Salvador Golpe Varela
San Pedro de Oza (A Coruña), 26/ 7/1850 - A Coruña, 23/6/1909Autoría: Xurxo Martínez González
Un rexionalista por recuperar
A familia
O berce situámolo no Pazo de Paio, antes Concello de Oza dos Ríos refundido en Oza-Cesuras. O pai, Manuel Golpe Núñez, e a nai, Rita Varela de Sotomayor, pertencían a extinta clase da fidalguía. Mais, como amosou Soqui Cea, as raíces certas encontrámolas no municipio de Melide, pois pai e nai de Salvador herdaran propiedades con enderezo neste lugar.
Outra localización ligada á súa vida foi Betanzos. Torres Regueiro relata, nun traballo publicado no Anuario Brigantino, os lazos familiares e vivenciais coa cidade e antiga provincia do Reino de Galicia.
En todo caso, situémonos no Pazo de Paio. As propias instalacións confesan unha cómoda posición social: hórreo, pombal, fonte e capela. Preto do lar familiar encontramos a aldea de Merille. E de aquí Salvador toma o topónimo para crear o pseudónimo Pedro de Merille, co que asinaría un traballo sobre cultura popular.
Esta situación de bonanza financeira facilitou a educación de Salvador, até formarse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela entre os anos 1865 e 1874. Co tempo exercería de avogado e xuíz na Coruña.
Encontro coa prensa
A súa presenza na esfera periodística chega da man d´El Diario de Santiago (1878), cando Salvador viña de licenciarse. Algún soneto e distintas notas aparecen nestas páxinas nas cales actuará como redactor (e director provisional) canda outros colegas coma Alfredo Vicenti. Este xornal, por certo, acabará enfrontado coa Igrexa compostelá até ser excomungado polo cardeal Payá. Un outro caso, dos moitos coñecidos, de conflito entre a liberdade de imprenta/opinión e a ortodoxia da curia galega.
Ademais disto, no apartado de vida persoal, Salvador casou en 1879 con María del Carmen Túñez Prado, de Compostela, coa que tería descendencia. Mais logo morrería e o viúvo casaría en segundas nupcias vinte anos despois con María del Carmen Rodríguez Bermúdez, coa que tamén tería fillos.
Na Coruña: vida profesional, política e literaria
Tras fixar residencia na cidade herculina, funda con Ramón Faginas El Clamor de Galicia (1881-1885), que tiña clara resonancia con aqueloutro fundado na mesma A Coruña polo coñecido escritor provincialista Benito Vicetto alá por 1854-56.
A orientación político-ideolóxica era moderada e aberta á defensa de Galicia. En 1885 o periódico de Golpe fúndese con El Noroeste para provocar o parto d´El Clamor del País (1885-1888). E aquí o noso protagonista exerceu como director.
Grazas á actividade xornalística e á laboral era un home coñecido entre as elites herculinas. A posición liberal-moderada situouno nun espazo de certa neutralidade ideolóxica pero de recoñecida adhesión ao rexionalismo político, como máis adiante explicaremos.
O folclore de Emilia Pardo Bazán
Case na fin de ano de 1883 (en concreto, o 29 de decembro) celébrase na rúa Tabernas (entón casa de Emilia Pardo Bazán e hoxe sede da Academia Galega) a reunión preparatoria da Sociedad del Folk-lore Gallego. Nesta xuntanza aparecen José Pérez Ballesteros, os irmáns De la Iglesia, Víctor López Seoane, Andrés Martínez Salazar… e Salvador Golpe. O 1 de febreiro de 1884 nace a citada institución, tras a aprobación dos estatutos e escolla da directiva, con Pardo Bazán como presidenta e Golpe como secretario.
A esta nova asociación, como é sabido, non acode nin Murguía nin Rosalía nin os amigos próximos dos Murguía de Castro. Mais si aparecen persoas, como o propio Golpe, que logo participarán na Cova Céltica. Porque a nova institución, que nos prolegómenos fundacionais prevía a Murguía como presidente até o enfado con Antonio Machado (o impulsor a nivel español destas sociedades), pretendeu ocupar un espazo desartellador do rexionalismo político emerxente a raíz do fracaso da República de 1873 e os conflitos internos do republicanismo federal.
