Dramaturxias itinerantes

Violência - fetiche do homem bom de Cláudia Lucas Chéu
Batallas de Clara Gayo

Luns, 14 de decembro de 2020: publicación en www.consellodacultura.gal
Información
As lecturas dramatizadas e o debate foron gravados o pasado 10 de novembro de 2020 na sede do Camoes en Vigo.

O Consello da Cultura Galega, o Camões, Centro Cultural Português em Vigo e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia dan continuidade ao programa “Dramaturxias itinerantes/Dramaturgias itinerantes” que se iniciou en 2019 con dúas edicións –primavera e outono- que nos permitiron achegármonos á escrita teatral máis contemporánea de Galicia e Portugal.
O proxecto ten como obxectivo servir de ponte entre as escrituras teatrais galega e portuguesa para fomentar, a través do diálogo escénico, un mellor coñecemento mutuo que poida agromar en futuros traballos colectivos. Na primavera de 2019 inaugurouse en Galicia o ciclo e escoitamos, primeiro en Compostela e despois en Vigo, os textos das dramaturgas Patrícia Portela e AveLina Pérez, nas voces do alumnado da ESAD e de parte do Grupo de Teatro Amador do Centro Cultural Português do Camões de Vigo, Eu.Experimento. Dese encontro xurdiron novos proxectos conxuntos, co cal esta experiencia arrequece xa os seus primeiros froitos..
O outono tróuxonos os textos dramáticos de Ana Carreira e Joana Craveiro. Un intre antes do solpor (Premio Varela Buxán de Dramaturxia no ano 2014) foi a aposta da autora galega para esta cita, na que unha parella de anciáns vive os seus últimos solpores no patio dunha residencia. Pola súa parte, a creadora portuguesa tróuxonos Atalhos, ou sobre o caminho mais comprido entre dois pontos, un texto documental sobre un grupo de mozas e mozos que parte nunha viaxe evocativa por entre diversas noticias de xornais.
Neste ano 2020 son dúas autoras nacidas na década dos setenta, Clara Gayo e Cláudia Lucas Chéu, as convidadas a partillar connosco a súa escrita con Batallas e Violência - fetiche do homem bom, respectivamente, dous textos que nos mergullan nas dimensións máis escuras da condición humana nuns intres e que nos interpelan de xeito singular nestes intres tan difíciles que estamos a vivir. O teatro, coma sempre, a petar nos nosos corazóns.
Ficha técnica
Dramaturxias itinerantes
Dramaturxias itinerantes
Artes escénicas. Luns, 14 de decembro de 2020: publicación en www.consellodacultura.gal
Coordinación
Carla Sofía Amado
Cristina Domínguez Dapena
Dolores Vilavedra
Autoría
Clara Gayo
Cláudia Lucas Chéu
Modera
Afonso Becerra de Becerreá
Relator/a
Clara Gayo
Cláudia Lucas Chéu
Organiza
Centro Cultural Português do Camões IP em Vigo
Consello da Cultura Galega
Escola Superior de Arte Dramática de Galicia