanto Ricardo Carvalho Calero como Francisco Usero.
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1949)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1949)

Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1950)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1950)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1950)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1950)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1950)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1950)
O enderezo de remite é a Rúa San Roque 14, 1º
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1950)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1950)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1952)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1952)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1953)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1954)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1954)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1954)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1954)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1954)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1955)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1955)

Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1956)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1956)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1956)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1956)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1956)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1956)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1957)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1957)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1957)

Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1958)
Telegrama de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1958)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1958)

Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1959)
Carta de Carballo Calero a Álvarez Blázquez (1959)
Fingoy, 19 xaneiro, 1959
Sr. Don Xosé María Álvarez Blázquez
Vigo
Meu querido amigo: Recibín a túa carta. Farei todo o posible por averiguar o que desexas, inda que hoxe non hai en Lugo persoa a que se dirixir con espranzas certas de que nos tire de dúbidas. Niste mesmo intre póñome en movimento e consultarei a todo o mundo que teña cara de nos poder dar unha pista. Calquer cousa que averigüe cha comunicaréi de contado. A túa carta, inda que escrita o 14, chegóu o 17, domingo. Eiquí temos peatón, e cando o tempo é duro, deixa o reparto para cando mellore.
Gracias pola oferta do manuscrito. Tamén quería ver o teu propio traballo.
Agardo con vivo interese a pubricación da Escolma II.
Unha forte aperta. R. Carballo Calero.
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1959)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1959)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1959)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1959)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1959)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1960)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1960)
Carta de Carballo Calero a Álvarez Blázquez
Lugo, 5, xunio, 1960
Sr. D. Xosé Mª Álvarez Blázquez
Vigo
Meu querido amigo: Recibín a túa carta. En vista de que che oferece dificuldades a leitura do soneto autógrafo, mándoche unha copia mecanográfica do mesmo. Xa non me lembraba de que fora íse o enviado, pero polo que me dis, íse ten que ser.
Iste vran teréi que ir á Cruña a escudrumar algúns días na biblioteca da Academia. Veremos se entón podo leer o sainete de 1846.
Verbo do traballo pra o boletín consagrado a Cabanillas, o meu pensamento primitivo foi que ti estudaras o teatro, e Filgueira a poesía narrativa que nos deixóu. Pero Carré Alvarellos recabóu espresamente para sí, denantes de que eu dera conta do reparto, o estudo que eu che reservaba. Filgueira, a quen escribín, non me contestóu, inda que nunha conversa con Piñeiro díxolle que me escribiría propoñéndome que en troques de estudar o que eu quería, lle deixara estudar uns inéditos e borradores que ten no Museo. Penséi que ti poderías entón encarregarte de estudar a épica de Cabanillas, xa que a dramática a collía Carré, e a Filgueira habería que deixarlle falar dos tales inéditos. No primeiro plan Cabanillas ficaba estudado sistemáticamente. Pero xa que, como non é estrano, teño que aceitar modificacións aos meus proxeitos, penso que podes traballar, ou ben sobre a narrativa, ou ben, como me suxires, sobre os sonetos. Pra que o conxunto resulto algo concreto, eu faréi o derradeiro meu traballo, fincando á espreita do que fagades os máis, a fin de orientar a miña contribución en forma que encha ate onde se poda os ocos que resulten. De todos xeitos, dime en definitiva qué decides.
Eu creo que o soneto de Pondal traducción de outro de Rodríguez Marín pode se conseguir na bilbioteca da Academia Española. É custión de llo encarregar a algunha persoa de confianza que resida en Madrid. Eu ando agora demasiado atafegado para pensar nisa xestión. Calquera de nós que dé co soneto, en calquer momento, fica comprometido a llo comunicar ao outro. Niso quedamos.
Unha grande aperta do teu amigo,
Ricardo Carballo Calero.
Carta de Seoane a Carballo Calero (1960)
Buenos Aires, 14 de setembro de 1960
Sr. D.
Ricardo Carballo Calero
Lugo
Meu querido amigo:
Tiña que ter escrito dende que cheguei a ista, mais funo deixando por preguiza e isa perplexidade que a un lle queda logo de voltar de unha terra que durante moitos anos, un non fixo mais que soñala dende moi lonxe. Fuches a primeira persoa amiga de sempre que eu vin en Galicia, e si denantes tiña por tí amistade e ademiración, unha e outra renováronse nos dous días que pasei en Lugo. Non sei cando voltaremos, mais sempre teremos pra tua dona e pra tí, a miña i eu, o recoñecimento da vosa hospitalidade.