A orientación imposta por Pardo Bazán, e basta ler o seu discurso inaugural, concibía a cultura galega como un elemento de arquivo e musealización. A lingua incluída. Por iso, algúns dos membros da Sociedad del Folk-lore Gallego acabarían distanciándose amodiño desta liña e achegándose ao
nimbode Murguía. Salvador Golpe é un perfecto exemplo, posto que a lingua e o concepto político de rexión confrontaban coa de Pardo Bazán.
Poucos anos despois Golpe aparece no xurado dos Xogos Florais de Betanzos (1886), onde o galego gañara espazo como lingua creativa do certame. Non sería a primeira vez (en Santiago de Compostela aparece na convocatoria de 1875) nin a única (retornaría a Betanzos como mantedor en 1901 pronunciando un notable discurso logo levado a papel: Regionalismo y lenguaje).
Primeiras accións da súa militancia rexionalista
Este alento galego de Salvador Golpe derivouno na militancia política. O rexionalismo galego únese na Asociación Regionalista Gallega, con Manuel Murguía na proa. Na Coruña créase unha delegación na cal aparecen dentro da directiva, como vogais, os irmáns Salvador e Juan Golpe.
En 1891 Salvador é electo concelleiro da Coruña e primeiro rexedor síndico da urbe. A el debémoslle a colocación de placas e homenaxes a persoeiros como María Pita, Cornide ou Ramón de la Sagra.
Pero o gran conflito vivido na carne e no corazón foi o intento de traslado da Capitanía Xeneral da Coruña en 1893. Os rexionalistas puxéronse á fronte desta loita ao interpretar que, no fondo, era unha aldraxe do poder centralista. O propio Concello da Coruña, co alcalde e con Salvador Golpe como activistas, axitaron a mobilización socio-política coa creación da Xunta de Defensa.
Golpe intégrase nun
comandode axitación que visita cidades galegas para sumar apoios entre rexionalistas e republicanos. A resposta gubernamental foi a represión: prisión para os
cabecillas. Entre eles, o noso protagonista, quen pasará varios días entre reixas. Desta experiencia publicaría De La Coruña a la cárcel pasando por Galicia (1894).
A confirmación rexionalista
Salvador Golpe, e o citado Faginas, fundan en 1894 un periódico de sonoroso cabezallo: Unión Gallega. Unión, pois, dos rexionalistas alén das posicións ideolóxicas. Este chamamento proponse nun intre concreto como foi a ruptura da Asociación Regionalista Gallega logo das disputas entre Murguía, Alfredo Brañas, Aureliano Pereira e outros. Porque o rexionalismo ofrecía unha diversidade ideolóxica que cómpre ter presente á hora de entender esta fase da construción do discurso nacionalista.
Durante todo este período, Salvador Golpe colaborou de xeito activo na prensa: La Ilustración Cantábrica, Galicia. Revista regional, Revista de Galicia, Galicia Diplomática, La Pequeña Patria, La Patria Gallega, Revista Gallega, A Nosa Terra… Nótese a liña rexionalista de todos eles. Mais tamén outros de ámbito español como Día de Moda, El Imparcial, Patria y Letras… ou naqueles da emigración en Cuba ou Arxentina como Nova Galicia, El Eco de Galicia, Galicia…
O círculo da Cova Céltica, a través do seu órgano Revista Gallega (dirixida por Galo Salinas e con Golpe entre os redactores), promove a constitución da Liga Gallega. O cerebro do Rexurdimento, Murguía, sitúase á fronte xa como
pontífice do rexionalismomais son Manuel Lugrís Freire e Salvador Golpe os que exerzan respectivamente como secretarios e presidente do comité local da Coruña.
A acción con maior transcendencia, política e simbólica, foi o monumento aos Mártires de Carral. Salvador Golpe falou aquel 22 de maio de 1904, día da inauguración, como presidente da Liga Gallega:
Queremos que este acto sea una reivindicación y un culto a la Libertad. E velaí continúa o monumento a lembrarnos a represión exercida contra o berro de liberdade lanzado en abril de 1846.
