María Antonia Dans
Oza dos Ríos, 14/ 4/1922 - Madrid, 17/2/1988Autoría: María Luisa Sobrino Manzanares
Unha pintora na busca do naturalismo
Non será ata os dezasete anos cando empece a interesarse polas cuestións artísticas. Na Coruña é onde recibe as primeiras leccións da man dunha notable debuxante case esquecida, Lolita Díaz Baliño, quen a encamiña na profesión que dará sentido á súa vida. Agora comeza tamén os seus primeiros tenteos profesionais nesta cidade, expoñendo acuarelas e alugando o seu propio estudio ata que, tras a súa voda en 1952, se traslada a Madrid, onde vai residir xa de xeito definitivo, o que alterna con exposicións e tempadas en Galicia. Este traslado, que supuxo un novo período de contactos e amizades co mundo artístico madrileño, non a vai afastar dunha temática profundamente enraizada en Galicia, nas imaxes da súa campiña e o casarío, dos labores do campo e das pequenas tendas da aldea: dunha paisaxe e duns paisanos que se insiren na natureza e que é tratado como unha máis das formas naturais. Non é casual que un dos pintores que máis lle interesen ao chegar a Madrid sexa Benjamín Palencia, paisaxista da Escola de Madrid, onde viña practicando desde a época de preguerra o sentimento profundo da xeografía castelá, cunha mirada esencial e sen concesións, que vai influír nas novas xeracións de artistas españois. M.ª Antonia loita en Madrid por conseguir un nome. Mergullada neste contexto artístico protagonizado nos anos cincuenta pola abstracción que significou a bandeira da modernidade para as novas xeracións, ela opta por un tipo de pintura figurativa e paisaxística. Un estilo que ten como referencia a súa singular mirada inxenua impregnada dun colorismo de ecos fauvistas, que é recoñecida desde época temperá polos mellores críticos madrileños. Desde entón, a súa lista de exposicións, bolsas e premios será extensa.
Da obra de María Antonia Dans, que acada a súa plenitude na década dos setenta, chama a atención precisamente a intensidade do seu cromatismo, o puro soporte debuxístico dos seus cadros cunha elementalidade formal un tanto naíf e primitiva. As súas representacións son apracibles, sen loitas nin dramatismos, expresivas dun mundo repintado con alegres cores no que as cousas expresan unha vida pracenteira e feliz por medio da súa aparencia inxenua e colorista. Nestes temas, o mesmo que nos seus cadros de flores, as liñas orquestran e encadean os planos de cor e, máis que debuxar os obxectos, parecen organizar a tea. Nas formas sucintas dos lenzos e nas súas perspectivas aplanadas predomina a forza dos matices de luces e cores, cos que consegue un poder de suxestión; reflexo, sobre todo, da expresión vivencial desta pintora galega.
Como citar: Sobrino Manzanares, María Luisa : María Antonia Dans. Publicado o 1/1/2005 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=1009. Recuperado o 12/05/2025
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Materiais da exposición Mulleres do silencio. De Maruja Mallo a Angela de la Cruz (14 outubro 2016 – 16 abril 2017). Comisaria: Rosario Sarmiento. Ver Documento
A exposición Mulleres do silencio presentou obras de Mónica Alonso, Berta Cáccamo, Elena Colmeiro, Carmen Corredoyra y Ruiz de Baro, Mª Antonia Dans, Angela de la Cruz, María Victoria de la Fuente, María Xosé Díaz, Lolita Díaz Baliño, Almudena Fernández Fariña, Mª Elena Fernández-Gago, Menchu Lamas, Maruja Mallo, Fina Mantiñán, Tatiana Medal, Julia Minguillón, Rosalía Pazo Maside, Soledad Penalta, Pamen Pereira, Beatriz Rey, Mercedes Ruibal
Fonte: marcovigo.com
«María Antonia Dans». Ver Documento
artigo de Jesús Precedo Lafuente publicado en El Correo Gallego. Magazine dominical (29-12-1985), p.29
Neste artigo, Boboró inclúe a Isabel Martínez-Barbeito no que el denomina
grupo de mujeres sabias de Marineda, xunto coa xornalista Victoria Armesto e as pintoras María Antonia Dans e Elena Gago . Ver Documento. ArtigoBorobó: «La falda corta», La Voz de Galicia, (21 de xuño de 1983), 34.
Fonte: Hemeroteca La Voz de Galicia
“O mundo plástico de María Antonia Dans”. Ver Documento
artigo de Ánxeles Penas publicado en Festa da palabra silenciada, nº7, p. 109-112
Ligazóns de interese
Acceso en liña á publicación Mulleres do silencio: de Maruja Mallo a Ángela de la Cruz. Pontevedra: Deputación Provincial, 2019
Fonte: http://almudenafernandezfarinha.com/almudena/wp-content/uploads/2021/07/MulleresDoSilencio2019.pdf [Consulta: 2023-07-24]
Do 10 de abril ao 10 de xuño de 2015 celebrouse na galería Soho de Vigo a exposición 30 Maestros de la pintura gallega, na que participaron Abelardo Bustamante, Alfonso Abelenda, Sucasas, Jenaro Pérez Villaamil, José Palmeiro, Lino Villafínez, María Antonia Dans, María Victoria de la Fuente, Mario Granell, Solveira, Rafael Freijeiro, Deside, Lodeiro e Correa Corredoira
Fonte: www.arteinformado.com
Acceso ao catálogo da exposición A arte inexistente: as artistas galegas no século XX. Santiago de Compostela: Auditorio de Galicia, 1995
Nota necrolóxica de María Antonia Dans publicada en El País (17/02/1988)
[útltima consulta: 27/12/2021]
María Antonia Dans nos fondos de A fundación
[última consulta: 27/12/2021]
María Antonia Dans: Neoexpresionismo gallego
[última consulta: 27/12/2021]
Referencias bibliográficas
- ARIAS DE COSSÍO, A. M. María Antonia Dans Xunta de Galicia (1985)
- BUSTAMANTE, J.: María Antonia Dans Ministerio de Educación y Ciencia, Colección de Artistas Españoles Contemporáneos. (1974)
- CARUNCHO, L.: María Antonia Dans Fundación Barrié de la Maza (1999)
- VV.AA.: “Dans, María Antonia” Gran Enciclopedia Galega,Tomo XIII, p. 112 (2000)
Artigos María Antonia Dans
DANS, M. (9/1990) [Sen título] | Festa da palabra silenciada. (07), 109.
DANS, M. (7/1993) Maternidade | Andaina. 2ª época 1ª xeira (06), 25.
DANS, M. (5/1998) Costureras | Andaina. 2ª época 1ª xeira (20), 10.
DANS, M. (9/2006) Autorretrato, 1958 | Exeria. (8), 8.
DANS, M. (9/2006) O encontro, ou vendedoras, 1965 | Exeria. (8), 8.
DANS, M. (9/2006) Retrato de Rosalía, 1980 | Exeria. (8), 8.
DANS, M. (9/2006) Nai con nena, 1970 | Exeria. (8), 8.