Por correio aparte envíoche as miñas obras de teatro que foron primeiro escritas en galego e logo, por razós de pubricación, traducidas por min ao castelán. Unha dílas, La soldadera, estrenarase eiquí por unha compañía arxentina na próisima temporada. No libro que te deixei, As cicatrices, no poema Guerreiros contra o mar, ten unha errata importante. No verso terceiro onde di bágoas ten que decir vagas. Esquecinme, creo, de correxilo cando o adiquei. Con saúdos pra todol-os amigos, recibide a tua muller e tí unha aperta da miña e de min, e outra grande pra tí de:
Carta de Carballo Calero a Seoane (1960)
Lugo, 31 [sic] de setembro de 1960
Sr. D. Lois Seoane
Buenos Aires
Meu querido amigo:
Foi pra min unha ledicia recibir a túa carta. As túas verbas cariñosas –sentimental como eu son segredamente– énchenme de emoción. Es demasiado xeneroso ao lembrar con agrado unhas horas pasadas con un home envellecido e malencólico, pantasma de sí mesmo, supervivinte doutros tempos i estrano nístes. Só a resurreición do pasado, na persoa dos vellos amigos apertados dempóis de longa ausencia, torna a infundir algún quentor na miña friaxe. Se non me atopaches enteiramente cadavérico, como xustificadamente podía temer, a iso se debería. Houbera querido ter pra vós o agasallo dun pulso máis rexo, dun trato máis tónico. A miña soedade interior non é pra cultivar en mín unha sociabilidade que nunca poseín en grao sobresaliente. O certo é que a túa muller e ti deixáchedes na miña lembranza o mellor dos recordos; e María comparte enteiramente istes sentimentos. Sempre vos consideraremos dous irmáns, e onde queira que voltemos a nos ver, será pra nós un grande contento vervos.
Tardéi en che contestar mergullado na posta en marcha do Colexio no novo curso, o que sempre crea problemas máis dificis e pertubadores do que pode sospeitar quen non conoza as peculiaridades do caso. O meu traballo é dabondo esmagador, si se ten en conta que non podo escusarme de complicalo coas tarefas literarias que se me encomendan e que é o único que dá unha sombra de xustificación á miña vida. Mentras a Historia da Literatura que ando a facer non esteña rematada, teño hipotecada a miña esistencia. I eso vai pra longo.
Supoño que terás recibido o meu discurso de ingreso na Academia Galega, que trata sobre as fontes de Rosalía. Debíncho mandar, se non lembro mal, estando ti en Europa. Non sei se cho mandei ao Centro Galego. Coido que sí, o mesmo que outro exemprar que adiquéi a Blanco Amor.
Aínda non recibín a Obra Completa de Cabanillas, que ten xa moita xente por eiquí. En vista de elo, escribín ao Presidente do Centro, rogándolle que intervira persoalmente pra que cesara ista anomalía. Ao día seguinte, recibín carta de Emilio Pita, na que iste bo amigo me asegura que non tardaréi en recibir o volume. Polo de agora, non o teño. Logréi ver dous exemplares: o que se lle mandóu a Del Riego e o que se lle mandóu ao Director da revista Vida Gallega. Agardo que de calquer xeito non se demorará moito a chegada do meu exemprar.
Na túa carta, me falas de que por correo aparte me envías as túas obras de teatro. Non me chegóu nada diso; pero dende logo, La Soldadera i El irlandés astrólogo ma adicaches e regalaches en Lugo, xuntamente con As cicatrices. Como teño tamén Na brétema, Santiago e Fardel de emigrante, [sic] a túa bibliografía está bastante completa na miña libraría. Sempre leeréi con pracer o que queras me mandar.
María i eu vos enviamos apertas de todo corazón.
R. Carballo
A data que indicamos numericamente é a do 30 de setembro, aínda que o orixinal pon 31. Porén o noveno mes do ano ten só trinta días.
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1960)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1960)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1960)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1960)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1960)
O día indicado na data é aproximado, estímase entre o 20 e o 29 do mes.
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1961)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1961)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1961)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1961)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1961)
Carta de Carballo Calero a Álvarez Blázquez (1961)
Colegio Fingoy, Lugo, 28-XI-61
Sr. Don Xosé Mª Álvarez Blázquez
Vigo
Meu querido amigo: ¿Cómo non ía firmar a proposta do teu ingreso na Academia? Del Riego i eu quixemos xa te propor na anterior vacante. Non puiden asistir á unha reunión de amigos na que se acordou quete precedese Fole. Falo de anterior vacante, pero agora decateime de que se trata da penúltima. Pra a anterior pactouse cos da Coruña que presentaran a Meijide sobre a base de que apoiarían a túa candidatura para a próxima. Fun sempre, pois, entusiasta partidario de túa inmediata academización. Ti fixeches e fas unha grande labor, e serás académico de primeira. Se falas de formación truncada, íse e tamén o meu caso. Os dous somos cabaleiros mutilados pero non estamos entereimente inutis para o servicio.
Nas miñas notas non figura expresamente a data dos números do “Heraldo” ns que se pubricóu o “Rechamo”; pero combinando dados, chego á concreción de que a pubricación debéu comezar en novembro ou decembro de 1874.
Quixera que me mandaras unha breve nota descriptiva da “Resposta ao Rechamo”, pois nunca vin tal texto , e quixen mencionalo na Historia. Supoño que está en galego. Inserta algún pequeno anaco, indícame a métrica empregada e resúmeme o contido. De paso fai o favor de me indicar as páxinas de Orensanos ilustres que D. F. Alonso adica a Nóvoa.