No apartado ensaístico cómpre citar Patria y Región (1896), texto premiado no certame literario de Lugo na sección titulada «El concepto de la patria y de la región», segundo proposta do tan distinguido como esquecido republicano Manuel Becerra (natural de Castro de Rei). Un premio que, por certo, consistía nun busto de bronce de Victor Hugo.
Este ensaio publicarase ao seguinte ano grazas ao periódico coruñés El Noroeste. Débese dicir que se trata dun volume que cómpre incorporar ás lecturas sobre a ideoloxía e conceptualización do rexionalismo galego, ao par doutros títulos asinados por Murguía, Alfredo Brañas ou Aureliano Pereira.
A Academia Galega e a lingua
A relación entre lingua e nación (malia que el use o termo
región) está presente na súa produción ensaística. Á beira disto, a súa participación na Cova Céltica e a proximidade a Manuel Murguía, levárono a este no miolo dos proxectos do rexionalismo político malamente organizado a inicios do século XX.
En consecuencia, é lóxico que Salvador apareza entre os membros fundadores da Academia Galega (1906). Non o fai como figurante senón como activista. De aí que o seu nome estea presente na distribución de tarefas, seguindo o mandato da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega sita en Cuba. Así, ao crearse a Comisión Clasificadora de Papeletas, Golpe é electo presidente con Florencio Vaamonde de secretario e Murguía como un membro máis. Esta comisión está mandatada a colaborar coa Comisión Ortográfica para a redacción dun dicionario da lingua galega.
En canto á súa produción literaria en galego deixounos poucos exemplos. Dous dos seus poemas foron musicados por ilustres compositores do Rexurdimento musical: «As lixeiras anduriñas», por Xoán Montes; e «Meus amores», por Xosé Baldomir, que acadou gran fortuna.
Solidaridad Gallega
A preocupación pola situación da clase labrega levouno a contribuír á causa agrarista. O seu irmán Juan, tamén licenciado en Dereito pola USC, aparece como un dos impulsores de Solidaridad Gallega, fundada en 1907. A ela pertencerían republicanos coñecidos como José Rodríguez ou Moreno Barcia, tradicionalistas como Vázquez de Mella e rexionalistas liberais como Galo Salinas ou Manuel Lugrís Freire. A este último grupo uniuse Salvador Golpe, como fixo o seu irmán Juan. Debemos lembrar que o voceiro desta organización agraria foi A Nosa Terra, cabezallo logo recuperado para as Irmandades da Fala e o Partido Galeguista.
Porén, estamos nos derradeiros anos de luz para Salvador Golpe, quen arrastra unha enfermidade que o levará á sepultura.
Morte
A morte, tras unha penosa doenza, alcanzouno na súa casa sita na Praza de Azcárraga, A Coruña. A crónica d´El Liberal (24-VI-1909) relata:
Triste, resignado, casi sin poder andar ni hablar […] ya no vivía realmente en estos últimos años. Se deslizaba como una sombra, como un alma que se hubiese retrasado en la vida.
O enterro convocou unha considerable cantidade de amigos, persoas e cargos institucionais. O Boletín da Real Academia Galega, no número 27, escribiu co gallo do falecemento:
el nombre de Salvador Golpe debe asociarse a ellos [Murguía e Brañas], porque nadie fue propagandista más constante y animoso que él.
Bibliografía
Barreiro Fernandez, Xosé Ramón (2012): Murguía, 1833-1923. Vigo: Galaxia.
Cea, Soqui (2022): «Estudio sobre a orixe melidense de Salvador Golpe Varela», Boletín do Centro de Estudios Melidenses, 15 : 77-86.
Máiz, Ramón (1984): O rexionalismo galego. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro.
Regueiro Torres, Xesús (2009): «Nove poemas galegos e un conto de Salvador Golpe (1850-1909)», Anuario Brigantino, 32 : 465-488.
Como citar: Martínez González, Xurxo : Salvador Golpe Varela. Publicado o 17/11/2023 no Álbum de Galicia (Consello da Cultura Galega) https://consellodacultura.gal/album-de-galicia/detalle.php?persoa=30081. Recuperado o 30/04/2025
DOCUMENTACIÓN DE
Poema «Meus amores» de Salvador Golpe, musicado por José Baldomir. Ver Documento. Poema
Golpe, Salvador: «Meus amores». En Ultreya: Os nosos cantos. Pontevedra: Ultreya, 1932; 9.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Poema «Adiós a Galicia» de Salvador Golpe. Musicado por Juan Montes co título dos primeiros versos: «As lixeiras anduriñas». Ver Documento. Poema
Golpe, Salvador: «Adiós a Galicia», Eco de Galicia: revista ilustrada y de información de la colonia gallega en Cuba, 213 (20 de abril de 1924), 33.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Poema de Salvador Golpe publicado n'A Nosa Terra. Ver Documento. Poema
Golpe, Salvador: «N'un abanico», A nosa terra, 53 (7 de setembro de 1908), 3.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Conto de Salvador Golpe publicado en Almanaque gallego para 1907. Ver Documento. Relato
Golpe, Salvador: «Consta d'aldea: Nas portas do Ceo», Almanaque gallego para 1907, (1906), 113-115.
Fonte: Consello da Cultura Galega
DOCUMENTACIÓN SOBRE
Estudo de Soqui Cea sobre as orixes melidenses de Salvador Golpe. Ver Documento. Artigo
Cea, Soqui: «Estudio sobre a orixe melidense de Salvador Golpe Varela», Boletín do Centro de Estudios Melidenses, 15 (2022), 77-86.
Fonte: Museo da Terra de Melide
No centenario da morte de Salvador Golpe, Xesús Torres Regueiro lembra a súa vida e a súa obra e recolle seis poemas en galego e mais un conto. Ver Documento. Artigo
Torres Regueiro, Xesús: «Nove poemas galegos e un conto de Salvador Golpe (1850-1909)», Anuario Brigantino, 32 (2009), 465-488.
Fonte: Universidad de la Rioja. Dialnet. https://dialnet.unirioja.es
Biografía de Salvador Golpe na Gran enciclopedia galega Silverio Cañada, escrita por Alberto Vilanova Rodríguez. Ver Documento. Artigo
Vilanova Rodríguez, Alberto: «Golpe Varela, Salvador». En Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. XXI: garc-gonz. Lugo: El Progreso, 2003; 157.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Entrada biobibliográfica de Salvador Golpe no Diccionario da literatura galega. Ver Documento. Artigo
«Golpe Varela, Salvador». En Vilavedra, Dolores (coord.): Diccionario da literatura galega. I: Autores. Vigo: Galaxia, 1995; 263.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Lembranza de Salvador Golpe, por José Antonio Míguez. Ver Documento. Artigo
Míguez, José Antonio: «En recuerdo de Salvador Golpe», Anuario Brigantino, 4 (1981), 62-63.
Fonte: Universidad de la Rioja. Dialnet.
https://dialnet.unirioja.es
Salvador Golpe no dicionario de escritores de Couceiro Freijomil. Ver Documento. Artigo
Couceiro Freijomil, Antonio: «Golpe Varela, Salvador». En Couceiro Freijomil, Antonio:Diccionario bío-bibliográfico de escritores. II: F-O. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos, 1951; 169-170.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega.
Artigo sobre a composición de José Baldomir «Dous amores», a partir dun poema de Salvador Golpe. Ver Documento. Artigo
Fraga, Sinesio: «Dous amores», Eco de Galicia: revista ilustrada y de información de la colonia gallega en Cuba, 171 (2 de xullo de 1922), 12.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Andrés Martínez Salazar lembra a Salvador Golpe tras o seu pasamento neste artigo publicado no BRAG, . Ver Documento. Artigo
Martínez Salazar, Andrés: «Salvador Golpe», Boletín de la Real Academia Gallega, 27 (30 de xuño de 1909), 49-52.
Fonte: Biblioteca do Consello da Cultura Galega
Lembranza de Salvador Golpe, tras a súa morte, en La temporada en Mondariz. Ver Documento. Artigo
«Salvador Golpe», La temporada en Mondariz, 7 (27 de xuño de 1909), 2.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
Prólogo de Salvador Golpe á obra Apuntes para la historia comercial de La Coruña de Francisco Tettamancy.