Interesaríame certos números do Bol. da Academia Galega. Agoa estóu pendente da resposta de Naya sobre os que a Academia me pode facilitar. Cando a teña escribiréiche sobre o asunto.
Como non dubido da túa eleición, envíoche a miña felicitación máis sincera.
Apertas
R. Carballo.
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1961)
Carta de Carballo Calero a Álvarez Blázquez (1961)
Fingoy, 29, XII, 1961
Sr. Don Xosé María Álvarez Blázquez
Vigo
Querido Xosé María: Moitas gracias pola túa nota referente á “Resposta ó Rechamo”.
Disme que se a pubricación do “Rechamo” no “Heraldo” é de 1874, é posterior á do “Faro” e non te interesa maiormente. Inda que como te dixen, non teño nota dos anos en que se pubricóu no “Heraldo”, creo poder afirmar que comezóu a se pubricar en novbr. de 1874, pois a páxina 336 do tomo I da coleición ten que corresponder a ise mes e ano, xa que teño nota de que a páx. 329 corresponde ao número 45, xoves 12-11-74, e por ise tempo a pubricación era semanal: de xeito que o número que nos interesa tivo que ser o 46 ou o 47, de 19 ou 26 do mesmo mes e ano. Nise caso, se no “Faro” pubricóuse en febreiro e marzo do 75, a ed. do “Heraldo”, ou pasara algún número sen incluir a continuación do “Rechamo”, o feito de que a páxina 336 perteza ao tomo i sinala o mes de nadal de 1874 como termo “ad quem”. Segundo as miñas deduccións, no “Heraldo” o “Rechamo” rematóu de se pubricar en febreiro de 1875, o que está de acordo coa data da “Resposta”, 4 de marzo dise mesmo ano. Así que creo na prioridade da ed. do “Heraldo” sobre a do “Faro”.
Agora interésame a min saber se a edición que ti tes en folleto aparte está datada; e se non o está, se se pode afirmar ou non que é unha separata do “Faro”, pois, en caso afirmativo, ficaría datada en 1875. Cando podas, me respondes a isto.
O que parez é que non é verosímil o que conxetura Couceiro (III, 97) de que a ed. princeps do “Rechamo” debe de ser de c. 1850. A data da “Resposta” parez indicar que a ed., princeps é a do “Heraldo”, pois Nóvoa fala como se respondera a un testo recente. A non ser que houbera efeitivamente unha primeira edición que Nóvoa non coñecera, e ao ver o testo (reproducido, nista hipótese), no “Heraldo” decidira contestar. Non me semella isto probable. Nóvoa, que vivía en Ourense, leería o “Rechamo”, no “Heraldo”. Pro ¿por qué non pubricóu a resposta nisa revista, en troques do “Faro”?. Eu teño papeleteados todos os traballos en galego do “Heraldo”, e a “Resposta” non está. Ademáis, ¿por qué a “Resposta” comeza “Quen queiras seas, cantore”?. Nas miñas notas o “Rechamo” do H. aparez firmado “Juan M. Pintos”. ¿É que Nóvoa non coñecía ao autor da “Gaita gallega”?. Non é imposibre; pero á verdade a súa actitude sería menos estrana se houbera lido o testo de Vigo, firmado J. M.P., que podía ser Posada. Terás que acrarar todos istes puntos nos teus comentarios, notas ou introducción á túa factura edición de Pintos. A min, polo momento, o que me interesa é a data do folleto que posees; pero indícoche todos istes armónicos da custión porque sei que non deixarán de te interesar, e no seu día teralos en conta.
Á túa dona, a ti e a toda a túa familia desexamos todos nós un feliz ano 1962, no que agardamos escoitar o teu discurso de ingreso na Academia.
Apertas
Ricardo Carballo Calero.
Carta de Carballo Calero a Paz Andrade. 1962
Lugo, 6 xaneiro 1962
Sr. D. Valentín Paz Andrade
Vigo
Meu querido e vello amigo:
Non estranarás que, isolado como vivo, tardara en chegar a min a noticia do accidente que sofriches. Onte soupen de ti por quen te viu, e admiróu a tua resistencia física e moral perante a adversidade. As noticias que me dan son tranquilizadoras, pois pronostican unha rápida e total recuperación, malia a importancia das feridas. É o meu desexo que o prazo que te afasta da normalización completa da túa vida se acorte todo o posible.
Namentras, se en algo estimas o testemoio dunha antiga irmandade, non será ocioso que seipas que recibín con emoción a nova do teu accidente, e con ledicia a de que superarás enteiramente ise contratempo.
Unha forte aperta.
R. Carballo Calero
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1962)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1962)
Telegrama de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1962)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1962)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1962)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1962)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1962)
Carta de Carballo Calero a Álvarez Blázquez (1962)
Fingoy, 11 xulio 1962
Sr. Don Xosé Mª Álvarez Blázquez
Vigo
Meu querido amigo: Non será necesario que che felicite espresamente polo teu nomeamento de académico. O meu interese por que adquiriras tan merecida distinción, interés fundado somente nun sentimento de xusticia, fai que considere o ésito como propio.
Dentro duns días trasladaréime á Coruña, onde pasaréi dúas semás traballando na Academia. Veréi se entón aprazo o famoso sainete estraviado que pensáramos editar se o testo o merece.
Non vexo de momento posibilidades de visitar Coruxo, pero cicáis pra agosto pase algún día por ahí.
Agora ando moi afanado a correxir as probas da Historia. Veremos cómo sai iso. Os meus traballos de xerencia do Colexio consúmenme, e non teño tempo pra outras empresas.
Con moitos saúdos pra a túa familia, recibe unha forte aperta do teu amigo
Ricardo Carballo Calero
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1962)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1962)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1962)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1962)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1962)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1962)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1962)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1962)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1962)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1962)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1963)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1963)

Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1964)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1964)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1964)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1964)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1965)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1965)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1965)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1966)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1966)
Carta de Carballo Calero a Álvarez Blázquez (1966)
COLEGIO FINGOY LUGO
28, abril, 1966
Sr. Don Xosé Mª Álvarez Blázquez
Vigo
Meu querido amigo: Fai tempo que lin en “Cuadernos” o teu traballo sobre literatura relativa ao Mariscal. Agora recibo a separata que che agradezo moito. Ben quixera compracerte dándoche unha opinión meditada acerca do teu estudo. Non me será difícil facerche comprender que ando esmagado polas angurias e que de momento non dispoño de vagar pra manexar “o escalpelo”. Ti sabes tanto coma min diste vertixinoso vivir arrebatado por mil deberes ineludibles que lle merman a un o tempo. Incrementadas as miñas obrigas docentes e compricado todo co meu oscilar entre Santiago e Lugo, vexo aterrado cómo a duras penas salen as miñas tarefas cotiáns, e non son dono de dar abasto ás que, como a Gramática, sendo urxentes, non está suxeita a un prazo fixo, anque a súa demora me valla constantes admonicións. Final de curso este tempo, con centenares de alumnos se sumamos os dos tres centros nos que traballo, apenas por facer frente á situación. Vemos, pois, de agardar ate que poda estudar seriamente o teu traballo.
Craro está que é de grandísimo interés. Fica firmemente demostrado que Saavedra refundiu anacos de dous poemas distintos sobre o Mariscal, perfeitamente calificados por ti. É tamén indudable, ao meu xuício, que a “Relazón” prosifica algo dun deles. Cánto, en qué medida se atopan na prosa aqueles versos díste, é dicir, ata que punto a túa reconstrucción ten posibilidades de ser esacta, é o que non podería decir sen estudala verso por verso, e iso farei axiña que poda. Hai outros moitos aspeitos das túas conclusións que aportan outras luces ou plantean novos problemas e e merecen a atención máis esmerada. En fin, felicítote efusivamente por tan fremosa aportación aos nosos estudos literarios.Non che ocultarei que fai tempo crín ter achado unha noticia que resolvería o problema da verba ou verbas “Todomira” confimando i espricando a leición deFreijomil, pero agora, querendo dar con isa noticia pra cha comunicar que non a acho acho onde imaxinaba que a vira, e como a atopara por azar, cando non estaba preocupado por ista cuestión, non tomei ningunha nota, empezo a pensar que estóu trabucado, e que hai en min alguna confusión e nunca albisquei cousa sobre o particular. Endebén, hei seguir esculcando ate me convencer de que soñéi, ou ate dar de novo co dado, en cuio caso non deixaría de aportarcho.
Gostaríame ter pronto ocasión de falar contigo de todo isto e outras moitas cousas. Veremos agora as luces que Filgueira aporta no seu anunciado traballo dos “Cuadernos”.
É tamén interesante o teu descobrimento do pouco galego de Aguirre. E un grande Colón dos nosos tempos. Por certo que outra cousa sobre a que tiña tamén algo que decir é a túa reconstrucción dos versos corruptos da égloga de Belmiro e Benigno. Xa non me acordo ben. Era algo de pouco monta, pero cando fagas a edición crítica dise testo volveréi a ler o teu traballo e che indicarei o que se me ocurra sobre algún verso.
Unha forte aperta do teu amigo. Ricardo.
Carta de Carballo Calero a Álvarez Blázquez (1966)
Fingoy, 8 maio 1966
Sr. Don Xosé María Álvarez Blázquez
Oviedo
Meu querido amigo: Pois chegóu afinal a túa carta aludida na de data 28, e tamén trai data do 28. Por ela entéirome dos teus traballos en preparación, todos de subidísimo interés, xa que darán un grandísimo pulo ao coñecimento das épocas escuras da nosa literatura. Primeiro, a colleita da poesía galega antre 1450 e 1850. Segundo, isas esculcas no campo dramático. Terceiro, a prosa política da primeira metade do XIX. Dou por descontado que pubricarás o testo íntegro de “Os rogos dun gallego”, que xa cicáis teñas conseguido, e que non deixarás de ver o manuscrito de Carré Aldao sobre a literatura en Galicia durante a Guerra da Independencia.