Golpe, Salvador: «Prólogo». En Tettamancy Gaston, Francisco: Apuntes para la historia comercial de La Coruña. La Coruña: Librería Regional de E. Carré Aldao, 1900 (La Coruña : Tip. El Noroeste de J. Fernández García, 1900); V-XI.
Fonte: Biblioteca Municipal de Estudos Locais / Galiciana. Biblitoeca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
Prólogo de José Rodríguez Carracido á obra de Salvador Golpe De La Coruña a la cárcel pasando por Galicia. A Coruña: [s.n.], 1894 (Tip. de la Papelería de Ferrer). Ver Documento
Rodríguez Carracido, José: «Prólogo». En Golpe Varela, Salvador: De La Coruña a la cárcel pasando por Galicia. A Coruña: [s.n.], 1894 (Tip. de la Papelería de Ferrer); 9-24.
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
Salvador Golpe asinou o «Refraneiro Agrícola-Metereolóxico» co pseudónimo
Pedro de Merille. Ver Documento. ArtigoPedro de Merille [Salvador Golpe]: «Refraneiro Agrícola-Metereolóxico», Anuario Brigantino, 4 (1981), 188-189.
Fonte: Universidad de La Rioja.
https://dialnet.unirioja.es/
Ligazóns de interese
Artigo de Mónica Fernández-Aceytuno sobre a aldea de Merille, de onde Salvador Golpe tomou o pseudónimo
Pedro de MerilleFernández-Aceytuno, Mónica: «Las luces de Merille». República, (20 de xuño de 2011 ).
Fonte: https://www.republica.com/opinion/lugar-de-la-vida/las-luces-de-merille-20110620-00001488674/
Acceso en liña a Regionalismo y lenguaje: discurso leido en los juegos florales de Betanzos en 29 de septiembre de 1901 de Salvador Golpe
Fonte: Biblioteca Digital Hispánica. BNE
Patria y región: obra premiada en el Certamen Literario de Lugo en 1896, ampliada con ligeros apuntes acerca del regionalismo de Salvador Golpe (A Coruña, 1897). Acceso en liña
Fonte: Museo do Pobo Galego / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal/
Acceso á obra de Salvador Golpe De La Coruña a la cárcel pasando por Galicia. A Coruña: [s.n.], 1894 (Tip. de la Papelería de Ferrer)
Fonte: Real Academia Galega / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
https://biblioteca.galiciana.gal
El Clamor de Galicia, xornal fundado por Ramón Faginas e Salvador Golpe, na hemeroteca dixital de Galiciana
Fonte: Fundación Penzol / Galiciana. Biblioteca Dixital de Galicia.
Salvador Golpe na Galipedia
Fonte: https://gl.wikipedia.org/wiki/Salvador_Golpe
Salvador Golpe na Biblioteca Nacional
Fonte: BNE
Biografía de Salvador Golpe na web da Real Academia Galega, da que foi académico fundador
Fonte: Real Academia Galega
Salvador Golpe Varela na Bibiblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
Fonte: Universidade de Santiago de Compostela. BUSC
A
Fonte: WikipediaSociedad del Folklore Gallegona Galipedia
Videos
Intervención de Víctor F. Freixanes na V Xornada de Onomástica coa conferencia «As cabeceiras dos xornais galegos». 14 de decembro de 2020
Fonte: Real Academia Galega / youtube.com
Canción «Meus amores», música de Baldomir e letra de Salvador Golpe, interpretada por Laura Alonso Padín e Juan Manuel Varela
Fonte: Laura Alonso Padín / https://youtu.be/RlZGoCUdz-k?si=vxsyYHgo-K_ye2yA
«As lixeiras anduriñas», tema interpredado polo grupo Fía na Roca
Fonte: Fía na Roca / youtube.com
Meus amores, composición de José Baldomir con letra de Salvador Golpe. Interpretada pola soprano Teresa Novoa
Fonte: Jaime CL / Youtube.com
Audios
Nas ás do canto 11: Meus amores
Artigos Salvador Golpe Varela
GOLPE VARELA, S. (1/1959) Temas de gastronomía | Heraldo de Galicia. 1ª (1), 6.