As consultas na Biblioteca da Universidade son hoxe imposibles, segundo resulta das xestións que pratiquéi. Como está en obras o edificio, os libros áchanse arrombados e non son accesibles. Temos de agardar, pois, a que se reorganice a Biblioteca, segundo as noticias que outiven de Don Salvador Parga.
Entremedias, sempre que haxa ocasión, oralmente ou por escrito, non deixaremos de intercambiar información.
Unha forte aperta.
Ricardo Carballo Calero
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1966)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1966)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1966)
Carta de Carballo Calero a Álvarez Blázquez (1966)
Colegio Fingoy, Lugo, 15 xunio 1966
Sr. Don Xosé María Álvarez Blázquez
Oviedo
Meu querido amigo: Estiven no Convento de San Francisco de Santiago pra localizar as “Sumptuosas fiestas”. Teño xa a signatura do volume, e na primeira ocasión consultaréino pra ver se hai nil algo que che interese. Non o puiden facer na primeira visita por falta de tempo. Conservo todas as papeletas pra evacuar as consultas cando sexa posibre.
Fai xa tempo dabondo que consultéi o manuscrito de Carré, e as miñas lembranzas do mesmo son debis. Pero non cabe dúbida que se eu atopara nil copia de testos galegos descoñecidos, hobéraos citado. Lembro que cita algunhas estrofas de “Os rogos” que non figuran en “El idioma gallego”; pero disto xa fixen uso na miña “Historia”, e xa que tes o testo íntegro agora, non hai máis que falar. Coido que, efeitivamente, niso de gran número de follas soltas en galego antre 1808 e 1823, ten que haber un pouco de fantasía. En todo caso, Carré non as tiña á vista ao redactar o seu traballo. Sen dúbida houbo algo, e algo se conservará, pero ninguén sabe ónde, e só a sorte pode depararnos cicáis algún exemprar.
Non deixaréi de lle falar a Carré como me indicas. En Boel non estiven. Ise día actuéi en Santiago. Fai tempo que non vou á Academia. Cando se presente a ocasión, trataréi do asunto.
Xa non me acordaba da miña referencia á carta de Fandiño. Vina na Academia, e xa que mo afiuzas, correxín o erro de cita no meu exemprar da “Historia”. É un erro estrano, porque a cita é de primeira man. Pero istas cousas pasan.
Verbo de Sir Robert Wilson xa chegara eu á conclusión de que o sainete de que fala Salinas tiña que se referir aos acontecimentos do ano 23. Pero que satirice aos liberás do ano 12 non quer decir que a acción se desenrole nisa data, senón que ataca aos “doceañistas”, é decir, aos que en 1820 puxeran en vigor a Constitución do 12. Polo tanto, teño, efeitivamente, que revisar o párrafo, pois, fora por imprecisión das miñas fontes, fora por interpretalas mal, admito a posibilidade de que a obra sobre Wilson fora anterior á de Fandiño, escrita no 12; o que vemos que non é probable. Creo recordar que Wilson participóu tamén na guerra da Independencia; pero todo fai supor que o sainete perdido se refería aos tempos do Cen mil fillos de S. Lois.
Podo falar sen incomenente coa Bibliotecaria de Lugo i encarregarlle que che mande unha fotocopia do testo de Pintos, anuncio da segunda setena, pubricado en “La Aurora del Miño”. Se ela non o pode facer, por non ter organizado o servicio, podo pedir que o faga a un fotógrafo. Axiña que dispoña de tempo faréi a xestión. Xa comprenderás cómo ando de trafegos nistes finás de curso. Tes que aturar que tarde en comprirche as encomendas, pero ten a seguridade de que se me das tempo iréi facendo o que poda.
Supoño que aínda estarás en Oviedo. Comunícame os teus cambios de endrezo.
Unha aperta.
Ricardo Carballo Calero.
Carta de Carballo Calero a Álvarez Blázquez (1966)
Fingoy, 16 xulio 1966
Sr. Don Xosé María Álvarez Blázquez
Oviedo
Meu querido amigo: Puiden despachar máis unha das túas encomendas. Dempóis de varias xestións na Biblioteca Provincial conseguín que me deixaran a coleición de “La aurora del Miño” e levéina a un fotógrafo, quen, logo dun intento que non resultóu satisfactorio, outivo unha fotocopia que me parecéu suficientemente crara do diálogo de Pintos. Mandéicho certificado hai uns días, e supoño que estará xa no teu poder.
Vin o teu traballo en “Grial” sobre os versos de Aguirre. Os meus puntos de vista sobre a siñificación dos mesmos—considéroos marxinás ao noso Renacimento—espóñense nun artigo que mandéi ao “Faro”.
Conforme vaia podendo, iréiche despachando o resto das consultas. Agora estóu inmovilizado en Fingoy, con miras a rematar a Gramática.
Unha aperta do teu amigo,
Ricardo Carballo Calero
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1966)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1966)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1966)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1966)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1966)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1966)
Carta de Álvarez Blázquez a Carballo Calero e Bouza-Brey (1967)
Oviedo, 17 de xaneiro 1967
Sr. Don Fermín Bouza Brey e
Don Ricardo Carballo Calero
COMPOSTELA E LUGO
Meus queridos amigos:
Vos supoño sabedores de que, na xuntanza da Academia do 18 pasado, fúchedes nomeados ensembla conmigo pra informar sobor da proposta en favor de González Garcés como académico numerario, na vacante de Rey Soto (q.e.p.d.). Dita proposta, como saberedes, foi presentada por Ferro Couselo, Cunqueiro e Freire de Andrade.
De ningún xeito trato de torcer o voso criterio; somentes os quero adiantar que eu, pola miña parte, estou disposto a informar en contra. Con toda honradez, sin que me movan razóns persoanles—que nin eisisten nin serían quens de me ditar unha inxustiza—coido que iste amigo non ten méritos bastantes, o que non é impeitizo para que os teña en outros terreos. Un só libro de versos galegos e uns artigos de prensa sobre temas máis ou menos vencellados a Galicia, non me parecen méritos dabondo, maormente pensando nas moitas xentes que na nos aterra traballan con meirande adicación e cicáves con miras máis desinteresadas pola non cultura. Tal é o caso, precisamente, de Rafael Dieste, cuia candidatura se opón á de Garcés, de xeito que si xa os méritos diste parécenme poucos, ainda resultan máis cativos opostos aos de Dieste.
Vexo, por outra parte, que nista desiñación, polo que a min toca ao menos, hai algo de maquiavelismo estreito. González Garcés e os seus amigos saben que eu non estóu ben disposto no seu favor; encomendándome o informe póñenme nun brete; si é favorábel—coma sen dúbida esperan, por respeto á tradición—non podo logo refugar o voto; si fose desfavorábel, quedaría eu nunha postura pouco airosa, coma quen dí en evidencia. Non sei si no voso caso daránse as mesmas circunstancias.
Eu teño eiquí a proposta en favor de Garcés máis o seu curriculum vitae, que é a cousa más desmesurada que na miña vida vin, somentes comparabre ao globo de Betanzos. Dígovos que non quero mediar no voso criterio, pero vos rogo que, tal e como eu fago, señades sinceros conmigo. En Compostela podedes vervos un día e parolar do asunto. Si estades dispostos a informar a favor, eu non tería máis remedio que facelo. Si coincidides conmigo, argallaríamos unha fórmula discreta, que de momento non se me ocurre.
En todo caso, un por un ou xuntos os dous, facédeme o favor de contestarme, ca posibre urxencia. É un mal trance no que nos puxeron, polo menos a min, e quero saír del o máis axiña, porque hai que rifar a cotío ca vida e precisa un home ter a meirande tranquilidade posibre.
Unha fonda aperta do voso amigo,
X.M.A.B.
Carta de Carballo Calero a Álvarez Blázquez (1967)
Lugo, 7 abril 1967
Sr. Don Xosé María Álvarez Blázquez
Oviedo
Meu querido amigo: os sete cursos de alumnos que teño que controlar antre o Instituto e a Universidade, mais os traballos anexos, impedíronme ate hoxe che dar conta das xestións que realicéi sobor das consultas bibliográficas que me encarregaches. (Como non che teña xa escrito e me teña esquecido de que o fixen, o que creo improbable, pero non imposible, dado o vértigo con que me é preciso pasar dunha cousa a outra). Se que estíveches en Santiago estando eu ausente, e non sei se terás ido pola biblioteca da Universidade. Eu fun de novo e comprobéi que cos dados das papeletas relativas a “papeis varios” non é posible de momento localizar os testos que interesan. Despois de diversas procuras, e de traguerme cousas que non eran as que buscaba, dixéronme que o falecido bibliotecario Bustamente tiña reorganizado esa sección e que coas referencias que eu daba non era posible achar o que quería. Naturalmente, coido que haberá que aportar máis referencias. Paréceme que o mellor será que fagas ti persoalmente unha nova xestión perto de blibliotecaria cando dispoñas de temo para pasar algúns días en Santiago i espricar con pelos e sináis todo o que poida dar unha pista se é que tes outras referencias que dar, ou tempo para insistir e agardar que remexan dabondo. Se isto non pode ser, eu volveréi á carrega cando se me presente outra ocasión, pero polo de agora non teño conseguido máis que, en definitiva, a resposta de que non achan o que pido. Esto, polo que se refire ao resto das consultas non acraradas, agás a do libro de claustros (e a dos vilancicos do Convento de Menores). Sobre o libro dos claustros deixéi instruccións para que mo busquen, e agardo poder che mirar o material axiña. Do Convento, non adiantei un paso. Teño localizado o libro, e só falta que me poida desprazar a San Francisco nun momento en que esté alí o P. Ouro, con quen teño concertado a consulta.
Polo menos, quero que recibas esta conta rendida das miñas xestións, inda que neste periodo de tempo non teña conseguido resultados positivos. Ve que non deixéi de me coidar do asunto.
Agardando que recibiras a separata de Cadernos relativa a Valle-Inclán, e promentedo novas informacións cando as teña, envíoche unha cordial aperta, o teu bo amigo.
Ricardo.
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1967)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1967)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1967)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1967)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1968)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1968)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1968)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1969)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1969)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1969)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1969)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1969)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1970)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1970)
Carta de Carballo Calero a José Luis Lomba Alonso
Universidad de Santiago
Facultad de Filosofía y Letras
11 de julio de 1970
Sr. Don José Luis Lomba Alonso
La Guardia
Mi estimado amigo:
Las exhortaciones a la urgencia en la ejecución de mi trabajo que por correo, telégrafo y teléfono me han dirigido ustedes, me obligó a forzar la marcha del mismo, lo cual siempre es perjudicial para la calidad del producto. Tal y como salió, se lo envío certificado aparte con esta misma fecha.
Deseo que mi nombre no aparezca seguido ni precedido de mención alguna de cargo o título en la firma de mi trabajo, ni en el índice o en la portada del libro. Si me mandan las pruebas de imprenta, yo las corregiría. Si no lo hacen así, les ruego el máximo esmero en la puntuación, que es esencial, y va bien cuidada en el original. No estaría justificada, por ningún concepto, la menor alteración. La puntuación forma parte del estilo personal, es una propiedad del autor y tiene que ser respetada.
La carta que anteriormente le escribí, y que habrá recibido, resulta ya desbordada por la situación actual, y por lo tanto, inoperante.
Agradezco la invitación de ustedes a la comida del 16. Es muy incierto mi paradero para esa fecha, y tropezaré con dificultades, acaso insuperables, para asistir. Mi deseo es estar presente. Veremos si puedo realizarlo.
Terminada mi misión, queda a disposición de ustedes la carpeta con la documentación que me han dejado.
Muy cordiales saludos de su buen amigo
Ricardo Carballo Calero
Carta de Rodrigues Lapa a Ramón Piñeiro, 1970
Logo de agradecerlle a felicitación de Nadal recibida, Lapa apremia por cuarta vez ao intelectual lancarao a fixar un calendario coas intervencións galegas na "Semana Cultural Galego-Portuguesa" que terá lugar en Xaneiro na cidade portuguesa de Coimbra.
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1971)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1971)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1972)
Carta de Carballo Calero a Álvarez Blázquez (1972)
Ricardo Carballo Calero
Instituto Rosalía de Castro
Santiago de Compostela 28 febreiro 72
Querido amigo,
Moitas gracias pola túa cordial felicitación. Estarei encantado de coñecer os teus novos achados de testos galegos dos tempos escuros, que o teu labor ten crarexado tanto, unha forte aperta do teu mellor amigo.
Ricardo.
Carta de Seoane a Carballo Calero (1972)
Buenos Aires, 2 de Marzo de 1972
Sr. D. Ricardo Carballo Calero
Santiago
Meu querido amigo:
Recibín noticia por Ramón Piñeiro de que remataches a oposición de Cadeirádego titular de Lingüística e Literatura Galega na Universidade Compostelán, e que, enmáis, fixeche unha oposición brilante como moitos supoñíamos que farías. Non sabes canto agradecín esta carta de Piñeiro e a alegría que nos produxo. Eu sinto como propio cada éisito da xente da nosa época de Santiago e mais si éste é un amigo benquerido e ademirado como tí.
Pola miña parte traballo illado eiquí en Bs. Aires, sen querer sabere nada da coleitividade, cada ves mais cativa en todol-os sensos, e loitando ó meu xeito por Galicia, aínda que sexa soio pintando.
Un saúdo agarimoso pra tua dona, pra tí e os teus, de nós os dous, e ti recibe unha emocioada aperta de:
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1972)
Carta de Carballo Calero a Seoane (1972)
Instituto Nacional de Enseñanza Media “Rosalía de Castro”/ Profesorado/ Santiago de Compostela]
9 marzo 1972
Sr. D. Luis Seoane
Buenos Aires
Meu querido amigo:
Recibín a túa carta de felicitación con motivo das oposicións derradeiramente celebradas para cubrir en propiedade a cátedra de Lingüística e Literatura Galega da Universidade de Santiago.
O amigo Piñeiro, coa súa admirable dilixencia, fixo chegar a nova aos catro puntos cardináis, segundo resulta das mensaxes que me veñen todos os días.
Realmente, a noticia é importante, pero non polo feito episódico de ter sido eu o protagonista cáxeque involuntario dos feitos, senón porque Galicia necesitaba e reclamaba desde hai tempo que se proveera esa cátedra. Eu pouco máis poderéi facer do que xa viña facendo. Intentaréi, como traballo inmediato, completar a miña Historia da Literatura Galega Contemporánea. Polo de agora, nin xiquera toméi posesión do cárrego, pendente de trámites administrativos.
A miña dona agradez moito os teus saúdos. De nós dous recibídeos moi cariñosas a túa dona e ti. E máis unha aperta moi forte do teu vello amigo.
R. Carballo
Carta de Rodrigues Lapa a Ramón Piñeiro, 1972
Nesta misiva Lapa anuncia unha inminente visita a Galicia "só para abraçar aos amigos queridos. Falaremos das nossas coisas."
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1972)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1972)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1972)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1973)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1973)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1973)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1973)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1973)
Carta de Carballo Calero a Álvarez Blázquez (1973)
Santiago 12 novbr. 73
Querido amigo:
Antre os libros que no seu día me proporciounou a editorial para preparar a miña Historia da Literatura, figuraba un que segundo creo, faicilitaches ti. Unha vez que o utilicei, devólvocho, co meu agradecento, por correo aparte. ¿Quererías acusarme recibo?
Cordialmente,
Ricardo Carballo
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1974)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1974)
Carta de Carballo Calero a Otero Pedrayo (1974)
Carta de Otero Pedrayo a Carballo Calero (1974)
Carta de Rodrigues Lapa a Ramón Piñeiro, 1977
Nesta misiva Rodrigues Lapa teima na súa tese de que o portugués non pode ser considerado outra cousa que non sexa a "expressão literária do galego." El mesmo determina que o profesor Carballo Calero confirma as súas teses no seu artigo en Grial "Murguía contra Valera." Propón tamén que se a ensinanza do portugués se insitucionalizara en Galicia os mozos do país dominarían a lingua veciña en dous ou tres anos, con tan só tres horas semanais de docencia.
Carta de Carballo Calero a Paz Andrade. 1978
Santiago, 22 agosto 1978
Querido Valentín:
Moitas gracias, moitas noraboas e moitas apertas por ....de enviar o teu fermoso libro ao vello amigo
Carta de Carballo Calero a Paz Andrade. 1977
Santiago, 7-Xullo-1979
Moitas gracias, cordial felicitación e fraternas apertas co mellor ............ do teu novo libro, manda-che o teu amigo de sempre
Audios
R. C. Calero. Conferencia Homenaxe ao galeguismo clásico. Sobre Castelao
R. C. Calero. Conferencia Homenaxe ao galeguismo clásico. Sobre Suárez Picallo
R. C. Calero. Conferencia Homenaxe ao galeguismo clásico. Sobre Alonso Ríos
Acto conmemorativo do Plebiscito do Estatuto do 36
Mesa redonda «As relacións Galicia-Portugal»
R. C. Calero. Sobre o galego e o portugués. Extracto da Mesa redonda «As relacións Galicia-Portugal»
Homenaxe ao poeta Luís Pimentel
REPORTAJE SOBRE ANTON LOPEZ FERREIRO
Participación de R. C. Calero en Da terra e dos tempos
Acto «A celebración da primavera»
Entrevista a R. C. Calero por A. Mascato
Publicacións periódicas
Lar (1934-) .
Revista mensual de la Asociación Gallega de Beneficencia y Mutualidad
Revista del Hospital Gallego
Artigos Ricardo Carballo Calero
CARBALLO CALERO, R. (7/1954) Domingo de Feira. Orzán. 1ª (6), 5.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Arquivo da Emigración Galega. Consello da Cultura Galega;
CARBALLO CALERO, R. PAZ-ANDRADE, V. PIñEIRO, R. ARAúXO IGLESIAS, M. GARCíA PICHER, J. (1/1977) Opinións : Adiante a cooficialidade. Teima. (6), 11.
Ver opinión
CARBALLO CALERO, R. GALOCHA, A. (12/1977) Carballo Calero: Do galeguismo e da lingoa. Nosa Terra, A. , 7.
Ver entrevista Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
CARBALLO CALERO, R. (4/1978) López Ferreiro, escritor en galego. Nosa Terra, A. (16), 13.
Ver opinión Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;
Libros do ccg sobre Ricardo Carballo Calero
Farsa das zocas.
2020 | Ricardo Carballo Calero, Autoría.
Ferrol 1916.
2020 | Miguel Brotóns, Música. Composición.
Impromptu Fantasía para soprano e piano
Ofrenda lírica á nena Silvia Santiago Conde no día da súa Primeira Comuñón.
2017 | Afonso Vázquez-Monxardín, Edición. Patricia Arias Chachero, Edición.
7 de setembro, 1960
Pr´o catálogo da léngoa galega.
1993 |
Homenaxe ó 70 aniversario do Seminario de Estudos Galegos
Actas do Congreso Internacional de Estudos sobre Rosalía de Castro e o seu tempo (v.2).
1986 | Darío Villanueva, Coordinación.
Santiago, 15-20 de xullo de 1985